16 de septiembre de 2012

ASEMBLEA DO B.N.G. NA ARXENTINA

ASEMBLEA  DO B.N.G. NA ARXENTINA

                                                                        Os afiliados do BNG da Arxentina, reunidos en asemblea, resolveron presentar a sua renuncia colectiva perante a Executiva Nacional.
Consideramos abandonados os principios que deron lugar a sua fundación na Asemblea de Riazor. Como causa común dun frente amplo, nacionalista, de esquerda, democrático e participativo, o BNG. deixou de ser o instrumento de cambio e transformación para a nosa querida Galiza.
As políticas posibilistas diluiron a loita polo dereito de autodeterminación e tamén o proiecto de cambio social.
Para alguns condutores do BNG, até hai pouco tempo, era o mesmo “ser de esquerda ou de dereita” e foi ese pragmatismo cómplice o que o levou en concesións paulatinas, a discriminar e negar os dereitos políticos da emigración contribuindo dese xeito ao divorcio entre a súa base social, a súa militancia comprometida, e unha dirección política autista que negou se a corrixir a súa deriva cara ó oportunismo de dereita.
Este proceso manifestouse no alonxamento e ruptura de amplos sectores populares co Bloque en Galiza, e o descrédito absoluto na emigración.

Os militantes do Bloque na Arxentina xamais renunciaremos a loita dos emigrados por unha república galega socialista. Rescatamos hoxe, incluindo segunda e terceira xeración, as mellares tradicións da loita do noso pobo. Sentémonos identificados cos nosos devanceiros: Castelaol, Ramón S. Picallo, Alonso Ríos, Luís Soto, Pepe Velo, José Gómez Galloso, Antonio Seoane, e tantos outros que coitaron. Temos presentes e somos herdeiros tamén do galego Soto da Patagonia Rebelde; de Adrián Troitiño, sindicalista o Uruguai; de Claudio Bouzón, premeiro mártir comunista cubano; do galego Mena, fundador da primeira guerrilla arxentina “Os Turuncos”; do galego Victor Fernandez Palmeiro, heroe revolucionario arxentino; do Comandante Fernando Hoyos, de Guatemala.
Sentímonos orgullosos dos galegos e galegas e os seus descendentes que combateron na revolución cubana: os irmáns Castro, os irmáns Diaz, os irmáns Ameixeiras, Oscar Fernandez Mel, os irmáns Trigo, José Luís Tasende de las Muñecas, Gildo Fleitas, os irmáns Santamaría, Antonio Lopez Fernando ( alias Ñico, el Gallego), familia Araujo, Fernando Chenar, Ramonín Mendez Cabezón e tantos outros.
Non hai moitos anos centos de galegos e os seus descendentes foron asesinados na Arxentina por defender os dereitos democráticos deste pais na loita pola liberación nacional deste pobo. Queremos lembrar algúns deles porque consideramos que están con nos nesta loita que levamos tanto na Arxentina como en Galiza, ou en algures, contra a inxustiza e o capitalismo.

Entre os compañeiros desaparecidos e asesinados na Arxentina, damos conta de Juan Carlos Casariego de Bel, José Caamaño Uzal, Salvador Barbeiro, Salvador Arestín, Antonio Díaz Lopez, Elsa Martínez Mesero, José Nicasio Fernandez Álvarez, Gonzalo Fernández Palmeiro, Ernesto Fernandez Vidal, Ramón García Ulloa, Manuel Gomez Aguirre, Urbano Fernández Lopez, José Manuel Monteagudo Ferreiro, Alberto Rascado Rodríguez, María Seoane Toimil, Manuel Soto Leston, Inés Ollero…….
Esta é a nosa raizame republicana de esquerda que se mantén no noso corazón nesta decisión de ser parte do suxeito histórico que quere construir unha Galiza nova en un mundo distinto.
De ningún xeito nos gaña o desánimo, somos conscientes de abordar novos desafios en solidaridade e estreita comuñón cos sectores máis dinámicos da sociedade galega: traballadores, xuventude, mulleres que aínda hoxe son as máis agredidas polas políticas neoliberais levadas adiante polo PSOE e agora polo PP que rematan por producir un retroceso profundo nas condicións de vida e traballo da gran maioría social galega e dos outros pobos de España.
O noso compromiso cunha Galiza soberana, de esquerdas e republicana segue a estar en pé. A responsabilidade de aportar na busca de construir un novo instrumento político esíxenos urxentemente autoconvocarnos en Asemblea. A tal fín convidamos a todos os inmigrantes galegos/as con vontade de traballar pola creación de unha nova organización de carácter asembleario, aberto e plural de integración individual e organización territorial.
Desde o noso espacio de loita bregaremos pola restitución plena do dereito ao voto para todos os emigrantes, e da mesma forma que os nosos irmáns en Galiza pensamos na necesidade de rexenerar un Novo Proiecto Común tendo como eixos principais: o seu carácter de esquerda, a participación republicana e a concepción soberanista.
Para os que hoxe decidimos abandonar ó BNG, ( a maioría dirixentes e militantes das distintas asociacions galegas), sinalamos claramente que a única alternativa contra o P. Popular nas próximas eleccións é construindo un gran frente amplo de esquerda, onde tamén poida incluirse Esquerda Unida. Para nós esta frente debe estar encabezado polo noso líder e referente Xosé Manuel Beiras, ao que consideramos o próximo candidato a presidente da Xunta de Galicia.
Rexeitamos todo tipo de chantaxe de outras organizacións afins que especulan con facer política coma no pasado: acordos de cúpulas, discurso moderado, máis posibilismo etc., nós consideramos que este proceso de inicio desde as bases é un novo xeito de facer política.

Os cidadáns estamos cansos da partidocracia e das prácticas inmorais de moitos políticos e é o que nos está ensinando as marchas do 15M. Por outra banda queremos sinalar que cando o BNG acadou maior éxito e arraigo político, foi cando Xosé Manuel Beiras expresaba un perfil de esquerdas e alternativo.
Como parte da colectividade galega da Arxentina, debemos estar e estaremos a altura desta nova responsabilidade histórica. Comprometémonos a traballar para construir este novo instrumento político e que o mesmo teña expresión orgánica noutros lugares da emigración incluindo os colectivos migratorios de Galiza.
Con este mesmo espíritu que nos anima queremos dirixirnos tamén aos nosos irmáns/ás inmigrantes en Uruguai, Venezuela, Brasil, Cuba, Suiza, Madrid, Barcelona e outros países para compartir e intercambiar a dita iniciativa de Asemblea Nacionalista de Esquerda no marco da construción do Novo Proiecto Común.
Logo da constitución das asambleas nacionalistas nos países onde se constrúa este proiecto común, é a nosa intención erixir unha asemblea internacional onde estén representadas as distintas organizacións a surxir deste proceso como así tamén a participación dos emigrantes retornados e dos emigrantes residentes en Galiza.
Bos Aires Xuño e Xullo do 2012