25 de mayo de 2009

O sondeo do CIS sobre as europeas deixa a Europa dos Pobos rozando os dous deputados

A coalición na que se integra o BNG obtería un 3,6% dos votos e un deputado, aínda que roza o segundo, que correspondería nun principio a Ana Miranda. Logo, os escanos serían rotatorios.


O sondeo elaborado polo Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) sobre as eleccións europeas do 7 de xuño dálle un escano á coalición Europa dos Pobos-Verdes, na que se integra o BNG xunto a ERC, Aralar, EA e Chunta Aragonesista.
A enquisa sinala que a fronte obtería un 3,6% dos votos, co que se quedaría a unha soa décima de conquerir o segundo deputado, que correspondería nun principio a Ana Miranda (BNG). Logo, os escanos serían rotatorios, en virtude dos acordos acadados entre as formacións da coalición.
O sondeo tamén amosa un resultado de empate técnico entre PP e PSOE, que obterían 23 escanos cada un. Ademais, revela cuestións como a falta de información dos cidadáns sobre os asuntos relacionados coa UE, xa que un 50,1% dos enquisados sostén que está pouco informado e un 18,1% que está nada informado.
Sobre a importancia de Europa, un 54,3% de cidadáns cre que a entrada na a UE beneficiou a España, aínda que o espírito europeo non calla e só un 7,3% de enquisados defínese como cidadán europeo. Ademais, o 76,3% dos cidadáns recoñece que segue con pouco ou ningún interese as noticias relacionadas coas eleccións do 7-X. http://www.gznacion.com/web/noticia.php?id_noticia=14514&id_cat=5

23 de mayo de 2009

O Congreso aproba as propostas do BNG en defensa do galego, do sector naval e do lácteo

As propostas de resolución do BNG que atinxen aos intereses de Galiza, sen esquecer a necesidade dunha fiscalidade progresiva así como a defensa dos dereitos laborais.
O Pleno do Congreso dos Deputados aprobou esta tarde as catro propostas de resolución presentadas polo BNG no marco do Debate de Política Xeral.
O portavoz do BNG no Congreso, Francisco Jorquera, fixo un resumo das resolucións e tamén se posicionou sobre as emendas presentadas por outros grupos ás propostas do BNG. Nese sentido, aceitou as transaccionais do grupo socialista á proposta sobre a normalización das linguas cooficiais e tamén unha emenda á cuestión das infraestruturas ferroviarias que non modificaban as demandas dos nacionalistas galegos. Asemade, o grupo socialista tamén aceitou as emendas presentadas polo BNG a dúas das súas propostas.
Na súa intervención perante a Cámara, Jorquera lembrou no debate co Presidente do Goberno español "a pasada semana, manifestamos o noso dispor a dialogar para chegar a acordos en base a tres premisas: políticas de esquerda, e polo tanto, orientadas á defensa da maioría social, respecto á pluralidade existente no Estado e compromisos con Galiza, sobre todo no que atinxe á defensa dos nosos sectores económicos produtivos e as infraestruturas".
As propostas de resolución do BNG e votacións:
A resolución fiscal e laboral. A resolución número 25 reclama a reforma do sistema tributario para que sexa máis progresivo, para que se garanta o financiamento e o carácter público dos servizos sociais, impulsar medidas que amplíen a cobertura ao desemprego para evitar situacións de desprotección en parados de longa duración. Esta resolución recibiu 185 votos a favor, 151 en contra e 12 abstencións.
A resolución sobre a lingua: a proposta de resolución número 26 insta ao Goberno a entablar negociacións co Goberno portugués para subscribir un acordo, "acompañado dos medios técnicos necesarios, que permita a recepción en Galiza e en Portugal das televisións de ambos paises".
Unha resolución que tamén pide a incorporación do galego e do resto das linguas cooficiais nos órganos xudiciais e na Administración de xustiza, na Administración Xeral do Estado, sobre todo nos Rexistros, e estudar as reformas regulamentaria que permitan a incorporación destas linguas ás Cortes Xerais. Aquí a emenda do grupo socialista só substituía a denominación de galego, catalán e euskera por "linguas oficiais do Estado distintas do castelán".
Na defensa desta proposta o parlamentar nacionalista lembrou a multitudinaria manifestación do pasado domingo en Santiago en defensa do galego, e acusou aos que "pretenden unha visión uniformista de España de realizar unha campaña de insidias sobre o consenso lingüístico que había na Galiza". Esta resolución recibiu 196 votos a favor, 151 en contra.
A resolución sobre os sectores lácteo e naval: a resolución número 27 atinxe á defensa dos sectores produtivos básicos: o naval e o sector lácteo. Unha proposta que insta ao Goberno a abrir un proceso negociador no marco da Presidencia española da UE, para que o asteleiro de Fene volte á construcción naval civil.
Na cuestión láctea, o BNG asinou conxuntamente co PSOE unha transaccional que empraza ao Executivo a abordar no primeiro semestre de 2010, o Informe do acordo de novembro de 2008 do Chequeo Médico da PAC, "sobre a evolución da situación do mercado do leite e o réxime de cotas lácteas, acompañando de propostas encamiñadas a asegurar a estabilidade e viabilidade futuro do sector e correxir os desequilibrios". A resolución do BNG tamén pede normativas para mellorar a regulación do prezo de referencia do leite. Esta proposta recibiu 347 votos a favor e tan só 1 abstención.
Infraestruturas ferroviarias. A resolución número 28 que fala das infraestruturas ferroviarias, nomeadamente o AVE galego. Jorquera dixo que "debe haber un compromiso firme co impulso das infraestruturas, cun calendario críbel e compromisos orzamentarios". O deputado do BNG aceitou unha emenda do grupo socialista que unicamente modifica a data da adaptación da alta velocidade do tramo Ferrol-A Coruña que en lugar do 2012 se aceita que sexa 2013. Unha resolución que recibiu 198 votos a favor, 1 en contra e 149 abstencións.
Os puntos da resolución do AVE
Nesta proposta de resolución, o BNG insta ao Goberno a doutar todos os medios materiais e económicos precisos para acelerar a execución da conexión coa Meseta "establecendo un calendario fiábel e críbel que garanta o seu remate á maior celeridade".
En canto ao Eixo Atlántico, pédese ao Goberno que acelere os trámites en curso e execute as partidas orzamentarias para iniciar as obras no tramo Vigo-fronteira portuguesa e entre Ferrol e A Coruña. "De xeito que a conexión con Porto estea operativa no 2013 e a adaptación á alta velocidade de Ferrrol-A Coruña no 2012".
Por iso, pédese axilización para a execución do proxecto de entrada en Ferrol (Ponte das Cabras-Estación) e que se someta a información pública o estudo do Ferrol-Betanzos, "executando as partidas do presente exercicio". O BNG solicita un "calendario fiábel" para garantir a conexión coa rede ferroviaria dos portos exteriores de Ferrol e A Coruña, "executando as partidas consignadas".
En canto aos tramos Lugo-Ourense e Monforte-Ponferrada, emprázase a dotalos dos medios económicos precisos para acelerar a súa execución de xeito que o horizonte temporal non sobrepase o 2015.
Por último, neste capítulo, ínstase ao Goberno a iniciar neste ano un proceso de diálogo bilateral coa Comunidade Autónoma galega para o traspaso de medios materiais para o establecemento de servizos ferroviarios de proximidade na Galiza. Así como un proceso de diálogo bilateral para o seguimento da execución orzamentaria das infraestruturas galegas.




