30 de junio de 2009

Comunicado de la Comisión de Asuntos Exteriores del Congreso de los Diputados respecto al golpe de Estado en Honduras.

Con absoluta unanimidad los portavoces de la Comisión de Asuntos Exteriores de todos los grupos parlamentarios del Congreso de los Diputados expresan su condena y completo rechazo del Golpe de Estado producido hoy en Honduras.

Manifiestan asimismo su deseo y exigencia de la reposición del Presidente Zelaya a sus funciones constitucionales, así como el regreso de los militares a sus acuartelamientos y al cumplimiento de sus funciones y deberes constitucionales.

Reclaman la inmediata puesta en libertad de todos los servidores públicos retenidos por los militares, así como de los representantes diplomáticos que han sufrido igual suerte.

Convocan a la comunidad internacional a colaborar para el restablecimiento de la normalidad democrática y constitucional en la República de Honduras.

En el Palacio del Congreso de los Diputados, a 28 de junio de 2009

28 de junio de 2009

O BNG pide que o Parlamento condene unanimemente as proclamas antigalegas da FAES

Consideran hipócrita e cínico que a FAES defenda a supresión das axudas ao idioma galego, cando esta fundación vai a recibir no 2009 máis de 2,7 millóns de euros.

O deputado do BNG no Parlamento de Galiza, Bieito Lobeira, vén de presentar unha proposición non de lei pola que insta á Cámara Galega a que manifeste "a súa máis enérxica condena e rexeitamento ás proclamas xenófobas e antigalegas realizadas pola fundación FAES".
Ademais, a iniciativa do BNG insta ao Goberno galego a que "a iniciativa propia, e tamén perante o Goberno español, utilice as medidas precisas a fin de que a fundación FAES cese de inmediato coas súas actitudes manifestamente hostís á diversidade nacional, lingüística e cultural existente no Estado Español e, específicamente, respecte o dereito do pobo galego á súa existencia política e ao exercicio pleno dos seus dereitos lingüísticos e culturais".
"Racismo e xenofobia"
Bieito Lobeira denuncia que a FAES, vinculada ao PP e presidida por José María Aznar, "utiliza a arma do racismo e da xenofobia para atacar, insultar e humillar aos galegos e galegas" nas súas publicacións e informes.
Pon como exemplo, o seu cuestionamento da existencia do idioma galego, ao que considera "una suma de variantes lingüísticas galaicas que, por comodidad, llamábamos gallego".
Ademais, a FAES ataca directamente o Estatuto de Autonomía de Galiza por considerar o galego a lingua propia de Galiza, ao defender que "el concepto de lengua propia (....) se trata, que duda cabe, de una idea predemocrática que legítima la prevalencia de una de las lenguas con respecto a la otra que, para más inri, es la única lengua oficial del Estado". Considera que as políticas de apoio ao noso idioma, regulada a través da Lei de Normalización Lingüística, aprobada en 1983 polo Parlamento Galego, "es la última de las extravagancias que atraviesa la historia de España".
Ademais, a FAES insinúa que durante os 40 anos da ditadura fascista de Franco a lingua galega non estivo prohibida asegurando que, no caso das publicacións, tivo "el mismo límite que tuvieron las producciones en castellano".
Por último, e entre outras mostras de afirmacións prexuizosas, a FAES critica as políticas de discriminación positiva a favor do galego, a lingua que está en situación de inferioridade, comparando co nulo efecto que estas políticas tamén tiveron, ao seu xuízo, sobre as mulleres e os negros.
"El caso de negros y mujeres en Estados Unidos a partir de 1970 con el de catalanohablantes y vascohablantes en España a partir de 1980, -a los gallegohablanes la hora les ha llegado más tarde- los efectos contraproducentes de la discriminación positiva son muy parecidos aquí y allí" (sic).
3,4 millóns de axudas públicasen 2008
Bieito Lobeira lembra que a fundación FAES "é a máis subvencionada polo Ministerio de Cultura do Goberno español". Así, no presente ano 2009 recibirá 2,68 millóns de euros para fomentar as súas actividades, cantidade á que compre acrecentar outros recursos procedentes dos Ministerios de Asuntos Exteriores e do Educación. En 2008 a FAES recibiu dos recursos públicos 3.348.470 euros.
Neste sentido, o deputado nacionalista considera "hipócrita e cínico que a FAES defenda a supresión das axudas ao idioma galego, canto esta fundación nun contexto de crise económica recibe unha cantidade moi importante de recursos públicos, que en troques de destinalos a combater a diversidade nacional, lingüística e cultural do Estado, se poderían destinar a fins máis altruístas
1 euro para o galego, 230 para o castelán
Por último, o parlamentario do BNG lembra que "por cada euro dedicado ao galego destínanse 230 ao español, incluíndo Instituto Cervantes, axudas á cinematografía en español, publicacións e edicións en español etc".

