8 de marzo de 2009

Día Internacional da Muller

a tua, a miña, a vosa; nais, aboas, irmáns, traballadoras, loitadoras, exemplos, mártires, ao fin... as Mulleres Galegas.

6 de marzo de 2009

As mulleres, imprescindíbeis para saír da crise



Santiago de Compostela, 6 marzo 09.

A secretaria de Acción Feminista da Executiva do BNG, Rosario Fernández Velho, presentou este mediodía en rolda de prensa a campaña do BNG con motivo do 8 de marzo, que se desenvolverá baixo o lema “As mulleres, imprescindíbeis para saír da crise”. Rosario Fernández Velho, que estivo acompañada polas integrantes da Comisión Nacional da Muller do BNG, subliñou que as ideas centrais da campaña “defender os dereitos laborais das mulleres para evitar que a crise provoque unha feminización da pobreza e defender a autonomía persoal e económica das mulleres”. Neste sentido, subliñou que “para o BNG é prioritario evitar a saída das mulleres do mercado laboral, e que isto provoque unha volta das mulleres ao ámbito privado do fogar”. A secretaria de Acción Feminista do BNG asegurou que “a saída á crise en Galiza ten que ser dende unha perspectiva feminista e nacionalista”.
O BNG apoia as concentracións da Marcha Mundial das Mulheres
A Coruña Domingo 8 marzo. Concentración 12:30 h. Obelisco
Compostela Domingo 8 de marzo. Manifestación 12:00 h. con saída da Praza do Toural e chegada na Praza de Marzo
Ferrol Domingo 8 de marzo. Manifestación 12:30 h. con saída da Praza Amada García (Edificio Xunta de Galiza) e chegada ao Cantón de Molins
Ourense Sábado 7 de marzo. 19:00 h. Acto das mulleres na Praza Concepción Arenal (Xulgados) e posterior percorrido polo PaseoPontevedraSábado 7 de marzo. Concentración 20:00 h. na Praza 8 de Marzo
Vigo Domingo 8 de marzo. Manifestación 12:00 h. con saída da Praza 8 de marzo
Mocións do BNG en todos os concellos
Por último, Rosario Fernández Velho anunciou que o BNG presentará unha moción para que todos os concellos se comprometan coa igualdade real entre mulleres e homes

3 de marzo de 2009

Quintana anuncia o inicio dun período de reflexión interna no BNG para "reorientar os obxectivos do nacionalismo"


O portavoz nacional admite que os resultados foron “maos” e anuncia que o Bloque ten como máxima prioridade “estar ao lado da xente” Santiago de Compostela, 2 Marzo 09.- O portavoz nacional do BNG e candidato á presidencia da Xunta, Anxo Quintana, compareceu esta tarde ante os medios de comunicación despois da reunión da Executiva Nacional do BNG na que se analizaron os resultados das eleccións celebradas onte.Rodeado polos membros da Executiva Nacional, o líder nacionalista admitíu que se trata duns “maos” resultados e anunciou que o nacionalismo abre agora un período de reflexión sobre estes resultados que pasará pola celebración dun Consello Nacional e de Asembleas Comarcais nas que se abordarán as causas desta situación, “para sacar conclusións entre todos” de tal xeito que se acade unha “reorientación dos obxectivos do BNG”.O número un do Bloque indicou que a nova situación do nacionalismo, na oposición, obriga a esta “reorientación de obxectivos” e explicou que, a medida que se vaian concretando, a organización determinará tamén “as persoas que teñen que asumir o protagonismo necesario neste proceso. É o BNG quen ten que decidir quen pode e debe facer as cousas” e insistíu en que ten que ser o nacionalismo quen marque os tempos deste proceso.O candidato insistíu en que “neste momento, o máis preocupante para o BNG é a situación de crise económica e imos estar ao lado da xente nun momento coma éste, porque é o momento de estar coa xente”.
En resposta ás perguntas dos xornalistas sobre as posíbeis causas da perda de apoios nestes comicios, Quintana indicou que o nacionalismo non foi capaz “de transmitir o labor positivo e importante desenvolvido”, ao tempo que aludíu á pervivencia dunha “estrutura social e política do PP no noso país” e indicou que a crise económica tamén “favoreceu a proposta do PP

2 de marzo de 2009

Quintana afirma que "o compromiso do BNG vai ser, coma antes, o de estar ao lado da xente"





Quintana ao final da súa comparecenciaO candidato nacionalista admite que “o BNG non cumpríu os seus obxectivos electorais” e agradece o apoio “aos milleiros de galegos e galegas que confiaron no proxecto propio que representa o BNG”Santiago de Compostela, 1 Marzo 09.- O candidato do BNG á presidencia da Xunta, Anxo Quintana, compareceu esta noite ante os medios de comunicación para dar conta dos resultados electorais deste 1 de marzo.O candidato admitíu que o BNG “non cumpríu cos seus obxectivos electorais” e comunicou que se puxo en contacto esta noite co líder do PPdeG para lle transmitir a súa “felicitación e a do BNG polo seu éxito electoral nesta noite”.O candidato transmitíu “unha mensaxe de agradecemento aos milleiros de galegos e galegas que hoxe confiaron no proxecto propio para este país que representa o BNG. O noso agradecemento pola confianza que nos anima a seguir traballando nun proxecto no que levamos traballando tanto tempo”, ao tempo lanzou unha “aperta fraternal e o meu agradecemento aos centos de militantes e amigos e amigas que traballaron con ilusión para que unha forza política propia do país tivera o maior apoio posíbel”. “Os apoios recibidos son importantes e anímannos a seguir traballando. Empeza unha nova etapa para Galiza, para o país, cun novo goberno que terá que enfrentar un goberno difícil para todos e todas”, dixo.“O compromiso do BNG vai ser”, tal e como dixo Anxo Quintana, “como se estivéramos no goberno, o de estar ao lado da xente. O BNG é unha forza política da xente e para a xente, o que máis nos preocupa é a xente, como sempre foi”.Neste momento de crise económica, Quintana indicou que o pensamento do nacionalismo está centrado neste eido e indicou que “mañá a preocupación non é o BNG, senón os galegos e galegas, a xente que ten que enfrentar unha situación difícil e que saben que poden contar co BNG”.Este foi o labor do BNG, tal e como lembrou Quintana, nestes tres anos e medio, dende o goberno, “por mandato dos cidadáns e o faremos na responsabilidade que os cidadáns nos outorguen. Ése é o noso compromiso con Galiza e coas xentes deste país, como sempre o foi. Asi seguiremos a facelo”.

23 de febrero de 2009

"A política para emigración é unha cuestión de principios e non de cálculo electoral”

O vicepresidente da Xunta e candidato a presidencia polo BNG, Anxo Quintana, espera conseguir a forza necesaria nas próximas eleccións para poder reclamar en Madrid o voto en urna para a emigración. Ademais considera fundamental seguir estendendo ao exterior os servizos sociais “que atendan ao conxunto da poboación emigrante” e por eso xa están a construír unha residencia e un centro de día en Avellaneda.


