23 de febrero de 2010

O bipartito triunfa na web das Novas Xeracións do PP

Unha enquisa da páxina web da organización de mocidade do PPdeG sobre a xestión do bipartito dá como resultado máis dun 80% de apoio ao Executivo de PSOE e BNG.

Internet é dificilmente controlable, tamén para as formacións políticas. Unha enquisa organizada polas Novas Xeracións do PPdeG na súa páxina web co obxectivo, tendo en conta o ton do portal de NN.XX., de criticar a xestión do Goberno bipartito, rematou por convertese nunha loubanza ao Executivo de PSOE e BNG.

Segundo os resultados do inquérito, que aínda é posible visitar, o 81,4% dos visitantes, con máis de 10.000 votos, estivo "absolutamente de acordo" coa "política do bipartito". En segundo lugar figura a opción "razonablemente de acordo", co 9,4%. Mentres, as opcións máis críticas, "parte de acordo, parte en desacordo", "é o peor goberno que podería imaxinarme" e "poucas veces vin cousas peores" só acadan o 5,9%, o 2,5% e o 0,8%, respectivamente.

http://www.xornal.com/artigo/2010/02/12/politica/bipartito-triunfa-na-web-das-novas-xeracions-do-pp/2010021214311800269.html

No hay comentarios.:

Publicar un comentario