18 de mayo de 2009

Acadar representación no Parlamento Europeo nos permitirá frear recortes sociais na diáspora

Lunes, 18 de Mayo de 2009 16:34:17

Os galegos son a súa principal inquedanza, vivan donde vivan, por iso Ana Miranda –cabeza de cartel do BNG as eleccións europeas e número dous da coalición ‘Europa dos Pobos-Os Verdes’, coa que concorren a estes comicios–, espera acadar o respaldo necesario da diáspora para poder defender en Europa medidas sociais que os beneficien, sobre todo aos residentes en América Latina. Consciente de que a coalición vai defender unha Europa democrática, social e cultural, cunha visión integradora das políticas migratorias, o seu reto basease en acadar un escano en Bruxelas.

Pregunta. É posible que o BNG acade un representante en Europa? Que poderían aportar os nacionalistas galegos aos votantes no territorio e na emigración?
Resposta. Imos loitar para ter representación, porque iso suporía a volta do BNG ao Parlamento Europeo para defender os intereses productivos nun momento de crise tan vital como este. Hai que ter en conta a importancia do Parlamento Europeo nas nosas vidas e cunha deputada galega no Parlamento Europeo, actuaríamos sen intermediarios en Bruxelas, sen necesidade de pasar por Madrid. Eu sentiríame deputada galega e tamén deputada latinoamericana, tendo en conta a nosa colectividade alí, porque son moitos os apoios recibidos da emigración durante todos estos anos e creo importante levar a Europa esa relación que temos coa nosa diáspora, resaltando os ideais europeos, porque os galegos que están en Suiza, en Andorra (países que non pertencen a Unión), en Latinoamérica e en Norteamérica tamén son europeos; ao ter a cidadanía española, tamén pertencen a Unión Europea, e se algún día retornan, van ter os mesmos dereitos que calquera europeo de Francia. Por iso, a idea quero retomala, e incluso facer unha audición con europeos galegos de todo o mundo.
P. En que consistiría esa audición?
R. Sería algo como o que fixemos cando Camilo Nogueira estivo no Parlamento, que levamos a representantes galegos de América a falar da presencia europea en América Latina. Esa presencia europea en América Latina non é só galega, tamén é italiana. Facerlle saber a Europa que os acordos comerciais que acaden con América Latina van ter incidencia nos europeos residentes neses países, que non vai ser só un acordo comercial, é algo no que temos que incidir os progresistas; temos que incidir nesas negociacións para que se teñan en conta os dereitos, as culturas, as linguas de todos os habitantes. En América Latina non só se fala o español e o brasileiro, fálase o guaraní, o galego, o italiano, porque esas culturas inmigrantes están muy arraigadas nese continente. Hai que facerlles ver que na medida que se fagan acordos comerciales con América Latina nun sentido máis progresista, haberá menos inmigración, porque aqueles países terán máis asentamento de poboación. Eu creo que se fixo unha ‘burgulla’ de chamada inmigratoria, de ‘cantos de serea’, para que a xente viñera a Europa sen ir realmente ao fondo do problema que é a creación de emprego alá nun momento de crise moi duro.
P. Que diferenzas hai entre os problemas que están a padecer as colectividades galegas en Latinoamérica con respecto as de outros países europeos?
R. Hai unha diferencia moi grande. No momento da chegada dos nosos emigrantes a América Latina, fundamentalmente, as situacións eran tan duras como as que están a sufrir os emigrantes subsaharianos ou latinoamericanos que chegan a España. Eran igual de duras; tiñan que buscar alguén que os acollera, buscar traballo. Póñome a pensar que non difiren tanto as situacións daqueles nosos emigrantes con respecto ao que está a ocorrer na actualidade. A día de hoxe, a nosa poboación emigrada está consolidada, ten unha vida e unha presencia neses países de acollida –porque a última remesa da emigración foi nos anos 70–, pero para os que emigran hoxe é diferente. Si que é certo que hai unha bolsa de pobreza moi grande entre a poboación galega no exterior, fundamentalmente no Cono Sur. Hai unha bolsa de pobreza enorme nas aforas de Bos Aires, Montevideo, Caracas, São Paulo e Salvador de Bahía, e non podemos ser alleos a ela. Galiza ten que ter uns fondos estatais por esa poboación que proporcionen unha axuda compensatoria aos emigrantes nesa parte do mundo. Non estamos a falar de descendentes nin de persoas de terceira xeración, son galegos nacidos en Galiza, e por tanto, temos que atendelos; están no final das súas vidas e hai que ter unhas medidas compensatorias para esas persoas, ou chegar a convenios bilaterais cos países de acollida para colaborar. Esa sempre foi a defensa do BNG: a equiparación dos dereitos dos residentes no exterior. Aínda que teñamos posturas discrepantes respecto do voto, sempre defendemos que os dereitos sociales hai que mantelos.
P. Con esta situación de crise parece difícil.
R. O que nos tememos e que coa crise na Unión Europea se recorten dereitos, e se se reducen os dereitos sociais iso vai afectar aos estados e vai ter consecuencia nas relacións cos seus emigrantes, porque os seus emigrantes son dependentes das axudas sociais que poda dar a comunidade autónoma ou o Estado español. Se España rebaixa a aportación en gasto social tamén vai ter unha repercusión. Entón, as políticas que faga o PP en Galiza ou en España –se algún día volta ao poder–, van ser regresivas para a diáspora, porque van ser regresivas en dereitos sociais. No BNG queremos unha Europa máis de esquerdas, máis progresista, máis social, pero tamén unha Galiza máis social e, dende logo, o camiño que leva o PP non é ese. Por iso precisamos dunha eurodiputada galega que defenda en Europa unha visión social dos dereitos. Se se rebaixan os gastos sociais, o primeiro que vai ocorrer é que se van deixar de facer políticas culturais e vaise romper esa relación coa diáspora, porque as prioridades son outras. Se se reduce o gasto social europeo –como non se está negociando ben por parte do Estado nin da comunidade autónoma–, tamén vai ter unha consecuencia na diáspora. E iso preocúpame moitísimo, porque, qué vai pasar coas prestacións sociais, coas pensións dos nosos emigrantes?, porque hai persoas que están recibindo 90 ou 100 euros e están vivindo con iso, e están viviendo moi mal. Son persoas de 80 ou 90 anos que están no final das súas vidas e que teñen que optar por comer ou por comprar mediciñas. Por iso temos que ter presencia no Parlamento Europeo, para parar iso. E, qué pode facer unha deputada galega do BNG?, pois falar directamente; falar sen entermediarios, pero o importante é que teña alí unha rede, como o grupo parlamentar –formado polos grupos ecologistas e rexionalistas e nacionalistas–, para falar directamente dos nosos pobos. Se vemos unha situación contradictoria na nosa nación vamos a defendelo directamente a Bruxelas e vamos denunciar que o estado español está rebaixando gasto social que, ademais, está afectando aos europeos que viven en Latinoamérica. E é moi interesante esta idea porque nunca se traballou. Touriño, cando era presidente, falou de crear delegacións da Unión Europea nos centros galegos, pero non é só iso o que interesa, porque iso pode permitir a Unión Europea beneficiarse de instalacións que temos os galegos en todo o mundo. Pero eu digo, os centros galegos de axuda mútua déronlle prestacións a toda a colectivididade española. Cántos vascos ou aragoneses non naceron no centro galego de Bos Aires. En cambio, Galiza non tivo nunca unha compensación por esa contribución que fixeron os galegos; non tivo unha maior compensación en fondos, nin unha aportación aos concellos por esa política tan gravosa.