Pregunta. O censo da emigración é o que mais se incrementou dende as pasadas eleccións, cree que realmente pode influir este sufraxio exterior nas próximas eleccións galegas?
Resposta. Creo que non. Por suposto que van a votar e eses votos contan pero creo que o resultado global non vai estar determinado polo que se faga en ninguna circunscripción electoral en particular. O que sí creo é que é unha pena que os emigrantes teñan que votar unha vez mais sen as garantías democráticas que se esixen en todo o estado de dereito.
P. Cómo lle explicaría a este colectivo que, estando de acordo todos os partidos galegos, todavía non se teña modificado o voto emigrante.
R. Todos estamos verbalmente de acordo, o que pasa é que uns estamos dispostos a executalo e outros non. O actual método de votación do Censo de Residentes Ausentes favorece claramente o partido que goberna en Madrid e que ten a posibilidade de controlar a estrutura consular e por eso o Partido Popular ideou este método, cando estaba no goberno gustáballe moito y agora que está na opisición protesta moitísimo. E o partido socialista fixo a viaxe contraria: protestaba moito cando estaba na oposición e agora que está no goberno ‘corónalle’ e non ten ningún interés en cambialo.Ó Bloque Nacionalista Galego o único que se nos pode achacar é que non temos a forza suficiente en Madrid –temos dous diputados– como para coa nosa postura condicionar unha decisión de este estilo pero acabaremos téndoa. Eu creo que na medida en que teñamos un gran resultado o próximo día 1, e espero que o vamos a ter, a primeria cousa que faremos será plantexar en Madrid a obligatoriedade de resolver este tema de xeito inmediato.
P. Por onde pasaría esta resolución?
R. Eu creo que temos que ser ambiciosos, temos que definir unha circunscripción única para o Censo de Residentes Ausentes que garantice ter presenza nos ámbitos lexislativos do Estado e debemos facer un método de votación en urna e con voto por correo rogado. É dicir, as mesmas características que se dan aquí, no territorio estatal.
P. Cree que os emigrantes deben votar en todos os comicios?
R. Os emigrantes deben ter o seu dereito a voto dirixido a aqueles ámbitos de decisión nos que a súa participación é xusta e necesaria. Dificilmente creo que un emigrante poda ter interés en votar a un alcalde de un concello no que non naceu, non vive e non pensa vivir nunca.
P. Entonces considera que sí deben votar nas eleccións autonómicas e xerais?
R. Eu creo que hay que dirixir o voto ós ámbitos lexislativos e hai que definir en cada caso cómo. Eu creo que é necesario que o Censo de Residentes Ausentes teña a posibilidade de voto para os temas territoriais do Estado e eso se pode definir vía as cámaras autonómicas ou vía Senado que é a Cámara de representación do Estado.
P. Como valora a decisión da Junta Electoral Central de que os emigrantes teñan que presentar una fotocopia do DNI ou do Pasaporte para poder votar.
R. Eu a interpreto como una sonora bofeta ao Partido Popular e ao Partido Socialista, porque o que está decindo agora a Xunta Electoral, en plena campaña electoral, é que ata agora as cousas facíanse mal. E as cousas fixéronse mal porque as fixo mal o Partido Popular e porque o Partido Socialista non foi capaz de cambialas. Unha resolución de ese estilo debería encher de vergonza a aqueles que propiciaron un método pouco transparente e a aqueles que o mantiveron durante os seguintes cinco anos.
P. Qué lle diría a aqueles que acusan ao seu partido de non estar interesado na emigración?
R. Que todos os que están na emigración non o están por culpa do BNG, eso é o que lle diría. Non hai ninguén que estea na emigración por culpa do BNG, todos os que están na emigración o están por culpa de políticas practicadas polas forzas políticas estatais durante decenios no noso país. Eso é o que lles diría e polo tanto o BNG ten a solvencia moral de poder dirixirse á emigración coa cabeza moi alta para lembrarlles que somos os herdeiros políticos do proxecto que ideou Castelao. E para decirlles que só desde un proxecto que pule por unha Galiza forte que tome decisións por sí mesma se pode superar o trauma histórico que supón a emigración.
P. O BNG mantense a marxe de certos escándalos na emigración, considera que eso pode repercutir no número de votos que reciban nestes comicios?
R. O BNG vai ter un gran resultado en todas as circunscripcións electorais, e o vai obter porque ten demostrado que é unha forza política comprometida co país e que toma as súas decisións pensando na xente de Galiza e que nunca recibe órdenes de Madrid. Este é o momento de Galiza, é o momento dunha forza política propia do país e estou seguro que eso na emigración también se percibe.
P. As viaxes dos responsables políticos para visitar á colectividad no exterior sempre espertan polémica, cree que deben regularse?
R. Eu creo que sobre o sentido común é difícil regular, ou se ten ou non se ten.O sentido institucional hai que exercelo non unicamente platexalo de boquilla e desgraciadamente as forzas estatais teñen unha triste traxectoria a este respecto. Decías antes que nós non estabamos envoltos en escándalos e non o estamos porque para nós, a política e a política para emigración é unha cuestión de principios e non de cálculo electoral. Se nós pedimos que haxa voto en urna na emigración non é porque pensemos que podemos ter máis o menos votos, senon sencillamente porque creemos que eso é o que democráticamente se debe facer. A min o que me causa estupor e comprobar que hai forzas políticas que para decidir se a xente pode votar libremente, primero pensan se lles vai a beneficiar ou non. Se así actuaramos todos, a democracia non chegaría ao Estado español nunca.
P. Cómo valora a renuncia dos dous militantes do BNG en Arxentina que nunha carta pública acusaron ao partido de non ‘apostar’ pola emigración?
R. Eu teño que respectar aos compañeiros que agora no fragor da batalla tiren a espada e salgan correndo, temos que dexesarlles a mellor sorte. Temos, por sorte, outros membros no exército para continuar a guerra e gañala, e que todo o mundo teña a mellor sorte na súa traxectoria.
P. Non cree que esto poida afectar ao partido?
R. Non, en absoluto.
P. Considera que é posible aplicar a Lei de Dependencia no exterior?
R. O que é necesario aplicar no exterior é a promoción duns servizos sociais que atendan ao conxunto da poboación emigrante. Creo que eso é o máis importante. Sobre esto se poden facer discursos o se poden facer obras. Nós, por exemplo, optamos máis polas obras que polos discursos e nese sentido temos mantido unha colaboración moi importante cos centros de asistencia á xente maior en Arxentina e Uruguay. Hoxe estamos construíndo, xunto coa Irmandade de Boiro, unha residencia e un centro de día que serán referentes da rede pública galega en Avellaneda. Eu creo que este é o camiño que temos que seguir e a nosa intención é estender esa rede pública que tendrá o seu primer enclave en Avellaneda a outros lugares do territorio de Arxentina e Uruguai.
P. E xa teñen definidos estes sitios?
R. Como é lóxico os ubicaremos naqueles lugares de maior concentración de poboación emigrante e tamén naqueles lugares que haxa entidades asociativas con suficiente solvencia e capacidade para colaborar con nós e poder levar adiante un proxecto desta magnitude. En Avellaneda témolo e por eso ahí empezamos.
P. Unha das decisións polémicas do Goberno do que forma parte foi a creación das delegacións da Xunta no exterior de xeito independente dos centros. Considera que foi unha decisión axeitada?R. Creo que é bo que a Xunta de Galiza como Goberno galego teña delegacións no exterior para que o país teña unha representación institucional e internacional. Outra cousa é que se lles de un bo uso, que eu espero que se faga sempre.
P. Neste tempo de crise económica, considera que se deben abrir máis?
R. Eu creo que debemos seguir nesa política de apertura de delegacións pero debémolo facer, como é lóxico e como no resto das cousas, coa austeridade e eficacia necesaria sempre, pero especialmente nun momento coma este.
P. A lei que regula o acceso á nacionalidade xenerou moita polémica e críticas, considera que se fixo de xeito adecuado ou que quedaron fóra colectivos que deberían estar?
R. Creo que non se fixo de xeito adecuado. Era unha reivindicación do BNG de sempre e unha promesa dos diferentes gobernos e creo que este Goberno o fixo tarde, mal e a regañadentes. Incluilo nunha lei que non estaba prevista para ese menester non é o vehículo máis acaido.Nós procuraremos que está regulamentación legal se mellore.
P. En qué puntos debe mellorarse?
R. Sobre todo se debe definir con máis claridade quenes teñen realmente posibilidade de acceso á nacionalidade e establecer un circuito de institucionalización da adquisición da nacionalidade máis claro, máis sencillo e menos burocratizado.
P. Ao seu entender, deben acceder os netos á nacionalidade?
R. Debe de haber a posibilidade de que os netos de emigrantes accedan á nacionalidade pero tamén debe de haber, como é lóxico no dereito internacional, certo vínculo co estado para o que se adquire a nacionalidade, tendo en conta sobre todo a posible adscripción de determinadas personas á nacionalidade de outros estados. Eso é lóxico, en cada caso habería que velo.
P. Para vostede que foi o mellor e o peor que se fixo en materia de emigración nesta lexislatura?R. Dende o meu punto de vista o mellor que se ten feito é intentar trasladar á emigración a rede pública de servizos sociais que xa iniciamos e que debemos dar continuidade na próxima lexislatura.O peor, sin duda, é que despois de tanto tempo os emigrantes teñen que seguir votando, en vez de en urnas, en sacas, como se facía na época de Romanones.
P. Falando de Galicia en xeral, que valoración fai da lexislatura que termina?
R. É unha valoración moi positiva. A presenza do BNG no Goberno serviu para que en Galiza se puxeran en marcha cambios transformadores cos ca xente levaba soñando moito tempo. Agora Galiza non só vai ser productor de enerxía eléctrica senon que por primeira vez os galegos e galegas nos vamos a beneficiar de esa condición. En Galiza por primeira vez, hai unha lei de vivenda pensada para a xente e non para a especulación do ladrillo.Fumos capaces de revalorizar o medio rural con marcos normativos innovadores e valentes como foi o banco de terras; puxemos en marcha o sistema galego do benestar e estendimos e multiplicamos exponencialmente a rede púbica de educación infantil de cero a tres anos; fomos capaces de facer política cultural tendo en conta aos nosos axentes culturais e estando orgullosos da nosa cultura e do noso idioma. Ademais a presenza do BNG no Goberno serviu para que o Goberno galego, por primeira vez, actuara sen complexos diante de Madrid, para que nos poideramos relacionar de tu a tu co Goberno do Estado e para que Galiza empezara a estar respectada desde Madrid. É, polo tanto, un balance moi positivo pero aínda falta moito por facer, por eso queremos máis e por eso queremos o voto dos galegos e das galegas para termos máis forza, porque na medida en que o BNG teña máis forza eses cambios transformadores se aumentarán e consolidarán.
P. Voltará o BNG a intentar modificar o Estatuto de Autonomía?
R. Temos como reto nos seis primeros meses da lexislatura por en marcha un novo Estatuto que sirva para que Galiza non se quede atrás e para que Galicia teña novos instrumentos para xenerar benestar aos seus cidadáns, vámonos a empeñar nelo e estou seguro de que o vamos a conseguir.Nesta lexislatura non poido ser porque o Partido Popular utilizou a súa minoría de bloqueo para impedir que Galicia tivera un novo Estatuto, por eso eu espero que as urnas deparen unha derrota para o Partido Popular, un castigo para aqueles que impediron que Galiza tivera un novo Estatuto e que eso nos depare un novo panorama político no que se sí sexa posible un Estatuto de consenso.
P. Os pronósticos non falan de bos tempos para a economía, que se pode facer dende o Goberno de Galicia para mellorar a economía real dos galegos que viven na Galicia territorial e na emigración?
R. A crise é unha crise global e polo tanto dende Galiza non temos posibilidades de evitar a crise. O que sí podemos e debemos é utilizar o autogoberno para por en marcha medidas que sirvan para protexer mellor os cidadáns galegos e que os efectos da crisis sean menores. Nese sentido, eu creo que é o momento de estar ao lado da economía productiva, temos en Galiza sectores da economía aínda con capacidade de expansión, como é o sector naval; é o momento para potenciar o sector primario, nós queremos por en marcha un grupo lácteo galego que sirva para estruturar o sector e que Galiza ademais de ser potencia produtora sexa potencia tamén en transformación e comercialización; queremos acompañar a economía produtiva de instrumentos financieiros que permitan a súa expansión e, dado que a banca tradicional non está cumplindo a súa labor, creemos que é o memomento de por en marcha un Instituto de Crédito Oficial, entendido como unha banca pública; queremos potenciar as políticas de vivenda, nos dispoñemos a construir 45.000 vivendas protexidas na próxima lexislatura para revitalizar o sector da construción e queremos estender as infraestructuras industriais ca posta en marcha e a xestión que xa iniciamos nesta lexislatura de 42 millóns de metros cadrados de solo industrial.Temos proxecto e, sobre todo, temos confianza no país. Un país para sair adiante en situacións difíciles debe confiar en sí mesmo e o BNG acredita no país. Sabemos que estamos nun momento difícil pero que temos saído adiante noutras ocasións e tamén imos a facelo nesta.
P. Cree que todas estas medidas van facer posible que Galicia non se volva a converter nun país de emigrantes?
R. Ese é o obxectivo. Agora temos unha arma ao noso favor que antes non tíñamos, que é o autogoberno e un Goberno disposto a utilizar o autogoberno e polo tanto temos máis posibilidades de saír exitosos de un momento difícil coma este.Estou seguro de que si seguimos este camiño trazado polo BNG, Galiza sairá adiante.
Fonte: www.cronicasdelaemigracion.com

