21 de diciembre de 2011

Ana Miranda asume o escano do BNG no Parlamento Europeo "por Galiza e para defender os sectores produtivos galegos"

Madrid, 21 Decembro 2011. Ana Miranda asumiu este mediodía a acta de eurodeputada do BNG no Parlamento Europeo, nunha sesión solemne na Xunta Electoral Central, onde “prometeu por imperativo legal” defender os intereses de Galiza en Europa.
En declaracións aos medios, a xa eurodeputada do BNG afirmou “asumir este escano europeo por Galiza, para defender os intereses do pais e, sobre todo, defender os intereses dos nosos sectores productivos”. Aludiu a importantes reptos a enfrontar xa no Parlamento Europeo como a PCP, a reforma da política común de pesca, e a PAC, a política agraria común.
“Sabemos que neste momento hai dous reptos importantes que temos que asumir a partir do 1 de xaneiro, con temas trascendentais para o pais como a defensa do agro, da pesca e do sector naval, que están a pasar por unha situación de crise”, sinalou Miranda.
A parlamentar do BNG en Europa asegurou que acolle o escano “con moita ilusión e coa responsabilidade de saber que Galiza é o primeiro, que vou defender a Galiza productiva no Parlamento europeo, outro Parlamento máis no que o BNG vai estar representado”. Garantiu que o BNG vai desenvolver esta responsabilidade directamente, “sen pontes e nunha Europa que ten unha clara deriva especulativa en lugar de defender o emprego”.
Para a eurodeputada do BNG “é importante ter voz directa cos sectores productivos galegos” para poder levar a Europa as súas demandas. Dixo que “están en xogo moitos intereses como os que atinxen á conserva, ao naval, o agro e a pesca. Garantímoslles que terán voz directa através do BNG porque vemos que o Estado non os defende”.
Ana Miranda anunciou que o BNG vai formar parte da Comisión de Agricultura, Pesca e a Territorial, onde se debate o futuro dos fondos estructurais.

No hay comentarios.:

Publicar un comentario