P. Nese sentido, que se pode facer?
R. Nós pedimos que a competencia en emigración sexa unha competencia galega, porque dese xeito poderiamos dar un bo uso a relación que temos cos emigrantes, pero polo de agora non recibimos unha compensación de financiamento. Nós, polo peso que ten a poboación galega no exterior, quereriamos ter un financiamento axeitado para poder revertir en políticas sociais para alá. A intención é que a política social sexa unha prioridade, porque estamos moi preocupados que a baixada en gasto social vaia ter repercusión na diáspora. Porque xa se veu como se rebaixaron as pensións co goberno de Zapatero na emigración e como se suben cando hai eleccións, porque o xaneiro pasado se subiron de súpeto. Agora que vai pasar?, banse baixar? Tamén pode haber recorte en gasto sanitario e farmacéutico. Nós queremos ter ese financiamento autonómico, e o imos tratar con Manuel Chaves. Falarémoslle do peso da diáspora galega en Galiza, que ten que ter unha consideración diferente, porque o 30% da diáspora española é galega. E hai que ter en conta o que iso representa para Galiza a nivel identitario e cultural.
P. A concesión da tarxeta sanitaria a todos los galegos na diáspora, como prometeu Núñez Feijóo, parecelle un recorte en prestacións sociais?
R. A primeira vez que nós pedimos a tarxeta sanitaria no Parlamento galego foi no ano 1994 e estabamos na oposición, e cando se puido levar a cabo esa competencia porque estabamos no poder, non era o BNG, senon do PSdeG o que tiña as competencias. Nós o que pedimos non é só a tarxeta sanitaria, senón que non se cobre pola tarxeta sanitaria, porque aos retornados de Suiza creo que se lles cobra 90 euros por ela; iso é unha aberración, iso non é un verdadeiro dereito; temos presentados non sei cantas denuncias e preguntas sobre ese asunto no Parlamento galego. Para nós, máis que unha relación electoralista, como pretende ser a de Núñez Feijóo, ha de ter unha concepción social, unha concepción de igual a igual. Para min, a de Núñez Feijóo foi unha medida electoralista, pero estamos abertos e deixar a marxe dos cen días para ver que vai facer polo ben da diáspora.
P. El comprometeuse a non volver a Bos Aires e Montevideo sen ter solucionado antes o problema da tarxeta sanitaria.
R. Dende logo que non vai ter obstáculos pola nosa parte.
P. Pero nun momento de crise como o actual, parecelle viable este compromiso?
R. Por iso digo que é unha medida electoralista. O que hai é que ter un plan integrador de asistencia social que vincule todas as prestacións, que se delimite aos necesitados con un censo socioeconómico da emigración galega, que non o fixo nin o PP nin o PSdeG, e esta é unha reivindicación clásica do BNG. Ésta foi unha petición do BNG de Montevideo, a fixo o doutor Manuel Saa e a el débolle esta idea. El, con 72 anos, segue traballando polos dereitos dos galegos. Ese censo permitiría coñecer a quen se lles debe dar as prestacións. A día de hoxe hai xente sen prestacións porque non teñen nin información. Por iso, a política en emigración ten que ser, primeiro, informativa dos dereitos, porque hai persoas que non teñen nin diñeiro para coller o bus para ir a Consellería Laboral a pedir unha solicitude. Hai persoas que están vivindo con 90 euros. Hai que delimitar ese censo para saber quen son as persoas nacidas en Galiza que están fóra e que están en situación precaria. Tamén hai que facer un plan sanitario realista a través de mutuas, dos convenios cos gobernos, nun plan integrador.
P. Son moitas as persoas necesitadas que están fóra deses circuitos nos que se manexa a información?
R. Só o 20 por cento están nestes circuitos, o 80% están fóra.
P. As demais colonias europeas asentadas en Latinoamérica teñen os mesmos poblemas?
R. Na zona do Río da Plata, a crise afectou a todo o mundo por igual, tamén os italianos sufriron as consecuencias, pero no caso do Estado italiano hai prestacións máis centradas.
R. En que aspectos se ven eles máis favorecidos?
P. Por ejemplo, eles teñen un censo socioeconómico. As prestacións veñen sendo semellantes as que concede España, pero no seu caso son máis intensas.
P. No suposto de acadar o escano, que lle gustaría facer en favor da emigración galega?
R. A emigración galega o que quere é que Galiza vaia ben, que os sectores productivos estean defendidos, porque eles seguen toda a actualidad desde a diáspora; seguen as noticias do que pasa en Galicia. Pero eu vou traballar pola defensa das políticas sociales europeas e a política social adquirida que teña o Estado español para que revirta neles; e logo terei en conta as reivindicacións deles como galego-europeos. O meu obxectivo será trasladar a Bruxelas a idea da nosa cultura, de que é unha cultura universal que está espallada polo mundo.
P. E que ideas teñen para os retornados?
R. Para os retornados, como hai moitas complexidades jurídicas, traballarei para que teñamos un sistema unificado, de xeito que ese retorno se dea por igual se viva onde se viva. Que exista un mecanismo sinxelo para que o retorno sexa máis áxil; que se homologue o procedemento de retorno. Tamén habería que facer un plan de retorno integrador, que teña exencións fiscais para a creación de pequenas e medianas empresas, a tarxeta sanitaria gratuita, etc. Quero chamar a atención sobre a nova oleada de emigrantes que se está a desencadear e que se está a acelerar no último ano. Trátase da emigración de xóvenes cara ao Reino Unido e, de novo, a Suiza, a onde acoden fillos de retornados. A crise tamén está a afectar aos nosos emigrantes en Canarias, que están traballando no sector servizos e na construcción, que ocupan a maioría de traballadores emigrantes. Tamén se está a detectar unha fuga de cerebros, como enxeñeiros, etc., e máis de 3.000 persoas abandonaron Galiza nos últimos tempos cara a Unión Europea e Estados Unidos, Noruega, Finlandia, Suiza, Reino Unido, etc., porque aí hai ofertas laborais. P. Ser elixida número un para representar ao nacionalismo galego en Europa, é unha grande responsabilidade? R. Non só me sinto candidata do BNG, me sinto candidata da diáspora, e como candidata da diáspora, síntome orgullosa de que unha organización como é o BNG me escollera cun apoio do 92,5%. Ese é o apoio a unha persoa do exterior, porque eu vivo no exterior, teño a miña filla en Bruxelas... despois din que o BNG non aposta pola emigración, pero si está a apostar como número un por unha persoa na diáspora e con relación constante cos centros galegos. Ningún outro partido lle deu un posto tan alto a ninguén da emigración. É un paso importante. Eu levarei na albarda o compromiso coa diáspora galega. Quero que esa aposta pola diáspora se vexa en accións.

15 de mayo de 2009

O BNG informa, o tema da semana.