19 de febrero de 2009

"En ningún caso queremos limitar o dereito a voto dos emigrantes"




Entrevista co nacionalista, de visita en Bos Aires e Montevideo para lles achegar aos galegos da diáspora o programa electoral da formación.

Xosé Manuel Pérez Bouza é senador nacionalista e levou nestes días unha tarefa non moi doada: achegar á emigración o programa electoral do BNG en tempos en que esta forza política é sinalada na diáspora como a responsable dunha campaña para rematar coa participación política dos galegos que viven fóra do Estado Español. "Cando se di que o BNG quere limitar o voto exterior, estase faltando completamente á verdade. Esa é unha interpretación perversa que fan os dous partidos estatais que do que se tiñan que preocupar é de dar os pasos necesarios para que os nosos cidadáns galegos que non residen en Galiza puidesen votar con todas as garantías", aclarou. Do que pensa, do que coñeceu nesta viaxe e a impresión que leva explícao nesta entrevista.
Ningún partido político galego ten denunciado con maior énfase que o BNG a irregularidade do sistema de voto por correo. Iso quere dicir que o BNG rexeita o voto dos emigrantes?

En absoluto. Nós defendemos que os emigrantes deben votar pero o único que debería estudarse é se deben de votar en todas as eleccions ou ao mellor en algunhas habería que ver se é procedente a sua participación ou non. Estoume a referir concretamente ás eleccións municipais nas que non parece moi loxico que haxa concellos en Galiza como Beariz ou Bande onde xa hai mais galegos que viven fóra do territorio no censo das que viven nese mesmo concello. Pero nós en ningún caso queremos limitar o dereito a voto. O único que queremos é deixar moi claro é que debe exercerse absolutamente nas mesmas condicións que se exerce en Galiza. Precisamente, para dignificar a figura dos nosos emigrantes galegos. Pero desgraciadamente, a día de hoxe, iso non ocorre e efectivamente o BNG é a única forza politica que ten presentado múltiples iniciativas políticas para que se corrixa esa situación de absoluta falta de garantías e para que os nosos galegos fóra da Galiza poidan votar en urna e identificándose igual que se fai en Galiza.

Por que, entón, os representantes dos partidos maioritarios afirman e insisten aquí en Bos Aires en que o BNG o que quere é limitar ou rematar co voto dos galegos que non viven na Galiza?

Cando se di que o BNG quere limitar o voto exterior estase faltando completamente á verdade e é unha interpretación totalmente perversa que fan os dous partidos estatais que do que se tiñan que preocupar é de dar os pasos adiante para que os nosos cidadáns galegos que non residen en Galiza puidesen votar con todas as garantias; e facilitarlle un sistema de votación en urna, complementado coa votacion telemática e coa votación por correo que eliminara esa sombra de dúbida que hai. Nós temos unha máxima -tanto para o que é o seu dereito a voto como para calquera outro dereito: os nosos cidadáns teñen que ter absolutamente os mesmos dereitos e iso é algo que o BNG sempre defendeu e que segue defendendo á marxe de interpretacións partidistas que poidan facer outras forzas políticas, sobre todo cando lanzan os seus discursos dirixidos ás persoas que viven fóra.

E por que non se vota en urna nestas eleccións?

Porque nin ao Partido Popular nin ao PSOE lles interesa. Se buscamos na hemeroteca nos discursos dos responsables das forzas políticas de hai catro anos, veremos que o posicionamento do BNG non cambiou, nós incluso impulsamos este debate no Parlamento Galego que aprobou unha proposición que foi enviada ao Congreso dos Deputados para o seu debate. Alí fixemos todo o posible para que se debatise e aprobase de xeito que puidese entrar en vigor antes das eleccións do 1 de marzo, pero ao Partido Socialista -que neste momento goberna no Estado Español- non lle interesa implantar este sistema de votación en urna porque ten unha estructura absolutamente montada (tanto en Bos Aires, como en Montevideo e en zonas de Europa onde hai unha concentración importante de emigrantes) para captar votos de forma fraudulenta. Polo tanto, se non temos un sistema de votación en urna con todas as garantias para o día 1 de marzo é, neste caso, porque ao PSOE non lle interesa. Aquí, a coincidencia e o parecido das dúas grandes forzas políticas, do PP e do PSOE, é total porque o PP é quen inventou este sistema fraudulento e agora o PSOE utilizao sen ningún respeto polos cidadáns galegos que viven en Galiza nin polos cidadans galegos que viven fóra de Galiza.

