Galiza sufriu intensas e continuas migracións ao longo dos dous últimos séculos, por razóns socioeconómicas e políticas. A emigración galega foi un fenómeno que provocou un impacto demográfico, socioeconómico, cultural e político na nosa sociedade. Consecuencia destes intensos e continuos movementos migratorios, a poboación galega está dispersa polo mundo, existindo polo tanto unha diáspora que forma parte da nosa identidade nacional e que debemos de considerar como parte do noso país.
Este fenómeno demográfico que hoxe, nun mundo globalizado en todos os eidos, tamén está interrelacionado cos procesos inmigratorios cara a Galiza, continúa aínda a afectar a xente nova, formada e cualificada en Galiza, que procuran un traballo e un futuro dignos lonxe da nosa terra, pois non atopan suficientes posibilidades de desenvolvemento profesional no país acorde co seu nivel formativo ou cun nivel mínimo de dignidade laboral e salarial.
A realidade actual da diáspora galega presenta unha complexa heteroxeneidade, produto dos diferentes tipos de migración do pasado e do presente. Esta heteroxeneidade, ademais da disparidade territorial, implica que malia as diferentes situacións e circunstancias espaciais e vitais, debe promoverse unha política integral cara a diáspora baseada na dignificación desta realidade e no xusto tratamento institucional.
Esta política estará ademais estreitamente ligada coa política de acción exterior do Goberno galego, na que terán un eixo fundamental as relacións coas galegas e galegos no mundo, fomentando maior comunicación e unha nova política de proxección internacional para Galiza.
A relación coa poboación galega no exterior debe fuxir da aplicación de criterios paternalistas e partidistas, e basearse na igualdade real e da equidade no tratamento, partindo da aplicación das políticas concretas, adaptando o nivel de relación ás diferentes necesidades e oportunidades e, en especial, partindo da consideración das galegas e galegos residentes no exterior como cidadáns e cidadás suxeitos a dereitos e deberes sociais, culturais e económicos.
O BNG vén afirmando o seu compromiso a prol da igualdade entre os galegos e galegas, con independencia do seu lugar de residencia e polo tanto, lexislará para o conxunto da cidadanía galega, cunha política dirixida a unha Galiza global que inclúa a que reside no país como a que reside no exterior. Como plasmación deste, a acción de Goberno do BNG en materia de emigración nuclearase arredor da plena equiparación dos dereitos e deberes sociais, culturais, económicos, civís e políticos da cidadanía residente no exterior, que se concreta tanto en facilitar o acceso a un nivel de servizos sociais e prestacións asistenciais básicas, como en garantir unha participación política de xeito libre e democrático, así como no acceso á nosa cultura e lingua.
III.7.1. Obxectivos
Co fin de atinxir esa igualdade real, o BNG fíxase os seguintes obxectivos:
• Garantir o acceso á información dos dereitos e deberes das galegas e galegos no exterior, obxectivo que non foi aínda cumprido.
• Promover a mellora do nivel de protección e cobertura social dos galegos e galegas emigrados que se atopan en situacións de necesidade e pobreza, partindo da inclusión social como base de relación para garantir a igualdade real e efectiva.
• Garantir uns niveis de cobertura e asistencia social básicos a todas as persoas emigrantes orixinarias de Galiza por medio do estabelecemento dunha rede asistencial estábel, en colaboración coa Administración central do Estado e cos poderes públicos dos lugares de residencia da poboación galega, en especial onde exista poboación maior con escaseza de recursos.
• Asegurar o financiamento público suficiente para estender e mellorar a rede asistencial e sanitaria á emigración, reclamando ao Estado español, as competencias e orzamento que debería recibir Galiza pola súa poboación no exterior.
• Elaborar unha Lei dirixida ás persoas e entidades galegas no exterior –colectividades galegas e tecido asociativo–, coa implantación dun novo sistema de interlocución e participación, que permita un maior contacto e unha adecuación á realidade, baseada na información mutua entre as institucións galegas e a cidadanía e entidades, con requirimentos en condicións de concorrencia competitiva baseada na igualdade e na información.
• Articular un reparto das axudas públicas ás Comunidades galegas no exterior e tecido asociativo, que erradique o clientelismo e promova accións conxuntas de tipo social e cultural e non-illadas, instando a partillar proxectos e servizos entre colectivos.
• Manter vivos os vínculos lingüísticos e culturais coas persoas de orixe galega e os seus descendentes que residen fóra de Galiza, así como coas colectividades galegas e entidades asociativas organizadas no exterior.