O BNG chama a que se secunde masivamente a mobilización deste domingo en defensa do galego

O BNG amosa o seu total apoio á mobilización convocada pola Mesa pola Normalización Lingüística para este domingo, 17 de maio, en defensa da lingua galega. O BNG fai un chamamento á participación de toda a militancia e simpatizantes na manifestación que sairá ás 12:00 horas da Alameda de Compostela.
Dende o BNG rexeitamos a política contra o galego que está por en marcha o novo Goberno do Partido Popular, unha estratexia que obedece á dereita máis reaccionaria e centralista de Madrid e ás súas organizacións satélites en Galiza.
Neste sentido, animamos a toda a sociedade galega a manifestarse este domingo contra a derrogración do Decreto 124/2007 que pretende o novo Goberno do PP. Os dados reflicten unha continúa perda de falantes na nosa lingua, en especial na mocidade, e un incumprimento do número de horas mínimas en galego no ensino. Por iso, temos que esixir que se aplique o Decreto, para que os nenos e negas poidan aprender o galego, manténdoo vivo cara ao futuro.
Contra o mito que algúns meios espallan, o noso idioma non se está a impoñer, pola contra contra está en situación de inferioridade xurídica e social fronte ao español. As mentiras do PP e das súas organizacións non teñen nada que ver coa realidade: queren invertir o papel de opresor e oprimido: é a lingua galega a que está submetida ao español, a que sofre un patente proceso de substitución lingüística, a que segue estando marxinada nos medios de comunicación, na xustiza, no cine, na nosa vida diaria. As dificultades para vivir en galego son constantes, e agora o PP quere impedir que as xeracións futuras poidan medrar en galego.
Non llo imos permitir! Este domingo acudamos todos e todas a Compostela para defender a obra máis prezada do pobo galego: a nosa lingua!

9 de mayo de 2009

VAI POR VOS


Queridas amigas e amigos da diáspora:

Neste grupo de xente, houbo compañeiros e compañeiras de traballo, de cidade, de vivencias, de visitas, de encontros e reunións, e sempre co mesmo tema, eramos amigos e amigas, centros ou entidades, organizacións e grupos, que nos atopamos cun motivo común, a idea de que a identidade galega seguira viva, de recuperar valores comúns, e noutros casos, esa relación galega, levándonos a diversas partes do mundo para estar con vós e poder contribuir a contrastar e aprender das experiencias comúns. Dende Rosario a New York, de Bos Aires a Bruxelas, Barcelona, DF., de Compostela a Paris, de Madrid a Guatemala, a Paraguay, de Montevideo a Suiza, de Francia a Alexandria, de Bahia aos territorios ocupados do Sahara, de Caracas a Andorra, das Malvinas a Chile, do Reino Unido a DF ao corazón dos galegos, con dona Luisa Viqueira e don Elixio Rodriguez.

E todas e todos vós,por separado ou en grupo, dando pulo aos catro ventos, alá onde residides. Aqui estamos agora comunicados, dende distintos lugares, con diferentes visións do mundo, da politica, unidos por unha amistade que polo menos eu sinto, gardo e teño por vós todos, de forma intensa, co corazón na man, para compartir este ilusionante momento da miña vida, que non busquei nen deixei de buscar, senon que veu porque democráticamente a organización política á que pertenzo, asi o quixo, votando, para que fora a candidata que abrira a lista do BNG ás vindeiras eleccións europeas do 7 de xunio. Este momento político, persoal, vital, tan intenso, debia polo tanto, ser compartido con todas e todos vós, de quen tanto aprendin, en cada correo, en cada encontro, en cada chamada, en cada loita.

E queria compartilo precisamente hoxe, ainda en Bruxelas, a un dia de marchar para Galiza, para iniciar este periplo que nos pode e debe levarnos a voltar a ter representación galega no Parlamento Europeo, esta vez con nome de muller. Unha muller amiga vosa, que vos aprecia enormemente, e que espera que hoxe dentro dun mes, poida escribir, ben entrada a madrugada, un correo de volta, que nos de unha boa nova.Para quen me coñece ben, nunca quixen ter protagonismo, e este veu dado simplemente polas circunstancias. Levo moita responsabilidade enriba, asumindo esta tarefa, pero non estou soa. Detrás, hai un pouso de moitos anos, de moita xente, ao lonxe,de todas a todos vós, que con enormes simpatias e apoios, sempre estivéstedes mantendo as pontes que nos unian, que unian Galiza co mundo, Europa con América especialmente, e tamén as pontes da nosa cultura universal e defensa de temas con solidaridade con outros pobos.

Amigas e amigas, mañá marcho a iniciar a campaña electoral a Galiza, como candidata vinda da diáspora galega, a primeira vez que unha organización política por a fronte alguén do exterior encabezando algunha lista eleitoral. Por sorte, non estou soa, levamos a nosa diáspora detrás, a tantos centos de amigos e amigas, que sei van estar apoiando, animando. Con ánimo, con forza, con ilusión, con coraxe e con decisión e optmimismo marcho, a percorrer o pais para presentar que Galiza volte a ter voz en Europa e no mundo. Co pouso aprendido e compartido con todas e todos vós, durante anos, que vos agradezo inmensamente, marcho coa estrela na fronte de que pase o que pase, o feito de loitar por esto significa loitar por todas as galegas e galegas do mundo, e tamén por todas as situacións inxustas e as mellores relacións entre os pobos, e eso xa foi unha grande victoria, a da aprendizaxe do mundo e co mundo, con total humildade, sen esquencer que debemos estar ao servizo da xente e non ao revés.

Moitas grazas a todo o mundo polos momentos compartidos e sinceramente, unha fonda aperta da vosa sempre amiga.

Ana Miranda

3 de mayo de 2009

Ana Miranda: "Non podemos saír desta crise coas mesmas políticas que a fan; as regras do xogo xa non valen"