Hai algunha diferenza entre as viaxes electorais que fan en América os partidos maioritarios e esta visita súa?

Eu penso que hai unha diferenza apreciable. Eu estou visitando neste momento diversos colectivos de cidadáns galegos en Montevideo e en Bos Aires, en actos que son absolutamente lexítimos, nos que nos reunimos cos directivos dos centros galegos, onde imos facer un acto público e aberto para todos os que queiran vir, pero nos que de ningún xeito se utilizan triquiñuelas perversas para captar asistentes a eses actos. Nós non fotocopiamos o DNI, nós non fotocopiamos os pasaportes, non organizamos comidas para captar xente e, sobre todo, non imos facer ningún tipo de promesa electoralista como a que lanzou algunha forza politica prometéndolles a todos os emigrantes o envío dunha tarxeta sanitaria que non vale absolutamente para nada se non leva por atrás un compromiso de recursos económicos e de convenios cos países onde residen os nosos emigrantes. Polo tanto, eu penso que o que distingue a visita que neste caso fago eu da que fan outros líderes doutras forzas está nas formas e tamén no fondo. Nós cremos que é de xustiza visitar os nosos emigrantes non só para trasladarlles a acción de goberno do BNG dentro da Xunta de Galiza, senón para recoller as súas inquedanzas e as súas demandas para tentar -na medida do posible- darlles cumprimento.

Por que os galegos da emigración deberían de apoiar o programa do BNG?

Nestes dias que tiven ocasión de estar en contacto con moitos emigrantes, vexo que sinten un gran aprezo pola súa terra, vexo que seguen conservando o seu idioma, que teñen feito unha obra inxente na emigración -no só a nivel individual senon a nivel colectivo-. Esa é a mensaxe que defende o BNG: nós temos como único obxectivo a defensa dos intereses dos nosos cidadáns e do noso territorio. Iso implica a defensa da cultura, a defensa do idioma, a defensa dos nosos sectores produtivos, da nosa maneira de ser. E todo iso é unha mensaxe que conecta perfectamente co sentir dos cidadáns que viven en Galiza e tamen dos que viven fóra. Polo tanto, eu penso que calquera cidadán galego, neste momento, podería estar en disposición de apoiar o BNG porque ten unha mensaxe e un obxectivo que conecta perfectamente co seu sentimento. Adóitase escoitar moito nestes tempos que os galegos da emigración nin saben nin se interesan polo que pasa na terra.

Cal é a impresión que leva, agora que percorreu Montevideo e Bos Aires?

Pois a verdade é que eu levo unha impresión completamente contraria a esa afirmación. É certo que tiven ocasión de entrar en contacto cunha parte mínima da gran colectividade que vive en Montevideo e en Bos Aires. Pero tamén é representativa porque son xentes de asociacións de empresarios, distintos centros galegos, asociacións, federacións galegas e demais. E a verdade é que alí me atopei unha xente que verdadeiramente sabe o que está pasando en Galiza, sabe o que se está levando a cabo dende o Goberno galego, ten un grande interese por todo o que signifique Galiza; seguen os medios de comunicación a través das novas tecnoloxías (como é a TVG e a Radio Galega) e polo tanto lévome unha impresión totalmente contraria a esa idea de que os galegos que están fora non se enteran de nada da realidade que hai en Galiza. Vexo xente informada, xente interesada, xente que lle preocupa Galiza e todo o que teña que ver con Galiza e polo tanto eu o que quero é deixar claro o compromiso do BNG con estes cidadáns galegos que para nós teñen que ter exactamente os mesmos dereitos e tamén os mesmos deberes que teñen os cidadáns que viven en Galiza. Penso tamén que temos que facer un esforzo por trasladarlles a estes cidadáns cal é o pensamento do BNG, que defende o BNG para os emigrantes, e cal é o traballo que estamos facendo, porque estamos seguros de que na medida que coñezan ese traballo e ese compromiso coa emigración, o BNG comezará a recibir un apoio similar ao que ten en Galiza. Sen dúbida, o nacionalismo é -pola súa historia- a corrente política que mais vínculo ten coa emigración.

Cal é a situación do BNG en Uruguai e Arxentina, e cales terían que ser os próximos pasos?

Efectivamente, o pensamento galeguista, xermolo do nacionalismo que hoxe está asentado en Galiza, perviviu durante os anos da Dictadura en boa medida grazas á actividade dos nosos emigrantes e fundamentalmente dos nosos emigrantes en América, en Montevideo e en Bos Aires. Polo tanto, a ligazón do actual nacionalismo que representa o BNG co anterior galeguismo é absolutamente total e polo tanto tamén é total co noso mundo da emigración. Por iso, eu penso que o BNG ten que redoblar ese compromiso, ten que redoblar eses esforzos dirixidos á emigración e que os emigrantes perciben claramente que o BNG é unha forza amiga e unha forza que está aí defendendo os seus intereses e que polo tanto esa expresión de galeguidade e esa expresión de cariño e de orgullo de sentirse galegos que teñen moitos dos nosos emigrantes o canalicen politicamente a traves do BNG. Os compromisos e os retos a futuro do BNG cara á emigración teñen que pasar por extender a nosa organización fundamentalmente a aqueles territorios onde hai unha concentración maior de galegos e de galegas. Dende as áreas de Goberno nas que temos responsabilidade de dirixir, temos que implementar politicas dirixidas tamen aos nosos emigrantes. Quizais, a nosa proposta estrela dentro do programa electoral para a nosa colectividade fóra de Galiza é a realización dun censo socioeconómico que nos permita saber con claridade cal é a situación dos nosos emigrantes e unha vez que teñamos claro iso dirixir actuacións no que ten que ver co benestar, cos lazos empresariais, vínculos culturais, lingüísticos e demáis, dun xeito ordenado e reforzando sempre ese sentimento de galeguidade que teñen os emigrantes e que baixo ningún concepto se pode perder. E tamén facendo un traballo moi importante, non só cos emigrantes de primeira xeración, que desgraciadamente pola súa idade cada vez quedan menos, senón un traballo dirixido a captar ese sentimento de galeguidade dos fillos e dos netos deses emigrantes.

Encontro co Senador Xosé Manuel Pérez Bouza

Francisco Lores Mascato presentou, na sua condiciòn de Portavoz do Bloque Nacionalista Galego (BNG) na Arxentina, ao Senador Xosé Manuel Pérez Bouza en Bos Aires .

A presentaciòn do programa de goberno levouse a cabo no Salòn Arturo Cuadrado da Federaciòn de Asociacions Galegas da Repùblica Arxentina .

O salon Arturo Cuadrado veuse colmado na sua capacidade e o acto finalizou ca entonaciòn do hino galego.

Xosè Manuel Perez Bouza desmintiu, unha vez mais, que fose certo que ao BNG non lle interesa a emigraciòn.

"Se iso fora certo, eu non estarìa agora con Vostédes aquì, xa que son un galego que naceu en Venezuela que hoxe ten a honra de representar aos galegos", dixo Perez Bouza, quen ademais estivo respondendo todas as inquietudes dos presentes que quixesen saber mais sobre o novo programa do seu partido e todo o feito hasta hoxe.

Fonte: Xuntanza Dixital
15-02-09
xuntanza@xuntanza.com.ar

Proposta Eleitoral 2009 - Emigración



Galiza sufriu intensas e continuas migracións ao longo dos dous últimos séculos, por razóns socioeconó­micas e políticas. A emigración galega foi un fenómeno que provocou un impacto demográfico, socioeco­nómico, cultural e político na nosa sociedade. Consecuencia destes intensos e continuos movementos migratorios, a poboación galega está dispersa polo mundo, existindo polo tanto unha diáspora que forma parte da nosa identidade nacional e que debemos de considerar como parte do noso país.

Este fenómeno demográfico que hoxe, nun mundo globalizado en todos os eidos, tamén está interrelacio­nado cos procesos inmigratorios cara a Galiza, continúa aínda a afectar a xente nova, formada e cualificada en Galiza, que procuran un traballo e un futuro dignos lonxe da nosa terra, pois non atopan suficientes posibilidades de desenvolvemento profesional no país acorde co seu nivel formativo ou cun nivel mínimo de dignidade laboral e salarial.