25 de junio de 2009

O BNG remitirá un informe á UNESCO e ao Consello de Europa para denunciar a vulneración da Carta Europea das Linguas



O grupo parlamentar nacionalista convidará ao Comité de Expertos do Consello Europeo a que veñan a comprobar “como no noso país a Administración sitúa o inglés por riba do idioma do país”
Santiago de Compostela, 20 Xuño 09.- Os deputados do BNG Carme Adán e Bieito Lobeira veñen de ofrecer unha rolda de prensa na que analizaron a actual situación da lingua no país e anunciaron que o nacionalismo galego vaise dirixir “á XXXV Conferencia da UNESCO, que se celebrará en outubro, para trasladar un informe de denuncia da situación que está a producirse no país”.


Asimesmo, tal e como anunciaron tamén os deputados do Bloque, esta fronte política vaise dirixir ao Consello de Europa para “denunciar a vulneración da Carta Europea das Linguas e convidaremos ao Comité de Expertos do Consello europeo para que veñan ao noso país a comprobar a situación de vulneración de dereitos lingüísticos que padecemos”.
O portavoz de Lingua, Bieito Lobeira, admitíu que se trata de “medidas extremas e extraordinarias ante unha situación extrema e extraordinaria” na que, tal e como denunciou, “o goberno galego está a situar o inglés por riba do idioma do país no rango administrativo”.
Como exemplo disto, o deputado mencionou que os novos criterios feitos públicos no DOG para designar cargos de alta responsabilidade –entre eles, o de director do CGAC- inclúen o dominio do español e do inglés e non o galego, ofrcendo mesmo un prazo de tempo para aprendelo.
Os deputados nacionalistas quixeron lembrar que o último informe do Comité de Expertos do Consello de Europa recoñecía avanzos no apoio e expansión do idioma galego como as galescolas ou o decreto da lingua e, tal e como explicou Lobeira, “queremos que veñan agora a comprobar o que sucede e recoller esta situación porque a Carta Europea das Linguas é un documento vinculante xuridicamente. É un texto de obrigado cumprimento e poden actuar a través do tribunal da Haia”.
Tal e como explicou o portavoz de Lingua, o que supón a actitude do PP no goberno é “pretender darlle ao galego un trato legal de dialecto” e lembroulles que “os resultados electorais nunca poden convertirse nun cheque en branco para conculcar os dereitos democráticos dos pobos”.
Enquisa sobre o idioma
A portavoz en materia de Educación, Carme Adán, referíuse de xeito máis específico á situación que se está a vivir no mundo do ensino e, en concreto, á enquisa que se está a distribuír para que os pais elixan a lingua que prefiren e que, tal e como indicou, “perxudica á maioría social e só potencia intereses minoritarios”.
Sobre este particular indicou que “a consulta non cumpríu os mínimos de rigor necesarios” e está a supoñer “toda unha serie de gastos non cuantificados, entre os que están as páxinas de publicidade bilingüe ou en castelán que se publican nos medios nun momento no que o PP fala de austeridade”.
Adán quixo destacar tamén que esta situación “servíu para amosar a madurez da comunidade educativa, tanto das equipas directivas, como equipas de normalización lingüística, como pais e nais que, nun momento caótico coma éste, no final de curso, teñen amosado o seu compromiso coa lingua propia de Galiza”.
A portavoz de Educación dirixíuse directamente ao Goberno para lle preguntar se “vai haber demisións das persoas responsábeis de enviar o comunicado enviado aos centros nos que se tenta amordazar a liberdade de expresión” e sobre o que xa se ten manifestado o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza.
Carme Adán denunciou, asemade, que non houbo “ningún tipo de comunicación ao Parlamento Galego sobre como se van avaliar os resultados ou que garantías existen sobre a custodia destes datos, nin tan sequera sabemos se haberá observadores externos”.
Esta enquisa supón, en opinión da portavoz de Educación, “dous recortes: unha cortina de fume para eliminar os libros gratuítos e os postos de 53 profesores e a tentativa de recortar a liberdade de expresión e tamén a do alumnado para acceder á competencia plena en galego”.