02/05/2009 - Beti Vázquez

O 25 de abril foi ratificada no Consello Nacional do BNG como candidata ás eleccións europeas co 92.5% dos apoios. Uns minutos máis tarde saíu correndo, subiu nun avión con Xulia, a súa filla de cinco anos, e puxo rumbo a Bruxelas. Xa na casa, pasoulle o ferro á roupa recén lavada. O luns había que volver á escola. Ana Miranda (Cuntis, 1972) defínese coma a antena do BNG en Europa. Pero, e sobre todo, coma unha nai. Avogada especializada en Dereito Comunitario e Internacional, foxe do protocolo, da política con 'p' maiúsculo, porque di que a afasta da xente. "A miña vida non cambiou nada, só teño máis traballo". Mentres mantén esta conversa ocúpase dun correo electrónico 'urxente' e atende dúas chamadas no móbil. Esta semana volverá a Galicia para percorrela de punta a punta e "facerlle ver á sociedade galega que o Parlamento Europeo decide nas súas vidas". Pregunta: Ao chegar a Bruxelas chamouche a atención o pouco peso das mulleres.
Que supón ser agora a primeira muller en encabezar a lista á Eurocámara no BNG?
Resposta: Cando eu cheguei a Bruxelas, dous anos antes de que tivesemos aquí representación oficial, foi efectivamente para formarme e estudar ao mesmo tempo. Que dez anos despois o BNG, tendo tres formidables candidatos --Francisco Rodríguez no 1989, Carlos Mella en 1994 e Camilo Nogueira en 1999 e no 2004--, que presente agora a unha muller para min é realmente motivador. Deume unha ledicia enorme, non só polo compromiso de representar á muller galega, senón porque me parece un compromiso de modernidade presentar a unha muller de 40 anos. É unha enorme responsabilidade, e implica que tamén o país está a mudar, que empeza a contar coas mulleres formadas que en política sempre estamos nos segundos postos, no chamado teito de cristal. Polos intereses galegos
P: Primeira muller, e primeira vez que aparcan Galeuscat para concorrer con EA e Esquerra. Por que este cambio?
R: Porque o BNG sempre decide as súas alianzas en función dos intereses de Galiza. Neste caso, sen ter ningún tipo de problema con Galeuscat --lembra que ela traballa na oficina do PNV e agradece a "solidariedade" do partido--, o que é certo é que neste momento de crise as políticas sociais e económicas que se están implantando, dende o sistema financeiro internacional ata a mesma Bruxelas cos modelos de converxencia, ten moito máis que ver cos partidos da ALE --Alianza Libre Europea, onde se integran Esquerra, EA e o BNG--. O acordo que acaba de facerse con Europa de los Pueblos-Los Verdes permitirá ir en beneficio dos intereses galegos, ter representación de novo no Parlamento Europeo e que Galiza volva ter unha voz propia. Da outra maneira non estaba garantido.
P: Sairá reforzado o nacionalismo galego deste pacto? Nas pasadas europeas perdeu a representación.
R: Si, e ademais por moi poucos votos e despois dun escandaloso recurso que eu considero un roubo por parte do PP porque reclamaron precisamente nos lugares onde Galeuscat non tiña interventores para anular certos votos. Eu creo que si, que sairá reforzado no sentido de que esta candidatura aporta esa idea de política de esquerdas e progresista que se pretende dar nun momento de crise. Preténdese recuperar a voz no Parlamento Europeo, xa que estes anos houbo deputados galegos, pero pasaron bastante desapercibidos. Se nos anos anteriores, co BNG, houbo movemento por parte de PP e PSOE, nestes últimos tal movemento non existíu.Espertar unha voz apagada
P: Por que ten que estar o BNG na Eurocámara?
R: Boa pregunta! (ri) Porque temos que devolver a voz e a representación nacional galega. Dende que o BNG non está no parlamento europeo oficialmente é coma se Galiza desaparecera. Os deputados galegos non se sabe moi ben o que defenden aquí, se os intereses dos galegos ou os do seu partido en Madrid. E nós non temos ningún tipo de atadura nese sentido. E é necesario defender un modelo progresista que defenda cambios económicos e sociais moi distintos, baseados en principios e valores do nacionalismo democrático e de esquerdas. É verdade que a Unión Europea está a manter certas posturas en determinados temas, coma a directiva de retorno, unhas posicións moi pouco progresistas. Queremos non só devolver a voz galega, senón apostar por un modelo de construcción europea totalmente diferente.
P: Ás portas da campaña, faime algunha proposta concreta.
R: Podo facerche moitísimas! (ri) Aínda que aínda estamos a traballar nelas... Revalorizar o papel das mulleres! Esa é a primeira cuestión.
P: Contigo como candidata non podería ser doutro xeito!
R: (ri) Home! Primeiro empezo polo que me toca de preto! A muller, as traballadoras... quen está a sufrir máis a crise? Elas, as substitutas das políticas sociais. E nestes momentos, cun cambio en Galiza, tememos pola política social que vaia facer o novo Goberno. E o papel da mocidade! Que alternativas lle damos aos mozos galegos para que non emigren? Seguimos a emigrar. É un feito que temos xente na diáspora e requírense medidas moi coordinadas para con eles. Non debemos esquecer que eu son unha candidata da diáspora: resido en Bruxelas, voto no famoso CERA e pertenzo á Galiza exterior. E síntome moi honrada nese mundo, de poder facer valer no Parlamento Europeo esa condición que temos os galegos do mundo tamén como cidadáns europeos.Pero o tema clave, que nos está afectando como cidadáns, é como saír da crise. Poñer sobre a mesa propostas concretas para o noso sector lácteo, pesqueiro, textil e a industria de dependencia. E buscar a inserción laboral da mocidade nun momento moi duro.
Na sede nacional do BNG, en canto teñamos escano, --que temos que telo! eu vou cun ánimo moi positivo, di entre risas-- xa no 2009 crearemos unha oficina onde a eurodeputada recibirá as propostas da sociedade galega para instaurar algo que no sistema británico funciona moito: o deputado que vai polos barrios. Hai que devolverlle á política o seu papel de relación social, fuxindo das políticas de despacho, da política con 'p' maiúsculo.A lingua, unha demanda á marxe
P: E as propostas sobre a lingua?
R: Si, claro! O que che describín era un marco xeral. A lingua é algo tan transcendental no que me levo implicado tanto que no programa electoral leva un punto propio, separado, pola importancia que ten. A lingua como nación, como dicía Thomas Mann, 'Meine Sprache, mein Land' --A miña lingua, a miña patria--. Dende o primeiro día empregarei a miña lingua no Parlamento Europeo, defendendo políticas de multilingüismo. Douno xa por tan feito que é verdade que non o toquei. Pero é un tema con tanto peso que vai por separado!No Parlamento Europeo o galego aínda pode usarse só de forma escrita. Temos que instrumentalizalo a través da nosa lingua irmá que é o portugués. E eu fareino así dende o primeiro momento, pero defendendo que a mesa do Parlamento poida ter as linguas galega, vasca e catalana como oficiais, pero non só de forma escrita senón oral, nos plenarios.
P: Convenciches ao comisario europeo para que viñese visitar as Galescolas. Segue en pé ese compromiso?
R: Si, cando estivemos co representante da Mesa --pola Normalización Lingüística--, Carlos Callón, comentámoslle non só o recoñecemento da lingua galega como oficial no Parlamento, senón tamén que na súa visita no mes de abril que sería interesantísimo que visitase as Galescolas. Pareceulle unha idea excelente e así se comprometeu. É verdade que viu o cambio de Goberno e hai que ver se chega a tempo! (ri)Arrimarse á xenteP: Chegar á Xunta e afastarse da xente foi algo que se lle reprochou ao BNG. Vas facer unha campaña que rache con esta idea?R: Pois despois do Consello Nacional tiven que voltar a Bruxelas porque teño comisións e reunións esta semana, a última antes da campaña. E ademais por unha cuestión de que eu son nai --conta orgullosa--. Teño unha nena de cinco anos, Xulia, e tiña que traela para voltar á escoliña (ri). Xulia fala galego en Bruxelas, é esa demostración de que a nosa identidade é portátil. E dime 'eu non entendo nada. Somos galegas en Bruxelas e chegamos a Vigo e todos falan en español'.. (ri a gargalladas) Cinco anos! E xa se da conta da situación...(volve porse seria) Queremos que nos volvan ver coma o BNG que eramos. Para a semana xa vou estar en Galiza, e gustaríame recorrer o país de sur a norte e estar moi atentos a eses lugares aos que nunca fomos para poñer evidencia que somos galegos pero que formamos parte do Estado e da Unión Europea e que temos que facer valer os nosos intereses en Bruxelas, presentar cambios sociais de carácter estrutural. E iso hai que contalo onde pasa, nas pequenas aldeas, nas vilas industriais e nos lugares onde se vive do agro, con este gran problema que é o leite.
P: Cal é o teu papel en Bruxelas a día de hoxe?
R: A miña situación cambia dende que se ratifica o día 25 a miña candidatura. Neste momento eu estou na oficina do PNV froito do convenio con Galeuscat no 2004. O meu traballo estes cinco anos consistiu en ser a voceira do BNG aquí e enviar constante información para aló, as reunións coa ALE --ela forma parte da executiva deste partido a nivel europeo--. Era coma unha antena do BNG en Bruxelas! (ri)A Europa dos pobos no mar do capital
P: Que propostas defende o BNG dentro da ALE?
R: Defendemos propostas que poñan en valor as distintas realidades nacionais dentro da Unión Europea, un modelo alternativo no que as nacións e as rexións --dentro da Alianza hai partidos que se definen coma rexionalistas-- teñan participación paralela nesa Europa dos Pobos, con valores democráticos e cunha compoñente ecolóxica ao que eu lle dou moita importancia. En síntese, a creación dunha Europa que coide máis da súa terra, unha Europa máis sá que se basee en políticas públicas e cunha arquitectura institucional construída dende as bases que cubra o déficit democrático do que adolece.
P: E como se defende unha nación sen Estado no marco dunha Europa economicista?
R: Efectivamente, a idea que se ten é a dunha UE estruturada coma unha unión cuxos epicentros non son os que che dicía eu do mundo medioambiental ou as políticas sociais. Como nós nos sentimos ignorados como Europa dos Pobos, e como estamos a sufrir unha crise que a quen máis lle toca é precisamente aos pobos, ás nacións, estamos a buscar alternativas a esa contrución de capital transnacional e a unha políticas económicas con efectos antisociais que van en contra do noso desenvolvemento, e de Galiza. Europa ten que tomar unha decisión sobre o Tratado de Lisboa. As regras de xogo non valen! O que non podemos é saír desta crise coas mesmas políticas que a fan. E os nacionalistas galegos tamén teños que poñer en evidencia en todas as institución nas que participamos que non valen as mesmas solucións políticas. Nós, que non provocamos esta crise senón que defendemos visións non economicistas, esiximos políticas diferentes. E nin a UE como órgano executivo nin a representación dos Estados está a atender ás realidades nacionais, que somos as máis afectadas pola crise.Os tres BNGs
P: Para o BNG as europeas son a primeira cita coas urnas despois da bofetada do 1-M, e tamén despois do debate interno que está a atravesar. Verase un BNG unido ou dividido en tres?
R: Estas eleccións teñen que ser precisamente o punto de encontro de todas as correntes, para saír reforzados, porque, como ti dis, non hai que esquecer que son os primeiros comicios despois da perda do Goberno. Ao mesmo tempo, ver a Rodríguez, a Beiras, a Quintana... animará moito á militancia. Eu pedín que participen referentes do nacionalismo durante toda a campaña, e esperemos que saiamos reforzados.P: Atréveste a adiantar un resultado? R: Que sacamos escano seguro! P: Jorquera vaticinou dous...R: (pénsao) Eu creo que imos empezar por asegurar a presentación e voltar ao Parlamento Europeo! Para defender dende alí unha alternativa a esta Europa economicista.