A realidade actual da diáspora galega presenta unha complexa heteroxeneidade, produto dos diferentes tipos de migración do pasado e do presente. Esta heteroxeneidade, ademais da disparidade territorial, implica que malia as diferentes situacións e circunstancias espaciais e vitais, debe promoverse unha política integral cara a diáspora baseada na dignificación desta realidade e no xusto tratamento institucional.

Esta política estará ademais estreitamente ligada coa política de acción exterior do Goberno galego, na que terán un eixo fundamental as relacións coas galegas e galegos no mundo, fomentando maior comunicación e unha nova política de proxección internacional para Galiza.

A relación coa poboación galega no exterior debe fuxir da aplicación de criterios paternalistas e partidistas, e basearse na igualdade real e da equidade no tratamento, partindo da aplicación das políticas concre­tas, adaptando o nivel de relación ás diferentes necesidades e oportunidades e, en especial, partindo da consideración das galegas e galegos residentes no exterior como cidadáns e cidadás suxeitos a dereitos e deberes sociais, culturais e económicos.

O BNG vén afirmando o seu compromiso a prol da igualdade entre os galegos e galegas, con independencia do seu lugar de residencia e polo tanto, lexislará para o conxunto da cidadanía galega, cunha política dirixi­da a unha Galiza global que inclúa a que reside no país como a que reside no exterior. Como plasmación deste, a acción de Goberno do BNG en materia de emigración nuclearase arredor da plena equiparación dos dereitos e deberes sociais, culturais, económicos, civís e políticos da cidadanía residente no exterior, que se concreta tanto en facilitar o acceso a un nivel de servizos sociais e prestacións asistenciais básicas, como en garantir unha participación política de xeito libre e democrático, así como no acceso á nosa cultura e lingua.

III.7.1. Obxectivos

Co fin de atinxir esa igualdade real, o BNG fíxase os seguintes obxectivos:

• Garantir o acceso á información dos dereitos e deberes das galegas e galegos no exterior, obxectivo que non foi aínda cumprido.

• Promover a mellora do nivel de protección e cobertura social dos galegos e galegas emigrados que se atopan en situacións de necesidade e pobreza, partindo da inclusión social como base de relación para garantir a igualdade real e efectiva.

• Garantir uns niveis de cobertura e asistencia social básicos a todas as persoas emigrantes orixinarias de Galiza por medio do estabelecemento dunha rede asistencial estábel, en colaboración coa Administración central do Estado e cos poderes públicos dos lugares de residencia da poboación galega, en especial onde exista poboación maior con escaseza de recursos.

• Asegurar o financiamento público suficiente para estender e mellorar a rede asistencial e sanitaria á emi­gración, reclamando ao Estado español, as competencias e orzamento que debería recibir Galiza pola súa poboación no exterior.

• Elaborar unha Lei dirixida ás persoas e entidades galegas no exterior –colectividades galegas e teci­do asociativo–, coa implantación dun novo sistema de interlocución e participación, que permita un maior contacto e unha adecuación á realidade, baseada na información mutua entre as institucións galegas e a cidadanía e entidades, con requirimentos en condicións de concorrencia competitiva baseada na igualdade e na información.

• Articular un reparto das axudas públicas ás Comunidades galegas no exterior e tecido asociativo, que erradique o clientelismo e promova accións conxuntas de tipo social e cultural e non-illadas, instando a partillar proxectos e servizos entre colectivos.

• Manter vivos os vínculos lingüísticos e culturais coas persoas de orixe galega e os seus descendentes que residen fóra de Galiza, así como coas colectividades galegas e entidades asociativas organizadas no exterior.

• Favorecer o retorno como opción, e a inclusión social, cultural e económica dos e das emigrantes que retornan, promovendo a información en orixe e á chegada a Galiza a nivel local e autonómico.

• Fomentar as relacións empresariais e comerciais que poidan abrirse cos grupos de empresarios galegos no exterior, así como do fomento das relacións internacionais que abren a existencia de contactos a través da nosa cidadanía, en moitos lugares do mundo.

III.7.2. Medidas de goberno

O Goberno do BNG aplicará as medidas de goberno dirixidas á poboación galega residente na diáspora:

• Realización do Censo Socioeconómico da Emigración Galega no exterior, en colaboración cos poderes públicos dos Estados de residencia das galegas e galegos, en especial de América Latina, co fin de detec­tar os casos de maior necesidade dun xeito real e non sobre datos aleatorios ou en función de que posúa maior acceso a información das axudas sociais.

• Deseño dun Plano de asistencia sanitaria e servizos asistenciais, con base no Censo Socioeconómico da Emigración Galega, que permita cubrir as deficiencias dos sistemas sociosanitarios de protección social dos países de acollida dos emigrantes galegos que non conten cun sistema sanitario e asistencial con cobertura suficiente e que permita asistir a persoas en estado de necesidade ou pobreza, ou dependencia grave, cun sistema de concorrencia competitiva e publicidade e co estudo de extensión do abano subxec­tivo destas.

• Eliminación da opacidade e minifundismo das axudas e subvencións existentes dirixidas ás colectividades galegas, así como facilitación da información e supresión das trabas burocráticas existentes; e implanta­ción dun plan xenérico e integral que atenda a obxectivos sociais e culturais, á participación democrática e no seu funcionamento, á normalización lingüística e á igualdade en materia de xénero e de participación e acceso aos e ás descendentes na vida societaria, así como á planificación conxunta de actividades entre varias sociedades.

• Estabelecemento dun plano de retorno para os galegos e galegas emigrados que teña en conta a heteroxe­neidade das situacións, que implemente medidas de información, asesoramento, formación, orientación e reorientación profesional, así como igualdade na concesión de prestacións sociais e económicas ás percibidas polas persoas residentes en Galiza.

• Cooperación cos poderes públicos do Estado na consecución de convenios de atención social e sanitaria no exterior e reclamación das transferencias das competencias e orzamento para Galiza que corresponden en función da súa poboación no exterior; negociación da validación dos dereitos recoñecidos noutros Estados e exixencia do cumprimento dos convenios en vigor.

• Política de información e difusión dos dereitos dos galegos e galegas no exterior a través dos medios de comunicación públicos.

• Acceso ao coñecemento da nosa historia, lingua e cultura, coa posta en marcha dun Plano de Acción Cultural Exterior, cun programa de acción internacional de promoción, información e difusión da Lingua e Cultura Galega coa creación do Instituto Castelao de Lingua e Cultura Galega. Promoción dunha maior difusión informativa que posibilite unha relación en igualdade e un maior fomento da realidade do fenóme­no migratorio, a través dos medios de comunicación públicos, coa implantación de programas dirixidos aos galegos e descendentes e implantación dun curso de galego a través da canle da televisión pública e da súa paxina web. Apoio ás escolas de América Latina (Arxentina e Venezuela) onde xa se imparten aulas oficiais de cultura e literatura galega e fomento de convenios coas escolas do Estado español e entidades diplomáticas culturais estatais no exterior, como Consulados e Instituto Cervantes, para a implantación de cursos de lingua e cultura galega a descendentes, así como posibilidade de convenios con escolas públicas en lugares con numerosa poboación galega, e igualmente, posibilidade de impartir en maior número e con recoñecemento oficial, os cursos de galego nos centros galegos.

• Fomento dos intercambios universitarios, e reorganización territorial e funcional do estabelecemento de lectorados de Lingua e Cultura Galegas, fomentando a instalación en lugares onde exista numerosa poboación galega e descendentes.

• Relación das Delegacións Exteriores da Xunta coa poboación galega no exterior e fomento da cooperación en todos os eidos.

• Fomento das relacións empresariais e dos proxectos emprendedores da diáspora en relación con Galiza.

• Exixencia da reforma da Lei Orgánica de Réxime Electoral Xeral co fin de garantir a participación política das galegas e galegos en condicións de igualdade e garantías democráticas, sendo urxente e prioritaria a implantación do voto en urna, e a depuración do CERA, así como a aplicación dun regulamento que evite o masivo falseamento do voto por correo.

1 de marzo de 2008

PROGRAMA ELEITORAL ELECCIONS XERAIS 2008

IV.1.9.1 Emigración

A política do BNG a respecto da emigración xirará arredor de dous eixes: retorno e igualdade real. Neste sentido, a participación do nacionalismo no Goberno galego está a contribuír a que se creen na Galiza as condicións económicas e sociais necesarias para permitir o retorno ao país dos galegos e das galegas que o desexaren.

