20 de abril de 2012

O BNG DEFENDE NA EUROCÁMARA O DEREITO DE ARXENTINA PARA DECIDIR SOBRE OS SEUS RECURSO ENERXÉTICOS EN BENEFICIO DO INTERESE PÚBLICO DOS SEUS CIDADÁNS

Estrasburgo, 18 abril de 2012 .-  A  eurodeputada do BNG, Ana Miranda, defendeu no Parlamento Europeo o "dereito dos pobos a exercer a súa soberanía para xestionar os propios recursos enerxéticos en beneficio da súa ciudadanía, en particular cando, como sucede neste caso, hai unha diverxencia evidente entre os intereses públicos e privados", en referencia ao conflito entre Arxentina e o Estado español por mor da empresa YPF.
A intervención de Miranda transcorreu durante o debate solicitado polo Partido Popular Europeo na Eurocámara, baixo o título "seguridade xurídica dos investimentos europeos fora de Europa". "Precisamente, en aras de esa proclamada seguridade xurídica, as empresas europeas deben tamén cumprir os seus  compromisos", argumentou a diputada nacionalista.
Sen embargo, denunciou, "YPF non cumpriu os seus acordos de investimento", pese a obtener un beneficio de 16.000 millóns en pouco máis dunha década, ao tempo que "comprometeu a suficiencia enerxética dun país soberano, provocando unha drástica caída da producción de crú e de gas", explicou na súa intervención".
A día de hoxe, "un país con capacidade para autoabastecerse, está obrigado a destinar 11.000 millóns de dólares a importar gas e petróleo, que podería adicar a satisfacer outras necesidades da súa población".
Miranda concluiu indicando que o Grupo Verdes-ALE, no que está integrado o BNG na Eurocámara, considera "lexítima" a decisión adoptada, por lo que pide á Unión Europea "que no obstaculice as negociaciones de Acuerdo con Mercosur, en base a un conflito pontual e illado".

www.anamiranda.eu
www.bng-galiza.org