22 de junio de 2009

O BNG acusa ao Goberno do PP de "ser mero espectador ante a posíbel absorción das caixas galegas por entidades de fóra"


Santiago de Compostela, 19 Xuño 09.- O portavoz do Grupo Parlamentar do BNG, Carlos Aymerich, e o voceiro do BNG na Comisión de Economía e Facenda no Parlamento Galego, Fernando Blanco, compareceron este mediodía en rolda de prensa para criticar “a falla de iniciativa e de posicionamento” do Goberno galego ante a posíbel absorción das caixas de aforro galegos por entidades financeiras doutras Comunidades Autónomas.


“Risco de deslocalización financeira” Carlos Aymerich expresou “a preocupación do BNG porque así como o PP ten demostrado dende o Goberno o seu apoio á deslocalización industrial moito nos tememos que estea a favorecer a deslocalización financeira, co que os centros de decisión financeira quedarían fóra de Galiza”. “O Goberno galego está a ser mero espectador dun proceso moi importante para Galiza” Pola súa parte, Fernando Blanco criticou a postura de “mero espectador do Goberno do PP, co que da a entender que quere chegar a unha situación onde as caixas galegas se vexan absorvidas polas caixas foráneas”. O deputado do BNG advertiu de que “están en xogo non só miles de postos de traballo senón tamén que os centros de decisión financeira, e polo tanto de apoio ao tecido produtivo galego, sigan ou non en Galiza”. Neste sentido, Fernando Blanco esixe ao Goberno galego que “clarifique a súa posición” e, neste sentido, presentou unha interpelación no Cámara galega. Duplo raseiro coas caixas e cos bancos Por último, o parlamentario do BNG criticou “o duplo raseiro” que utiliza o Goberno para inxectar recursos públicos no sistema financeiro, xa que “cando concedeu axudas aos bancos non puxo ningún tipo de cortapisas e agora, para concederllas ás caixas de aforros, quere condicionalo a que as Comunidades Autónomas non teñan veto e a que haxa fusións interterritoriais”.

19 de junio de 2009

Carta do noso Portavoz Nacional "O PP de Feijóo fracasará onde fracasaron outros: ao BNG non hai quen o pare! "

Benquerid@s Amig@s
O Partido Popular ten un obxectivo político básico: inhabilitar o Bloque Nacionalista Galego como forza política de oposición. O PP sabe que o nacionalismo é a oposición real ao seu proxecto reaccionario e desgaleguizador. O PP non ten nada que ofrecer aos sectores sociais máis castigados pola crise económica e carece de alternativas para que os sectores produtivos estratéxicos do país -a comezar polo lácteo- podan saír da dramática situación na que se atopan. Como non ten nada positivo que ofrecer, o PP ten deseñado unha estratexia para que as alternativas programáticas que si ten o nacionalismo galego non saian á superficie e fiquen solapadas por unha nova campaña de intoxicación, mentira e difamación contra a nosa organización política.É máis: o propio conselleiro da Presidencia, Alfonso Rueda, nun xesto inaudito en calquera democracia avanzada, perpetrou unha chantaxe ao Bloque Nacionalista Galego. Se a oposición, afirma, continúa a denunciar ao Goberno “tiraremos á luz os escándalos do bipartito”. Pouco importa que os tales escándalos sexan unha cortina de fume pura e dura orquestrada polos servizos do propaganda gubernamentais. Pouco importa que o propio Partido Popular non poña en cuestión a legalidade de todas as actuacións feitas polo BNG desde o Goberno. Pouco importa que o propio BNG teña convidado ao PP a ir ao xulgado de considerar que houbese calquer irregularidade. Iso é o de menos. Do que se trata é de sementar a dúbida e de socavar un dos principais capitais do nacionalismo galego perante a sociedade: a ética e a honestidade que sempre caracterizou o exercicio da función pública por parte das nacionalistas e dos nacionalistas galegos.Debemos ter moi en conta cal é a estratexia do Partido Popular e a que intereses serve, aos intereses de perpetuar o dominio de grupos sociais minoritarios que consideran que o País é da súa propiedade e que non están dispostos a seren controlados democraticamente. Nesa mesma estratexia de intento de anulación do labor do BNG na oposición cabe inserirmos a aplicación enormemente restritiva que o PP fai do regulamento do Parlamento galego, dirixida a minguar até o límite a nosa capacidade de intervención na Cámara.O PP quer, por tanto, amordazar o nacionalismo galego porque sabe que é o BNG a única forza política que realmente cuestiona o seu proxecto reaccionario e anti-galego. Nun momento en que o País está atravesado por conflitos sociais e económicos que teñen a súa orixe na aplicación do recetario neoliberal, nun momento en que a sociedade galega asiste estupefacta a unha campaña de ataques sen precedentes contra a lingua galega, o PP quer neutralizar a única forza política que representa a outra Galiza posíbel, a Galiza das maiorías sociais, a Galiza orgullosa da súa lingua nacional.Estamos pois ante unha batalla política, a do Partido Popular contra o Bloque Nacionalista Galego. Todos e todas debemos ser conscientes de que esa é a verdadeira lóxica que subxace como trasfondo das denuncias falsas e fraudulentas do PP contra o BNG. Todos e todas debemos, pois, combater a mentira e a intoxicación e defendermos con máis enerxía se cabe as alternativas que representa o nacionalismo galego para este País.O Partido Popular de Feijóo non nos vai calar. Fracasará onde xa fracasaron outros. O BNG non vai demitir das súas responsabilidades perante a sociedade galega. O BNG vai apresentar unha oposición dura, contundente e exixente. O PP ten que deixarse de escusas e ten que se pór a gobernar xa, ten que explicitar que iniciativas políticas ten para enfrentar a gravísima crise económica que sofremos e ten que deixar dunha vez de agredir o idioma galego.Ese é o campo de xogo no que vai xogar o Bloque Nacionalista Galego. O BNG non vai xogar no campo de xogo que nos marquen aqueles que non moven un dedo mentres a nosa economía sofre a peor crise das últimas décadas e mentres o galego continúa retrocedendo. O BNG existe para defender este País e para que a democracia en Galiza sexa merecente de tal nome. E non nos dobregarán!Atentamente.