A aprobación no Estado da Lei que regula o Estatuto da cidadanía no exterior, á que o BNG contribuíu positivamente, constituíu un avance no recoñecemento de dereitos para as persoas emigrantes, mais cómpre crearmos as condicións para esta non ficar nunha simple norma declarativa de dereitos sen mecanismos que permitan facer efectivo o seu cumprimento. É por iso que o BNG defenderá a aplicación de políticas prácticas que eliminen todos os obstáculos que dificultan o retorno e o agrupamento dos familiares na Galiza, e defenderá que o desenvolvemento regulamentario do Estatuto da cidadanía no exterior permita, de xeito efectivo, que os galegos e as galegas emigrados conten como cidadáns á hora de accederen aos servizos sociais e ás prestacións asistenciais básicas. Con esta finalidade, as liñas xerais das políticas que o BNG defenderá en materia de emigración serán as seguintes:

- Deseñar un plan de asistencia sanitaria e servizos sociais que permita cubrir as deficiencias dos sistemas sociosanitarios e de protección social dos países de acollida dos/as emigrantes galegos/as que non conten cun sistema sanitario con cobertura suficiente, a fin de garantir uns niveis asistenciais mínimos a todas as persoas emigrantes orixinarias da Galiza.

- Aclarar o réxime de exercicio dos dereitos políticos por parte dos emigrantes que posúan a dupla nacionalidade, conforme aos tratados internacionais e aos convenios de dupla nacionalidade.

- Difundir e promover acceso ao ensino da lingua e da cultura galegas nos centros galegos, permitir o acceso á obtención do CELGA nas institucións e organismos dependentes do Estado español no estranxeiro e incluír a lingua, a literatura e a historia de Galiza nos centros españois formativos abertos no estranxeiro para atender a instrución do alumnado de orixe galega.

- Esixir a inclusión regular da lingua galega na programación exterior de RNE e TVE, especialmente daqueles programas dedicados especificamente á emigración.

- Potenciar os mecanismos de participación institucional entre a emigración e a Administración, mellorando e complementando o papel que posúe actualmente o Consello da Emigración.

- Ampliar os medios humanos e materiais nas embaixadas e nas oficinas consulares, para axilizar a tramitación burocrática e dotar dunha información máis precisa e rápida as persoas emigrantes que solicitaren os servizos consulares.

IV.1.9.1.1 A reforma da LOREX

O BNG considera fundamental unha reforma da LEI ORGANICA DE REXIME ELEITORAL XERAL DE 1985 permita o estabelecemento dun réxime electoral que supoña un avance no sistema democrático. Para iso, o BNG defenderá a reforma da LOREX para regular o sufraxio de acordo cos seguintes criterios:

- Nas eleccións a Cortes Xerais e ao Parlamento europeo, o dereito de sufraxio corresponderá ás persoas residentes en territorio estatal e, no caso das non residentes, a quen nacese ou residise un mínimo de anos en territorio estatal, sempre e cando non tiveren recoñecido este dereito no país da súa residencia.

- Nas eleccións locais a participación debe limitarse ás persoas residentes no municipio, de tal maneira que se inclúan as non comunitarias que residisen de forma permanente e continua nestes nos cinco anos anteriores áconvocatoria. Nas eleccións autonómicas a participación limitarase aos/ás cidadáns/ás residentes en Galiza.

- Nas eleccións xerais e europeas a acreditación da condición de elector/a das persoas residentes ausentes faraa de oficio a administración electoral por medio do cruce de datos do censo cos estados en que estas persoas residan e promoverá, de ser o caso, a realización ou a modificación de convenios internacionais que a fagan posíbel.

- Modificarase o actual sistema electoral para estabelecer unha circunscrición electoral propia para as persoas residentes ausentes nas eleccións a Cortes Xerais. No entanto, e de conformidade co principio constitucional de representación proporcional, a distribución de escanos entre as diferentes circunscricións provinciais debe facerse en función do censo electoral, incluído o censo especial de residentes no exterior.

- Reformarase o procedemento electoral, de xeito que se equipare efectivamente o voto interior e o voto exterior a través da constitución de mesas e colexios electorais no exterior e do voto por correspondencia rogado para quen non vote de forma presencial.

- Regularase a campaña electoral no exterior.

28 de febrero de 2008

Davila: "O debate Rajoy-Zapatero demostra que se Galiza está presente no Estado é grazas ao BNG"

A candidata nacionalista subliñou que “o BNG tome a dirección que tome sempre aterra na Galiza” e preguntou “quen negociou incrementos das partidas para Galiza nos Orzamentos do Estado? Moi fácil, o BNG”
Tui, 26 Febreiro 08.-
A candidata do BNG ao Congreso por Pontevedra, Olaia Fernández Davila, afirmou este serán en Tui que “o debate de onte entre Zapatero e Rajoy veu a demostrar que se Galiza quer estar presente no Estado é só através do BNG, ninguén máis é capaz de representar os seus intereses como o nacionalismo galego”.
Davila sinalou ao respeito que “en case dúas horas de debate nen o candidato do PSOE nen o candidato do PP foron quen siquera de mencionar ao noso país. E mira que nomearon a outros territorios. Por suposto apareceu Catalunya, apareceu Euskadi, incluso apareceu Aragón pero nen palabriña de Galiza”.
"Xa é hora de que contemos como os cataláns ou como os vascos e para iso é necesario reforzar ao BNG" é o turno de Galiza
Neste sentido, subliñou que “xa é hora de que contemos como os cataláns ou como os vascos e para iso é necesario reforzar ao BNG. Para iso é preciso que votedes ao BNG, que nos fagades fortes nas Cortes do Estado para posibilitar o medre da influencia de Galiza, para determinar e ser decisivos en todo o que nos afecta como son as decisións e as medidas destinadas aos nosos sectores produtivos. Temos que decidir nós o noso futuro, os galegos e as galegas, porque o PP e o PSOE, xa o vedes, están atados aos designios das súas centrais en Madrid. Esa é a direción que toman sempre que teñen que marcar prioridades”.
“O BNG tome a direción que tome sempre aterra na Galiza. Traballamos desde e para o pais, e esa é a reflexión que a cidadanía galega ten que facer. Quen negociou os incrementos de partidas nos Orzamentos Xerais do Estado para as infraestruturas ferroviarias e viarias de Galiza, para as actuacións medioambientais, para a seguridade vial das estradas galegas, para o desenvolvemento rural galego ou para o desenvolvemento tecnolóxico do pais? O BNG. O PP nada fixo, e co PSOE no Goberno se Galiza chegou até os 2000 millóns de euros para este ano 2008 é grazas á negociación dos nacionalistas galegos, grazas ás condicións que puxemos enriba da mesa para apoiar as contas do Estado, grazas as propostas en todas estas materias que realizamos”, enfatizou a candidata nacionalista.
Lembrou a partida de 6 millóns de euros lograda polos nacionalistas galegos nos Orzamentos Xerais para este ano 2008 en concepto de mellora da calidade das augas en Guillarei e outras localidades

