O Bloque Nacionalista Galego quer expresar a súa máis enérxica condena perante o atentado perpetrado hoxe por ETA que lle custou a vida a un inspector da Policía Nacional en Arrigorriaga. O BNG transmite as súas condolencias e a súa solidariedade á familia e aos achegados desta nova vítima mortal da barbarie terrorista. A formación nacionalista galega chama á unidade de todas as forzas políticas democráticas para enfrentar a ameaza do terror e expresa a súa seguridade de que o único horizonte que agarda a ETA é o horizonte da derrota e a desaparición.