A líder de UPyD, Rosa Díez, utilizou o termo "galego"
parainsultar ao presidente do Goberno español. É a segunda vez que o fai e, polo momento, non rectificou na primeira ocasión e non pensa rectificar nesta segunda.
"Zapatero podría ser gallego en el sentido más peyorativo de la palabra"
Por Juan Manuel López | Santiago | 24/02/2010
"Podría ser gallego en el sentido más peyorativo de la palabra". Con esta calificación se referiu Rosa Díez a Zapatero nunha pregunta do xornalista Iñaki Gabilondo. "Y de Rajoy?", preguntalle logo o xornalista. "Ya es gallego". De Aznar, Rosa Díez dixo que "le pasó el momento" e de Juan Carlos I, sinxelam
ente, que "es el rey".
Estas palabras provocaron xa a reacción do Consello da Cultura Gale
go. O secretario deste órgano, Enrique Monteagudo, xa lle pediu á política que rectifique e considerou indignante que se siga utilizando este termo que xa desapareceu dos diccionarios españois. Con todo, Díez respostou que non vai rectificar porque "todos saben a que se refería".
Podes ver as súas declaracións nesta entrevista de CNN+ a partir do minuto 5.00:
http://www.galiciaconfidencial.com/nova/5426.html
O BNG esíxelle desculpas a Rosa Díez por chamarlle "gallego" a Zapatero
En opinión de Guillerme Vázquez, trátase dunha "intolerable manifestación de racismo antigalego e de rancio chovinismo"
EFE. SANTIAGO
O voceiro nacional do BNG, Guillerme Vázquez, esixiulle a Rosa Díez que presente "desculpas de inmediato", por utilizar a palabra "galego" como un insulto.
Segundo o BNG, nunha entrevista en CNN +, a dirixente de UPyD definiu o presidente do Goberno español, José Luis Rodríguez Zapatero, nos seguintes termos: "Es gallego, en el sentido más peyorativo del término".
O dirixente nacionalista pregúntase nun comunicado "cal é o sentido máis pexorativo do termo galego" e insiste se "seica está dicindo que existe algunha acepción negativa ou vexatoria da palabra galego".
Agrega que a súa organización nunca aplicaría o termo pexorativo "a ningún gentilicio do Estado español, nin de ningún outro Estado do mundo".
En opinión do líder do BNG, trátase dunha "intolerable manifestación de racismo antigalego e de rancio chovinismo que se compadece mal cos modos que debe exhibir a dirixente dunha formación política democrática".
Para Guillerme Vázquez, "a señora Rosa Díez ten que retirar inmediatamente as súas palabras" e débelle unha explicación á sociedade galega".
Fontes do gabinete da dirixente de UPyD preguntadas sobre esta demanda dos nacionalistas galegos responderon que non teñen nada que opinar respecto diso e que non responderán á petición de explicacións do BNG.
http://www.galicia-hoxe.com/index_2.php?idMenu=166&idNoticia=519773
No hay comentarios.:
Publicar un comentario