27 de abril de 2009

O Consello aproba cun 92,5% de apoios a lista ás europeas encabezada por Ana Miranda



Montouto (Teo), 25 Abril 09. O portavoz nacional do BNG en funcións, Anxo Quintana, anunciou hoxe en rolda de prensa o apoio do 92,5% dos membros do Consello Nacional á candidatura que vai presentar o BNG ás eleccións europeas, encabezada por Ana Miranda. Sinalou que o acordo para a rotación de escanos asinado polo BNG no marco da colición “Europa dos pobos” implica que os escanos que a coalición acade sexan ocupados polas distintas forzas políticas en función dos votos que cada partido obteña na súa circunscrición electoral, o que garantiría a presenza do BNG en Bruxelas.
Quintana cualificou aos integrantes da lista como “compañeiros e compañeiras de sobrada experiencia e avalados polas asembleas comarcais”. En concreto, forman parte da lista, ademais de Miranda, as seguintes persoas: Alberte Souto, Encarna Otero, Iolanda Veloso, Cosme Pombo, Margarida Vázquez Veras, Iván Area Carracedo, Helena Veiguela e Xavier Vence.
Destacou tamén que o acordo permite que “a representación do BNG quede asegurada e será tanto máis grande segundo o número de votos que o BNG saque en Galiza”, dixo. “Ademais, o BNG, dacordo coas normas das eleccións europeas, poderá presentarse en Galiza coa súa candidatura e as súas propias siglas”, precisou
Un programa en defensa da Europa dos pobos e das clases populares
“O BNG pretende que no proceso de construción europea a voz galega estea presente, e se faga atendendo á plurinacionalidade e á pluriculturalidade dos estados da unión”, afirmou. Segundo, Quintana, o BNG defenderá “esa Europa dos pobos que é o lema da nosa coalición”.
“Ademais, o noso programa ten en conta que estamos nun momento difícil para as clases populares de Galiza e para as clases populares do conxunto de Europa”, asegurou Quintana, para quen “é precisa unha voz forte que reclame a defensa dos servizos públicos e tamén que a crise non a sufran os máis débile”.
Asemblea Extraordinaria
Quintana informou tamén de que para o Consello Nacional “a Asemblea Nacional Extraordinaria está a ser xa un éxito”. Destacou que a militancia “está a dar un exemplo de compromiso co país”, como desmostra a ampla participación de case 5000 militantes no debate dos relatorios e na elección de delegados e delegadas para esta Asemblea.
“Todas as propostas do BNG teñen un nexo común, buscar o mellor para a organización e como portavoz en funcións quero agradecer a todos os militantes a súa participación”, afirmou Quintana.

O Consello dá por válido o acordo da Executiva acerca do eurodeputado de Galeuscat
A preguntas dos xornalistas, Quintana informou tamén de que o máximo órgano do BNG daba por válido o acordo da executiva en funcións sobre o escano vacante da coalición Galeuscat, que correspondería por número a Camilo Nogueira, mais pertence a Convergència Democrática de Catalunya en función do acordo asinado no seu día. Este acordo recollía que calquera baixa do representante dun partido sería ocupada por outro representante da mesma forza política, renunciando á acta as persoas que lle preceden na lista.
“O BNG é unha forza política seria que cumpre os acordos que asina, aínda que desexasemos que fosen outros”, precisou Quintana.

Asamblea Nacional, Delegados do BNG pola Emigración UE-Latinoamerica

EURPOA E LATINOAMÉRICA

Nogueira Marra Francisco
Miranda Paz Ana Mª
Noya Landeira Josefa
Alvedro López Francisco Jesús
Fernández Salgueiro Mª do Carme
Abelenda García José Manuel
Varela Chouciño Mª Isabel
Saa Fenández Manuel
Mascato Lores Francisco
Martínez Duro Diego Agustín
Campos Janeiro Manuel

17 de abril de 2009

O BNG Informa o tema da semana

Número 190, 16 Abril 2009
Acordos da Executiva en funcións
A Executiva Nacional do BNG, que permanecerá en funcións até a Asemblea Nacional Extraordinaria do 10 de Maio, tomou as seguintes decisións na súa última reunión:

Propor a Ana Miranda como cabeza de lista ás eleccións europeas
A avogada especialista en Dereito Comunitario Ana Miranda foi proposta pola Executiva Nacional para ser a cabeza de lista do BNG nas eleccións europeas. Miranda foi asistente do eurodeputado Camilo Nogueira, representou ao BNG ante as institucións comunitarias do 2004 ao 2009 e é membro do Consello Nacional e responsábel da comisión de Migración.
O BNG contra o "plus dos altos cargos"

Os nacionalistas decidiron respaldar no Parlamento Galego a Iniciativa Lexislativa Popular promovida pola CIG para a derrogación do chamado plus dos altos cargos. Así mesmo, piden que os militantes nacionalistas que desenvolven funcións de dirección política na administración galega e que sexan funcionarios renuncien ao cobro deste complemento cando retornen ao seu posto de traballo.
Apoio ao sector lácteo
Así mesmo, decidiuse apoiar a mobilización convocada en Madrid polos labregos galegos do sector do leite. Nesa liña, o senador nacionalista Xosé Manuel Pérez Bouza vén de presentar unha moción para que o Estado controle as importacións e fomente o estabelecemento de prezos mínimos.