Quintana chama a votar como galegos para convertir as ideas en feitos o 9-M

Santiago de Compostela, 27 Febreiro 08.-
O portavoz nacional do BNG pedíu aos galegos e galegas que “utilicemos as elecións do día 9 para cambiar en feitos a idea de ter unha Galiza forte e decisiva en Madrid. Votemos como galegos”, continuou, “consigamos que o Bloque Nacionalista Galego teña capacidade de decisión en Madrid porque iso vai ser bo para Galiza e vai significar máis respeto para Galiza, máis benestar para os galegos e galegas e iso será bo para Galiza, pero tamén para a democracia e o progreso do Estado español”.
Aludíu na súa intervención final a Castelao coa frase na que aseguraba que “o heroísmo é aquel que consiste en convertir as ideas en feitos” e asegurou que “a maioría dos galegos queren unha Galiza con máis peso en Madrid, que teña capacidade de decisión en Madrid”.
Quintana amosou a súa “satisfación” polo feito de que a TVG puidera finalmente celebrar este debate. “Non foi sin tempo”, comentou, ao tempo que asegurou que “con isto metemos a Galiza no debate. Xogámonos moito. Galiza ten que ter peso e capacidadede decisión e isto só será posíbel se o BNG ten forza en madrid”, continou, “estou seguro de que isto é bo para Galiza”.
“Apoiar a economía produtiva cunha aposta decidida pola innovación e a competitividade e por valorizar os nosos recursos enerxéticos”.
Economía
Fronte á mensaxe “catastrofista” do PP e a “compracencia do PSOE, o líder do Bloque falou de “un novo momento económico, chámeselle desaceleración ou como queiran” e inisistíu en que, para combater isto, “pódense facer cousas desde Galiza e desde o Estado, pensando en Galiza”.
O portavoz nacional insistíu na necesidade de “apoiar a economía produtiva, os nosos sectores económicos puxantes, cunha aposta decidida pola innovación e a competitividade e valorizar os nosos recursos enerxéticos”.
“Hai que pensar na xente humilde”, continuou, “por iso hai que mellorar o acceso aos servizos públicos, tendo en conta que cada vez que hai unha crise, Galiza sempre acaba levando a peor parte”.
O líder do Bloque apuntou na súa réplica que “o que toca agora é decidir que imos facer como galegos para que Galiza poida sair con éxito desta situación” e, neste sentido, lembrou que “temos sectores con grande capacidade de internacionalización, como o naval, ao que se lle están a pór trabas”. Quintana argumentou que “o único que pedimos é que nos deixen traballar”, polo que pedíu a PP e PSOE que se posicionen e digan se van estar “dispostos a reclamar que se poidan construír buques civís para poder xerar emprego”.
Fronte ao empeño dos líderes das forzas estatais en Galiza de esgrimir gráficos e cifras, o portavoz do BNG dixo que “a xente quere saber como imos mellorar a súa situación, ter acceso á vivenda” e aludíu ao Plan Sectorial de Vivenda protexida que ten posto en marcha o goberno galego sobre o que explicou que “o que fai falta que Madrid non interrumpa o noso traballo e teñamos fondos para facer esta vivenda protexida”.
Quintana amosou unha foto da manifestación de Nunca Máis en Madrid
Infraestruturas
O líder nacionalista e vicepresidente da Xunta acusou ao presidente do PpdeG de “ir de pedichóns cando non gobernan en Madrid, e, sen embargo, cando gobernan non piden nada. Hai que ser coherentes”, apuntou.
Anxo Quintana lembrou os logros acadados polo nacionalismo como os investimentos de máis do 8% en infraestruturas para Galiza nos últimos tres anos. “Certificamos ese paso en base a un acordo de Estado”, polo que instou aos líderes das outras forzas a “dicir o mesmo aquí e en Madrid”.
O portavoz nacional lembrou o ascenso nos investimentos nesta materia desde os 400 millóns de euros da época do PP aos máis de 2.000 negociados polo BNG e respostou a Feijóo na súa réplica que “Galiza sufre un retraso en infraestruturas” e afirmou que “temos que seguir contando con forza decisiva en Madrid para poder nivelarnos a nivel de infraestruturas. Non pode ser que cando gobernemos en Madrid todo estea ben e cando non, todo está mal”.
Despois de que Feijóo e Touriño amosasen na súa intervención máis gráficos e cifras, Quintana amosou unha foto da manifestación na que hai cinco anos milleiros de galegos e galegas foron reclamar a Madrid as competencias en Salvamento Marítimo. “Poden ensinar os mapas que queiran, porque cando empezou a crecer o investimento en Galiza foi a partir de aquí. Os galegos non fomos a chorar a Madrid, fomos a reclamar o que nos corresponde” e chamou a trasladar ese espírito exhibido nas manifestacións de Nunca Máis “ese orgullo de sermos galegos” ás votacións do 9 de marzo, para conseguirmos ese respeito “a base de representación política decisiva”.
Autogoberno
"Se non temos Estatuto é porque vostede non quixo, señor Feijoo"O líder do BNG lembrou que, no debate estatal, “Rajoy falou de moitos estatutos, pero non mencionou o galego e, se non temos Estatuto é porque vostede non quixo, señor Feijóo”, polo que lle pedíu que diga aos galegos “se van seguir negando a posibilidade de que Galiza teña un Estatuto de primeira”.
Anxo Quintana criticou que o líder estatal do PP veña de “dicir que España vaise romper e que aposte por iso por unha recentralización e agora aposte por recuperar competencias, en base a unha idea centralista e carca”. Fronte a isto, o líder do BNG defendeu un estado “plurinacional, cooperativo, que traballe en rede”.
Fronte ás acusacións de Feijóo encerellado nas críticas á postura do BNG durante a negociación do Novo Estatuto, Quintana retouno a que aclare “se Galiza vai ter un Estauto de primeira ou se perderemos estatus fronte a Euscadi e Cataluña”.
O portavoz nacionalista aludíu ao interese dos galegos e galegas por ter competencias de tráfico “porque pensan que desde aquí as xestionaremos mellor”, polo que insistíu en retar ás forzas estatais a que se posicionen e acusou a Feijóo de “seguir as indicacións dese predicador radiofónico que non lles permite facer nada que non sexa da España rancia e caduca”.
Políticas sociais e igualdade
O portavoz nacional e vicepresidente defendeu a xestión que está a levar adiante nesta materia desde Galiza e insistíu en que o importante é “que ademais de ter dereitos, as persoas poidan exercelos”. Para isto é para o que se está a por en marcha o Sistema Galego de Benestar, “para atender a maiores e dependentes” e reclamou o 10% dos máis de 800 millóns de euros destinados a financiar a lei de dependencia para Galiza.
Quintana criticou a situación que o PP deixou en Galiza neste eido, “á cola en prazas de residencias”. Sobre as políticas de igualdade, que estiveron ausentes nos discursos de Feijóo e Touriño, o portavoz nacional lembrou o labor que está a se facer en creación de prazas de escolas infantís e reclamou unha lei de prazos que despenalice o aborto, “é unha necesidade e un dereito democrático”, concluíu.

19 de febrero de 2008

Jorquera critica 'o escándalo indecente dun PP e dun PSOE que rivalizan en utlizar o voto da emigración como mercancía eleitoral'

O número un ao Congreso por A Coruña insta aos partidos estatais a secundar a proposta nacionalista para reformar a lei eleitoral nos primeiros seis meses da nova lexislatura

Santiago de Compostela, 14 Febreiro 08. O número un ao Congreso por A Coruña, Francisco Jorquera, criticou hoxe o “escándalo indecente que protagonizan PP e PSOE ao rivalizar en utilizar o voto da emigración como mercadoría eleitoral”.
Através deste comunicado de imprensa, o candidato nacionalista sai ao paso da denuncia feita polo Partido Popular sobre a suposta utilización de fundos públicos por parte do PSOE para sufragar a campaña eleitoral dos socialistas na emigración nas pasadas eleccións municipais.
“É unha denuncia feita desde a hipocresía, porque o PP denuncia xusto o que ten practicado en innumerábeis ocasións. Uns e outros están a dar un espectáculo verdadeiramente bochornoso e están a faltar o respeito á sociedade galega”, avalía Jorquera.
O cabeza de lista do BNG insta aos partidos estatais a que “deixen de utilizar os emigrantes para obter réditos eleitorais” e a que secunden a proposta do BNG de reformar a lei eleitoral nos primeiros seis meses da nova lexislatura.
“Do que se trata é de garantir aos emigrantes que van poder exercer os seus dereitos libre e limpamente, sen que ninguén os poda utilizar como carnaza eleitoral. Do que se trata é de reformar a lei para acabar coas prácticas irregulares e co escándalo antidemocrático en que se ten convertido o voto dos residentes ausentes”, engade o número un frentista ao Congreso.
“O lamentábel é vermos que PP e PSOE carecen de nengunha proposta construtiva para mellorar as condicións de vida dos residentes ausentes. É vermos que a súa situación non lles interesa o máis mínimo. Só lles interesa manipular o seu voto”, conclúe.

14 de febrero de 2008

Quintana asegura que Galeuscat é a auténtica alternativa política no Estado e cualifica de 'antigo' o modelo das forzas estatais



O líder nacionalista di que 'o programa do PP está nas antípodas das nosas propostas, pero tampouco estamos aquí para dar un cheque en branco ao Partido Socialista'

Madrid, 13 Febreiro 08.- O portavoz nacional do BNG, Anxo Quintana, e o número un do BNG ao Congreso pola Coruña, Francisco Jorquera, participaron esta mañá en Madrid nun acto no que se presentaron as propostas programáticas conxuntas da plataforma Galeuscat para as xerais 08.
Durante a súa intervención, Quintana explicou que as forzas nacionalistas son a “alternativa” no debate político estatal e explicitou que temas como o modelo territorial “non poden estar completamente monopolizados polas forzas políticas estatais”.

