2 de agosto de 2009

O BNG expresa a "súa repulsa e condena pola ofensiva irracional de ETA" e solidarízase coas vítimas

Santiago de Compostela, 30 Xullo 2009. O BNG expresa a “súa repulsa e condena pola ofensiva irracional de ETA” que en vintecatro horas cometeu dous brutais atentados. O BNG quer amosar en primeiro termo a “súa solidariedade coas familias e achegados das dúas vítimas mortais do atentado deste mediodía en Palmanova, no municipio mallorquín de Calviá, e tamén cos moitos feridos debido á brutal acción de ETA”. Polo de agora, só se sabe que morreron dous axentes da Garda Civil e que se contabilizan varias persoas feridas. O BNG deixa claro que ETA “erra por completo se pensa que vai doblegar ao Estado de Dereito coa violencia sen sentido. A democracia ten recursos suficientes para derrotar ao terrorismo”. Os nacionalistas galegos amosan “o horror do BNG por esta escalada de violencia terrorista que repugna a conciencia democrática e pacifista do pobo galego”. Ademáis, os nacionalista galegos realizan un chamamento “á unidade de todas as forzas políticas democráticas como o instrumento fundamental para derrocar o terrorismo”.