• Favorecer o retorno como opción, e a inclusión social, cultural e económica dos e das emigrantes que retornan, promovendo a información en orixe e á chegada a Galiza a nivel local e autonómico.
• Fomentar as relacións empresariais e comerciais que poidan abrirse cos grupos de empresarios galegos no exterior, así como do fomento das relacións internacionais que abren a existencia de contactos a través da nosa cidadanía, en moitos lugares do mundo.
III.7.2. Medidas de goberno
O Goberno do BNG aplicará as medidas de goberno dirixidas á poboación galega residente na diáspora:
• Realización do Censo Socioeconómico da Emigración Galega no exterior, en colaboración cos poderes públicos dos Estados de residencia das galegas e galegos, en especial de América Latina, co fin de detectar os casos de maior necesidade dun xeito real e non sobre datos aleatorios ou en función de que posúa maior acceso a información das axudas sociais.
• Deseño dun Plano de asistencia sanitaria e servizos asistenciais, con base no Censo Socioeconómico da Emigración Galega, que permita cubrir as deficiencias dos sistemas sociosanitarios de protección social dos países de acollida dos emigrantes galegos que non conten cun sistema sanitario e asistencial con cobertura suficiente e que permita asistir a persoas en estado de necesidade ou pobreza, ou dependencia grave, cun sistema de concorrencia competitiva e publicidade e co estudo de extensión do abano subxectivo destas.
• Eliminación da opacidade e minifundismo das axudas e subvencións existentes dirixidas ás colectividades galegas, así como facilitación da información e supresión das trabas burocráticas existentes; e implantación dun plan xenérico e integral que atenda a obxectivos sociais e culturais, á participación democrática e no seu funcionamento, á normalización lingüística e á igualdade en materia de xénero e de participación e acceso aos e ás descendentes na vida societaria, así como á planificación conxunta de actividades entre varias sociedades.
• Estabelecemento dun plano de retorno para os galegos e galegas emigrados que teña en conta a heteroxeneidade das situacións, que implemente medidas de información, asesoramento, formación, orientación e reorientación profesional, así como igualdade na concesión de prestacións sociais e económicas ás percibidas polas persoas residentes en Galiza.
• Cooperación cos poderes públicos do Estado na consecución de convenios de atención social e sanitaria no exterior e reclamación das transferencias das competencias e orzamento para Galiza que corresponden en función da súa poboación no exterior; negociación da validación dos dereitos recoñecidos noutros Estados e exixencia do cumprimento dos convenios en vigor.
• Política de información e difusión dos dereitos dos galegos e galegas no exterior a través dos medios de comunicación públicos.
• Acceso ao coñecemento da nosa historia, lingua e cultura, coa posta en marcha dun Plano de Acción Cultural Exterior, cun programa de acción internacional de promoción, información e difusión da Lingua e Cultura Galega coa creación do Instituto Castelao de Lingua e Cultura Galega. Promoción dunha maior difusión informativa que posibilite unha relación en igualdade e un maior fomento da realidade do fenómeno migratorio, a través dos medios de comunicación públicos, coa implantación de programas dirixidos aos galegos e descendentes e implantación dun curso de galego a través da canle da televisión pública e da súa paxina web. Apoio ás escolas de América Latina (Arxentina e Venezuela) onde xa se imparten aulas oficiais de cultura e literatura galega e fomento de convenios coas escolas do Estado español e entidades diplomáticas culturais estatais no exterior, como Consulados e Instituto Cervantes, para a implantación de cursos de lingua e cultura galega a descendentes, así como posibilidade de convenios con escolas públicas en lugares con numerosa poboación galega, e igualmente, posibilidade de impartir en maior número e con recoñecemento oficial, os cursos de galego nos centros galegos.
• Fomento dos intercambios universitarios, e reorganización territorial e funcional do estabelecemento de lectorados de Lingua e Cultura Galegas, fomentando a instalación en lugares onde exista numerosa poboación galega e descendentes.
• Relación das Delegacións Exteriores da Xunta coa poboación galega no exterior e fomento da cooperación en todos os eidos.
• Fomento das relacións empresariais e dos proxectos emprendedores da diáspora en relación con Galiza.
• Exixencia da reforma da Lei Orgánica de Réxime Electoral Xeral co fin de garantir a participación política das galegas e galegos en condicións de igualdade e garantías democráticas, sendo urxente e prioritaria a implantación do voto en urna, e a depuración do CERA, así como a aplicación dun regulamento que evite o masivo falseamento do voto por correo.