Guillerme Vázquez.Portavoz Nacional do BNG

O BNG expresa a súa máis enérxica condena perante o novo atentado mortal de ETA

Santiago de Compostela, 19 Xuño 09.
O Bloque Nacionalista Galego quer expresar a súa máis enérxica condena perante o atentado perpetrado hoxe por ETA que lle custou a vida a un inspector da Policía Nacional en Arrigorriaga. O BNG transmite as súas condolencias e a súa solidariedade á familia e aos achegados desta nova vítima mortal da barbarie terrorista. A formación nacionalista galega chama á unidade de todas as forzas políticas democráticas para enfrentar a ameaza do terror e expresa a súa seguridade de que o único horizonte que agarda a ETA é o horizonte da derrota e a desaparición.

16 de junio de 2009

Guillerme Vázquez acusa a Núñez Feijóo de apropiarse do "programa histórico do BNG" na súa visita a Zapatero



O voceiro do BNG advirte de que é un “paripé” e lamenta que en financiamento Feijóo estea máis preocupado polos límites que se impoñan a Cataluña que polas necesidades de Galiza
Santiago de Compostela, 15 Xuño 09.- O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, acusou hoxe a Núñez Feijóo de apropiarse do “programa histórico do BNG” na súa visita a Rodríguez Zapatero ao levar na axenda temas como a crise do sector lácteo, o veto a Navantia ou o financiamento, mais lamentou que no caso do presidente da Xunta vaia ser só “paripé”, non defensa real desas cuestións.

Neste sentido, Vázquez -que compareceu en rolda de prensa xunto a Carlos Aymerich logo da reunión ordinaria do grupo parlamentar- lembrou que, por exemplo, no caso das cotas lácteas e do veto, o PP sempre defendeu unha postura perxudicial para os intereses de Galiza, defendendo as primeiras e opoñéndose ao segundo.
Sobre o financiamento, criticou que Núñez Feijóo estea máis preocupado polos límites que se impoñan á financiación catalana que por ver o financiamento que Galiza realmente precisa.
"Temos un goberno negacionista coa estratexia deliberada de facer oposición da oposición".
O voceiro nacionalista incidiu na ausencia de labor de goberno e na súa estratexia deliberada de facer de “oposición da oposición”, con descalificacións día si e día tamén. “Temos un goberno negacionista –dixo- do que sabemos o que non quere pero non o que quere, salvo acabar co galego”.
Ante este escenario, advertiu de que o PP ten que adicarse a gobernar e o BNG vai exercer o seu labor de oposición, demostrando os incumprimentos e contradiccións do PP e presentando “as nosas alternativas”.
“Sabemos que imos estar sometidos a unha chantaxe permanente, se non baixamos a cabeza nos sacarán non sei cantas maldades, nese intento de botar tinta de lura para agochar a súas propias miserias, mais por ahí non nos van a calar”.
Guillerme Vázquez tamén se referiu aos problemas xurdidos na Cámára polo uso do regulamento que fai o PP “para silenciar á oposición, nomeadamente ao BNG”.
Neste sentido, lembrou que a democracia significa o respecto das minorías e así debía ser, por tanto, no Parlamento galego, favorecendo que todos os grupos poidan exercer o seu traballo.
“Se hai bronca no parlamento haberá que preguntarse por que e quen a provoca –en alusión ao PP- e asegurou que o que non se acaba discutindo dentro se discute fóra, e iso tamén o deben ter claro os populares”.