14 de abril de 2009

A Executiva propón a Ana Miranda como cabeza de lista nas eleccións ao Parlamento Europeo

Santiago de Compostela, 13 Abril 09.
A Executiva Nacional do BNG acordou esta tarde propor a Ana Miranda como cabeza de lista do Bloque Nacionalista Galego ao Parlamento europeo nas eleccións que se irán celebrar o vindeiro 7 de xuño e nas que a formación nacionalista concorrirá coaligada con ERC, Aralar e EA.
Ana Miranda, avogada especializada en Dereito Comunitario e Internacional, con estudos na Universidade de Lovaina, é a actual portavoz do BNG perante o Parlamento europeu e vicepresidenta do Partido dos Pobos de Europa-Alianza Libre Europea.
Nada en Cuntis hai 37 anos, entre setembro de 1999 e xuño de 2004 foi responsábel técnica e asistente parlamentar do eurodeputado do BNG Camilo Nogueira. É membro do Consello Nacional e responsábel da súa Comisión Nacional de Migración.
Ana Miranda e Xavier Vence eran as propostas maioritarias xurdidas das diferentes asembleas comarcais do BNG.
A Executiva Nacional tomou o acordo de propor a Ana Miranda logo de coñecer a vontade de Xavier Vence de non postularse como candidato.
Esta proposta da Executiva será submetida a debate e consideración das asembleas comarcais do BNG o próximo día 18 e, posteriormente, o sábado día 25, deberá ser avaliada polo Consello Nacional, o órgao facultado para aprobar as listas da formación nacionalista.

7 de abril de 2009

O Consello Nacional aproba o regulamento da asemblea e o documento político co 82 e co 83% de apoio, respectivamente



Teo, 4 abril 2009.
O Consello Nacional do BNG, reunido hoxe en Montouto (Teo), aprobou o regulamento da Asemblea Nacional extraordinaria que se celebrará o 10 de maio co apoio do 82,04 % dos membros ,mentres que o documento político foi avalado cun apoio do 83,7%. O coordinador da Executiva do BNG, Francisco Jorquera, salientou na rolda de prensa posterior “o debate vivo que se mantivo no Consello Nacional, pero ao mesmo tempo sereno e sempre con vontade construtiva e buscando puntos de encontro”. A proposta de regulación da Asemblea Nacional extraordinaria que elaborou a comisión organizadora foi apoiada polo 82,04 % dos votos e garante, en palabras de Francisco Jorquera , “unha asemblea altamente participativa onde calquera militante que queira presentarse a delegado pode facelo”. O regulamento aprobada fixa en 2.500 os delegados e delegadas a escoller polas asembleas comarcais. As listas serán pechadas e distribuiranse os postos en orde ao número de votos acadados. Ademais, redúcese ao 10% o mínimo de votos para que unha lista de delegados acuda á Asemblea Nacional Extraordinaria.
Votos particulares á proposta de regulamento
A este respeito, o coordinador executivo do BNG informou da presentación de dous votos particulares á proposta de regulamento da asemblea. A redacción alternativa propuña establecer un período de preinscrición, do 7 ao 18 de abril, para que os/as militantes se inscribisen nun censo preasambleario en cada comarca para asistiren á Asemblea Nacional e que, á vista deste censo, o Consello Nacional do día 25 arbitraría as medidas regulamentares complementares para verificar no posíbel esa asistencia.Sometido a votación, este voto particular foi respaldado polo 19,2 % dos integrantes do Consello Nacional, polo que non foi aprobado.
Documento político.

Por outra parte, o segundo punto da orde do día, o documento político elaborado pola comisión redactora foi aprobado polo 83,7% dos asistentes; un 13,5% votou en contra e houbo un 7% de abstencións. A este documento presentáronse 60 emendas, das que, aproximadamente a metade foron aprobadas ou transaccionadas. Francisco Jorquera subliñou que o texto “recoñece erros, que temos que mellorar na nosa maneira de facer política e de traballar coa sociedade e aposta tamén pola valoración política e social do moito e bo que fixo o BNG dende o Goberno galego”. “A conclusión deste proceso de reflexión e análise –asegurou- ten que conducirnos a un BNG máis forte, máis unido e con máis impulso para sermos oposición seria e rigorosa ao PP e sermos un contrapeso á regresión en materia de políticas económicas e socias que representa o PP”.

O documento será agora remitido ás asembleas comarcais do BNG para o seu debate e presentación de emendas.

Candidatura ás eleccións europeas

Por último, o terceiro punto da orde do día, a proposta da Executiva en funcións de que o BNG concorra ás vindeiras eleccións europeas en coalición con ERC, EA e Aralar foi respaldada polo 95,5% dos membros do Consello Nacional; un 2,8% abstívose e un 1,4% votou en contra. Francisco Jorquera explicou que esta candidatura “garante que o BNG, e polo tanto Galiza, teña representación e voz propia no Parlamento Europeo para defender os intereses do noso país e porque concorremos con forzas políticas coas que compartimos a mesma visión política da Unión Europea no eido social e económico”.

14 de marzo de 2009

Anxo Quintana anuncia a demisión da Executiva e a súa renuncia a volver ser portavoz nacional



“Foi un tremendo honor ser o voso candidato e estou á disposición do BNG para as tarefas que queira encomendarme”, afirmou


Montouto (Teo), 14 Marzo 09.


O portavoz nacional do BNG, Anxo Quintana, anunciou esta mañá no seu discurso ante o Consello Nacional, a. demisión da actual Executiva e a súa renuncia a presentarse como portavoz nacional no vindeiro proceso asemblear.
“Quero anunciarvos que a Executiva da que formo parte quere presentar a súa dimisión diante do Consello Nacional”, afirmou. Así mesmo, expresou a vontade de “someter á consideración do Consello unha folla de ruta e que o consello decida sobre todos os termos; por iso quero proporvos unha Asemblea a celebrar nos primeiros días do mes de maio”. “Agora é o momento de mirar cara adiante, porque a sociedade galega está agardando un BNG actuante”, segundo Anxo Quintana.


A seguir, comunicou a súa decisión de “non presentarme para ser electo de novo portavoz nacional”. De cara á celebración da próxima Asemblea, sinalou que haberá que ter en conta, na súa opinión, dous asuntos básicos que deben ser os eixes do debate: “pechar a análise sobre os resultados electorais e a situación resultantes, porque non podemos estar todo o tempo analisando o pasado e hai que mirar adiante” e loxicamente “a elección dunha nova dirección, que fose a encargada de xestionar a seguinte etapa, pensando sobre todo nun BNG actuante na sociedade”. "É o momento da xenerosidade de todos e todas”, afirmou.