O portavoz nacional contrapuxo o modelo “antigo” que representan as tentativas “recentralizadoras” de PP e PSOE, “que pretenden que haxa un cerebro central, que todo o entende e sabe”, á alternativa dun nacionalismo que apresenta un modelo “democrático do Estado español, unha forma diferente de entender a política”.

De feito, o líder do BNG criticou que “se defenda tanto o diálogo como xeito de chegar a acordos en democracia e, paradoxalmente, se fale de xogo espúreo cando son os nacionalistas os que queren tomar parte nese diálogo”.

Proposta positiva do nacionalismo

A proposta “positiva” do nacionalismo contraponse, tal e como subliñou Quintana, á “crispación bipartidista” e asegurou que os “xogos florais de descualificación sen contido” deben ser substituídos polo “diálogo como camiño construtivo”.

Para iso ten elaborado Galeuscat a súa proposta conxunta que debullaron os líderes das tres forzas e os seus voceiros, Erkoreka, Jorquera e Sánchez Lliure (en substitución de Durán i Lleida). Esta proposta baséase no compromiso de “traballar construtivamente para colaborar na gobernabilidade do Estado”, tal e como subliñou Quintana.

Este traballo será “de catro anos”, especificou o líder do BNG e levará ás tres forzas de Galeuscat a se reunir despois do 10 de marzo, segundo anunciaron hoxe “para empezar a traballar”.

Presidencia nacionalista no Congreso ou no Senado

Anxo Quintana apuntou que o nacionalismo “non impón condicións”, mais si acude con propostas, entre as que non descartou a posibilidade de que exista, “e por que non?”, un presidente do Congreso ou do Senado, nacionalista, como demostración desa participación na gobernabilidade do Estado.

Sobre a conformación do futuro goberno do Estado, Quintana explicou que o BNG “non ten atavismo contra ningunha forza política” e non rexeita ningunha proposta, “estamos dispostos a dialogar”, mais aclarou que son os principios programáticos do PP os que fan imposíbel chegar a un acordo e advertiu de que “tampouco estamos aquípara estender ningún cheque en branco ao Partido Socialista”. “Na medida en que haxa entendemento e puntos de encontro co Partido Socialista, estamos dispostos a colaborar”, apuntou.

“Galeuscat dá un paso ao frente” dixo Quintana, e amosou o seu convencemento de que as forzas políticas que forman parte de Galeuscat “seremos decisivos na vindeira lexislatura”.

Propostas programáticas

Francisco Jorquera explicou na súa intervención algunhas das principais bases da proposta de reforma do Senado de Galeuscat, “profunda e ambiciosa”, segundo el mesmo subliñou.

O novo Senado debería ser unha auténtica cámara de representación territorial, con membros designados polas Comunidades Autónomas, de xeito que se modifiquen os criterios de composición e “se recoñezan os feitos diferenciais”.

Canto ás funcións, veríanse ampliadas para que o Senado sexa unha “cámara de primeira en moitas iniciativas lexislativas e os senadores de cada comunidade autónoma poidan ter dereito a veto en iniciativas que lles afecten de xeito directo”.

Estudar galego en Madrid

A perguntas dos xornalistas, ao final do acto, Quintana valorou a iniciativa de Esperanza Aguirre de posibilitar que os nenos estuden catalán en Madrid e amosou a súa esperanza de que “a partir de agora, non poñan pegas para que se estude galego en Galiza”.

6 de diciembre de 2007

QUINTANA presenta a un BNG disposto a xogar despois de marzo na "liga de nacions" do Estado.


O líder nacionalista presentou aos candidatos para as vindeiras eleccións cunha mensaxe clara pola evolución do autogoberno galego e rexeitou calquera pacto con Mariano Rajoy por ter as propostas “máis nocivas para Galiza”

Francisco Jorquera, Olaia Fernández, Paz Abraira e Iago Tabarés. Os catro candidatos do Bloque Nacionalista Galego para as vindeiras eleccións xerais de marzo foron presentados hoxe oficialmente polo líder da formación nacionalista, Anxo Quintana, xunto co lema para a cita coas urnas. Punto de partida e mensaxe de precampaña centrados na necesidade dunha maior presenza en Madrid que reforce o autogoberno galego e defina ao BNG como unha forza con valor dentro do Estado Español.
Para o vicepresidente da Xunta, o equipo que concorrerá nas urnas en marzo ten como obxectivo claro que Galiza, “non só o BNG”, obteña máis poder dentro dun Estado plurinacional “até o de agora monopolizado por Euskadi e Catalunya”. Unha “liga de nacións” na que o nacionalismo galego conseguiu entrar dende un punto de vista parlamentar e social, xa que a “sociedade entende que é o BNG” quen propiciou que sexa este o “mellor momento do nacionalismo galego”.
Ante unha lexislatura que xestionará “elementos moi importantes”, a formación que lidera Quintana ten como remanente de éxito o acadado con estes catro anos de goberno que terminan coa cita de marzo. Ter “liberado máis autogoberno” ou o “éxito do BNG na negociación dos orzamentos do Estado” servirán de base para que o nacionalismo representado polos catro candidatos consiga o mellor partido da Lei de Dependencia ou que a forza conseguida en Madrid esta lexislatura “se manteña co tempo”.
O BNG como “freo contra a recentralización”
“Máis forza en Madrid”, asegura Anxo Quintana, é un lema que “asinarían a maioría dos galegos” con independencia do logo do BNG escrito no cartel. Nestes termos referiuse o nacionalista á estratexia política do líder conservador, Mariano Rajoy. Quintana confesouse “abraiado” polas propostas recentralizadoras do Partido Popular, partido que marcou como promesa electoral a modificación do artigo 150.2 “non só para impedir maior autogoberno”, senón para que o Estado Español “recupere algunhas competencias como a Educación”.
Precisamente, insistiu Anxo Quintana, “será o BNG quen actúe contra esa recentralización” pretendida dende Xénova. A preguntas formuladas polos xornalistas, o líder do Bloque desbotou calquera posibilidade de acordo co partido de Rajoy ou Zaplana por ter as “propostas máis nocivas para Galiza”. Quintana asegurou que a formación frontista “non di que non a ningunha forza, pero si a determinadas ideas”. Ideas, as populares, que “favorecen ás minorías” e que “nunca terán o apoio do BNG”.
Política de Estado dende unha perspectiva do nacionalismo galego
“A prioridade do BNG é pedir cousas para o desenvolvemento de Galiza”, asegurou Anxo Quintana. Sen embargo, apuntou a unhas propostas nacionalistas aplicábeis á política de Estado. Referido a isto, o líder nacionalista apuntalou a política do Bloque máis aló desa “prioridade” que é Galiza, e indicou que a frente que dirixe “ten política laboral, internacional, social e territorial”.
Con ese ideario, o reto é o aumento de votos pero “sen pór límites á nosa ambición”. De cara ao mes de marzo, “mellor son dous parlamentarios sen un goberno de maiorías absolutas que cinco nun goberno con maioría absoluta”.


2 de diciembre de 2007

O BNG mostra a súa máis enérxica repulsa ante a nova manifestación da barbarie terrorista e chama á unidade de todas as forzas democráticas

Santiago de Compostela, 1 Decembro 07. O Bloque Nacionalista Galego quer mostrar a súa máis enérxica repulsa ante a nova manifestación da barbarie terrorista e a teimosía da banda ETA no uso irracional da violencia, que hoxe se ten saldado coa morte do garda civil Raúl Centeno en Franza.

O BNG transmite a súa solidariedade aos familiares e amigos desta nova vítima mortal do terrorismo e quer chamar á unidade das forzas con representación parlamentaria para non deixar nengunha fenda no bloque democrático no combate contra ETA.
ETA non ten outro futuro que o da súa inevitábel disolución por ser a súa existencia contraria a todo proxecto democrático e ao necesario respeito aos dereitos humanos, a comezar polo fundamental, o dereito á vida.

fonte www.bng-galiza.org