8 de junio de 2009

O BNG consegue o seu obxectivo de ter unha voz galega en Europa e Ana Miranda será deputada ano e medio

O portavoz nacional agradece aos galegos e galegas o seu apoio ao BNG
Santiago de Compostela, 7 Xuño 09.-
O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, vén de comparecer rodeado de membros da Executiva Nacional e da candidata Ana Miranda ante os medios de comunicación para avaliar os resultados destes comicios nos que o BNG acadou o seu obxectivo de ter unha voz galega en Europa e Ana Miranda ocupará un escano en Bruxelas durante un tempo aproximado de ano e medio.
O líder nacionalista quixo agradecer o apoio prestado por todos e todas e lanzou unha mensaxe ás persoas que votaron BNG: "o seu voto servirá para contribuír, modestamente, a construír un novo modelo de Unión Europea tan necesario, que responda mellor ás necesidades da maioría social".
Vázquez considerou os resultados "pouco positivos desde o punto de vista cuantitativo" mais aclarou que o Bloque non estaba "no mellor cenário posíbel, despois dun proceso eleitoral galego e dos esforzos que ten invertido tamén o BNG en resolver un proceso interno na Asemblea Nacional".
O número un do nacionalismo explicou que "PP e PSOE fixeron o posíbel e imposíbel para non suscitar debate e que non apareceran as eleccións" e, nese contexto, os resultados de máis de 100.000 votos e un 9,5% da porcentaxe que, tal e como apuntou foi a maior das forzas políticas integradas na coaligazón de Europa dos Pobos-Verdes.
"Son bos resultados se os consideramos desde o ponto de vista obxectivo de que os reultados que tiñamos marcados era obter representación no Parlamento Europeo e Ana Miranda vai ser eurodeputada en función dos acordos da coaligazón aproximadamente ano e medio e teremos a ventaxa impagábel de que os nosos intereses vanse defender a través dos representantes da coaligazón", concluíu.
"Recuperamos unha presenza que non tiñamos e iso será positivo para o BNG e para Galiza porque permitirá que os problemas do país non fiquen silenciados como aconteceu estes anos", asegurou, ao tempo que insistíu en que "estamos comprometidos en seguir traballando por este país cunha convicción absoluta de que somos necesarios neste país

3 de junio de 2009

"Os eurodeputados galegos do PP e PSOE xogan sempre co equipo de fóra"




O portavoz nacional do BNG lembra que para loitar polos problemas do país, como dicía Castelao, "abondaba con que se sentisen galegos"