“Debemos construír unha dirección na que todos e todas esteamos representados. Eu estarei nesa labor como o primeiro. É o momento da unidade e da ilusión, non dos personalismos nin de axustar contas”, dixo Quintana


Comisión organizadora
“Dimitida como está a Executiva, quero que o Consello Nacional se encargue da maior parte das funcións atribuídas á executiva, e se así o considera, que os membros da executiva queden en funcións para que non haxa vacío de poder”, asegurou.
Propuxo que unha comisión se faga cargo da organización da próxima Asemblea, que tería lugar a comezos de maio“En todo caso, a organización da nova Asemblea Nacional quedará a conta dunha comisión que nomee hoxe aquí o Consello Nacional, por iso, creo ademais, que a Asemblea se debe facer cumprindo os estatutos aprobados pola anterior asemblea, e por iso penso que a Asemblea non debe estar formada por menos de 2.500 delegados, para que todo o mundo estea representado e sobre todo para fomentar un proceso participativo na base, nas asembleas comarcais, onde se cumpra o principio de unha persoa, un voto”, segundo Quintana.


“Non perdamos de vista que, sendo moi importantes as decisións que tomemos, o importante é que o BNG sexa útil á sociedade, dunha sociedade que está agardando por un BNG que estea ao lado da xente”, afirmou o dirixente nacionalista. “Outra cousa sería unha traición para co país que o BNG nunca fará”, dixo.



Autocrítica
Quintana comezou a súa intervención asegurando que “estamos aquí para tomar decisións para encarar o inmediato futuro”. “Os resultados electorais son malos porque non temos conseguido acadar os obxectivos que nos tiñamos marcado. É o momento para a autocrítica, evitando flaxelacións absurdas”, afirmou.
“O BNG, na súa acción de goberno non foi quen de facer lectura acaída da situación real do país. Pensamos que a etapa do PP era unha etapa acabada, pero o feito é que o PP segue a gozar dunha importante introdución social no noso país”, sinalou.
“Durante estes tres anos levamos adiante unha acción positiva e de claro avance para a construción nacional"Para o vicepresidente en funcións da Xunta, “durante estes tres anos levamos adiante unha acción positiva e de claro avance para a construción nacional, coa idea de construír un espazo propio nacionalista”. Porén, sinalou que “quizais debemos tamén traballar para crear tamén na sociedade galega máis cultura de coalición, para resaltar a importancia da pluralidade como un valor en si mesmo”.
Así mesmo, sinalou a importancia da crise no resultado electoral: “Nun momento coma este, no que milleiros de persoas van ao paro, a xente, moitas veces, é máis proclive a escoitar con preocupación ameazas e xiros demagóxicos sobre o gasto público e supostos despilfarros que a atender propostas en positivo como as que pretendeu trasladar o BNG”.
Tamén felicitou á militancia nacionalista pola reacción “ante unha campaña tan suxa como a que temos vivido”, unha reacción que, porén “non fomos quen de trasladar á nosa base social”.
“A nosa acción de goberno, positiva e transformadora, non tivo a habilidade de estar acompañada polo corpo organizado do BNG. Non podemos ter unha acción de goberno eficaz se non vai acompañada pola organización. A nosa acción de goberno ten que estar sempre ao servizo do país, pero tamén debe servir para crear máis e mellor organización”, explicou.


Impedir a “segunda vitoria do PP”
Anxo Quintana pediulles aos membros do Consello que o BNG “pare de xeito rotundo ao PP no que sería a súa segunda vitoria”. “Derrotado o goberno, o PP pretende agora derrotar a alternativa de por vida, e por iso pretende trasladar á sociedade a idea de que a acción do goberno bipartito estivo presidida pola ineficacia”, afirmou.
“Hai que valorizar o traballo de goberno e poñer en valor a cultura do pluralismo, e a realidade de Galiza como país que merece ser respectado”Xa que logo, enfatizou a importancia de “valorizar o traballo de goberno e poñer en valor a cultura do pluralismo, e a realidade de Galiza como país que merece ser respectado”. “É un traballo que temos que comezar xa, no seo da sociedade e no novo Parlamento”, dixo.
“Que saiba o PP que cando destrúe as galescolas, o Consorcio de servizos da Igualdade e o Benestar ou o concurso eólico, o que está a facer é colocar na zozobra a pais que teñen os seus fillos na rede pública ou amolando os intereses de empresas galegas que gañaron limpamente un concurso e que agora poden verse sometidos ao fanatismo de determinados intereses”, afirmou.


Agradecemento
Anxo Quintana concluíu o seu discurso desculpándose “polos erros que puiden cometer durante este tempo”. “Foi un tremendo honor ser o voso candidato, e maniféstovos o meu compromiso de estar sempre á disposición do BNG para onde considere oportuno que debo estar”, concluíu.

10 de marzo de 2009

Feijóo provoca o primeiro paso atrás da democracia na defensa do galego

O futuro presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou que cumprirá a promesa que fixo en campaña de que sexan os pais os que elixan a lingua de estudos dos seus fillos de 0 a 3 anos. Adiantou que acabará coas galescolas e que derrogará o decreto de ensinanza, de xeito que desaparece a política da implantación progresiva do galego no ensino. Con estas medidas, dá o primeiro paso atrás dende a chegada da democracia na normalización do galego e incluso retrocede na política lingüística que marcou Manuel Fraga.
O presidente do PP galego e próximo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, seguiu desglosando onte iniciativas postas en marcha polo bipartito que el erradicará en canto chegue ao Goberno galego e, nesa liña, avanzou que coa súa formación Galicia vai “volver ás escolas infantís”, fronte ás chamadas ‘galescolas’ impulsadas pola parte nacionalista do Executivo.“Ímoslles chamar ás cousas polo seu nome”, indicou Feijóo, para quen o termo escolas infantís “é a denominación correcta” para referirse aos espazos de educación para nenos de cero a tres anos e ademais “non produce ningunha aresta nin problema”. Máis alá de cuestións semánticas, explicou que o obxectivo é que se ofreza a ensinanza “de acordo coa decisión dos pais”, é dicir, “se os pais queren que o primeiro idioma para ler e escribir sexa o galego se respectará, e se pola contra prefiren que os seus fillos aprendan en castelán, se respectará”.Deste xeito, o PP daralle a volta á política lingüística seguida nas galescolas, contra as que os populares se manifestaron durante toda a lexislatura, do mesmo xeito que contra o chamado decreto do galego na ensinanza, que Feijóo tamén se comprometeu a derrogar como primeira medida de goberno.Pouco e pouco o vindeiro xefe do Executivo autonómico vai anunciando todas aquelas cousas que pretende cambiar das postas en marcha polo bipartito, algunhas delas xa avanzadas na campaña, o que lle dá pé a dicir que as reformas contan co respaldo dos galegos nas urnas. Así, tamén onte deixou claro que non quere seguir co modelo establecido no Consorcio de Servizos Sociais, por ser “pouco eficiente e moi caro”. O líder popular non concretou a alternativa que propón, xa que prefire facer antes un “análise” da utilización dos servizos públicos para despois repensalos, “sen poder prexulgar cal vai ser a fórmula administrativa que imos acometer”.

O BNG...

O BNG lamenta o pasamento da nai da nosa compañeira do BNG en Montevideo, Carme Fernández Salgueiro, quen era natural de Gondomar, e que nunca deixou de querer á súa terra e que implantou e sementou nas súas dúas fillas o amor por Galiza, pola nosa lingua e ideas políticas, alá lonxe, en Montevideo, facendo que a viviran perto, nunha vida de traballo e de lonxania.

Con todo o noso respeito e tristura, queremos transmitirlle noso profundo afecto e acompañamento á nosa queridísima compañeira e amiga, en nome de toda a organización, noso máis sentido pésame nestes duros momentos.

Asamblea do BNG Bos Aires
Ana Miranda
Responsábel Comisión Emigración do BNG