O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, participou esta mañá na Faculdade de Económicas da Universidade de Santiago nun encontro con mozos e mozas no que tamén tomaron parte o candidato Xavier Vence, a secretaria xeral de Galiza Nova, Iria Aboi, e a cabeza de lista nacionalista aos comicios do domingo, Ana Miranda.
O portavoz nacionalista criticou que tanto PP como PSOE e os seus eurodeputados "xogan sempre co equipo de fóra", polo que, parafraseando a Castelao, apuntou que, para loitar de verdade polos problemas de Galiza e acadar resultados, "bastaba con que se sentisen galegos".
O número un do nacionalismo expuxo algúns dos principais problemas que castigan o pobo galego e indicou que "non é explicábel como Galiza perde poboación, mentres o resto do Estado crece", polo que aludiu os milleiros de mozos e mozas galegos que aínda se ven obrigados a emigrar.
Para combater esta situación, Vázquez avogou por un modelo de Europa "distinto", fronte á proposta única de PP e PSOE que non é outra que "o modelo de Sarkozy, Berlusconi ou Merkel, porque todos eles pediron o si á Constitución Europea".
O líder do Bloque reivindicou unha Europa "social, que respeite os dereitos dos traballadores e traballadoras, que apoie os servizos públicos, que garanta a libre interrupción do embarazo e cun modelo económico baseado na economía produtiva e no que Europa ten que xogar outro papel".
Ante un público formado por máis de cincuenta estudantes, o portavoz nacional cargou contra o "europapanatismo acrítico" e asegurou estar "cansado de oír á xente que di que temos unha tara xenética que nos fai incapaces de competir" e criticou tamén "aos que queren que nos suicidemos como pobo".
Ante isto, Vázquez recalcou o labor do BNG en eidos como a defensa do noso sector lácteo, a pesca ou o naval. "Nós levamos adiante estas reivindicacións e obrigamos os outros a dicir 'eu tamén'".
Ferrocarril transiberiano
O líder do Bloque criticou a situación das infraestruturas ferroviarias galegas e aludiu á "excusa" comunmente utilizada para xustificar os continuos retrasos da chegada da alta velocidade ao noso país como é a "orografía", "pero se até os romanos facían calzadas de Braga a Lugo!", exclamou.
O portavoz nacional referiuse aos 16 anos de gobernos de PP e PSOE que transcorreron sen que o AVE chegue ao noso país, mentres xa está rematado ou en obras en Andalucía, Valencia, Valladolid ou Cataluña e equiparou o Eixo Atlántico co "transiberiano" pola lentitude na súa execución.
Ana Miranda
Pola súa banda, o cartel nacionalista nestes comicios europeos, Ana Miranda, reivindicou que a mocidade galega "debe ter un representante directo en Bruxelas, non con intermediarios, e ése representante será o BNG, que falará en nome da mocidade para que coñezan a realidade do país".
A número un da lista lembrou que os mozos e mozas galegos representan o 15% da poboación e criticou a situación económica que ten levado a emigrar a tanta xente nos últimos anos pola ausencia de posibilidades de traballar na nosa terra.
Para combater esta situación, a candidata advogou pola necesidade de que Galiza xestione directamente os fondos europeos destinados á investigación "para conseguir que a xente nova poida traballar aquí porque nestes últimos cinco anos, en Europa non se falou nada da mocidade galega, nin do noso sistema universitario".

1 de junio de 2009

ANA MIRANDA SUBLIÑA QUE “A ÚNICA CANDIDATURA PLENAMENTE GALEGA PARA O 7 DE XUÑO É A DO BNG”


“Nas papeletas en Galiza na lista do BNG todos son galegos e galegas comprometidos co País, nas do PP só figura un candidato que votará en Galiza”

Santiago de Compostela, 1 Xuño 09.- A cabeza de lista da candidatura do BNG ás eleccións ao Parlamento Europeo, Ana Miranda, subliña que “a única candidatura íntegramente galega que se poderá votar o 7 de xuño é a do BNG”.

“Non fai falta máis que comparar as papeletas que se depositarán en Galiza o 7 de xuño nas urnas. Nas do PP só hai un que votará no colexio eleitoral en Galiza, nas papeletas do BNG todos son galegos e galegas que exercerán como tales e que votarán en Galiza”, subliña Ana Miranda.

A candidata nacionalista asegura que a plataforma Europa dos Pobos-Os Verdes na que concorre o BNG ás eleccións europeas no resto do Estado “é a mellor opción para garantir a representación do BNG no Parlamento Europeu o 7 de xuño, e polo tanto para que a voz e os intereses de Galiza sexan escoitados e defendidos en Bruxelas”.

Ana Miranda salienta que “as forzas que concorremos en Europa dos Pobos-Os Verdes compartidos unha idea de Europa máis social, que defenda os dereitos dos traballadores e o dereito das nacións sen estado a defender directamente os seus intereses na Unión Europea, aínda que cada partido ten o seu propio programa ”

Canto máis votos obteña o BNG máis tempo ocupará o escano

Por último, Ana Miranda explica que a plataforma Europa dos Pobos-Os Verdes (a papeleta que aparece no resto do Estado), na que o BNG ocupa o segundo posto na lista, “establece que cada forza política ocupará o escano proporcionalmente ao número de votos que acade”.

“Cun deputado que consiga a plataforma, o BNG ocuparía o escano un mínimo de dous anos, con dous deputados que consiga a plataforma o BNG ocuparía un dos escanos un mínimo de 4 anos”, explica.

Por iso, Ana Miranda insiste na necesidade de que “o BNG acade o mellor resultado o 7 de xuño, pois canto máis votos consiga o BNG máis tempo poderemos defender directamente os intereses galegos, máis tempo Galiza terá voz propia en Europa”.