Guillerme Vázquez descarta a posibilidade de concorrer nunha candidatura ao 20-N con outras formacións
O consello Nacional do BNG aprobou este sábado atrasar a asemblea ordinaria prevista para outubro, e fixou para o 28 e 29 de xaneiro a nova data do cónclave co apoio dos votos da UPG e +Galiza. Pola súa banda, o Encontro Irmandiño, que si apoiou o aprazamento do proceso, defendeu a celebración do plenario en marzo.
Tras a reunión do máximo órgano de decisión entre asembleas, o voceiro nacional do BNG, Guillerme Vázquez, confirmou a nova data para a asemblea, decidida "por abafadora maioría", cos votos a favor case o 90 por cento do consenso dos seus integrantes".
Segundo explicou o líder nacionalista, para a celebración da Asemblea Nacional "estaban enriba da mesa dúas propostas", unha formulada pola Executiva Nacional e outra presentada polos integrantes do Encontro Irmandiño, que propoñían que fose en marzo.
En concreto, conforme detallou Guillerme Vázquez a decisión foi tomada despois de que a proposta da Executiva conseguise "71 votos a favor". A data do 24 e 25 de marzo contou cun total de 8 --a dos membros do Encontro-- e non houbo ningunha abstención.
Así as cousas, +Galiza -- corrente que lidera o voceiro parlamentario do BNG, Carlos Aymerich-- votou a favor da proposta da Executiva na segunda votación. Na primeira, a que se decidía se aprazar ou non a asemblea (sen entrar na data), os membros desta sensibilidade do Bloque abstivéronse, segundo fontes consultadas por Europa Press.
Na súa exposición ante o conselo, Carlos Aymerich defendeu que, dado que as eleccións se convocaron con catro meses de anticipación e non no límite legal, había tempo para apurar a asemblea e chegar cun "revulsivo" á cita coas urnas.
Deste xeito, +Galiza explicaba a súa interpretación do acordo alcanzado na reunión do máximo órgano de decisión entre asembleas o pasado mes de xullo, cando se fixou o calendario do proceso interno coa idea de que se se producía o adianto electoral, a asemblea quedaría postergada.
De feito, a este acordo de xullo fixo mención Teresa Táboas, coordinadora executiva do BNG e membro de +Galiza, cando tomou a palabra para dar a súa explicación de voto. Así, indicou que respectaba o sentido de sufraxio de +Galiza por "disciplina" de formación, aínda que entendía que había un consenso previo entre as correntes do BNG para aprazala.

CANDIDATURAS Preguntado sobre a proposta do deputado de Izquierda Unida (IU) Gaspar LLamazares de formar parte nunha fronte de esquerdas no horizonte dos próximos comicios xerais, o líder do BNG descartou esta posibilidade.
Neste sentido, Guillerme Vázquez asegurou que "está nitidamente claro" que o BNG "é unha formación política, nacionalista, de esquerdas e galega", polo que "como tal se presentará ás eleccións xerais", que terán lugar o próximo día 20 de novembro.
Precisamente, sobre as candidaturas que presentará a formación nacionalista para estes comicios, o voceiro nacional adiantou que "serán aprobadas no próximo consello Nacional" que os nacionalistas celebrarán o día 10 de novembro.
Con todo, sinalou que o proceso "xa está iniciado", pois nestes momentos "os conselos comarcais xa debaten e fan as súas propostas", iniciativas que, detallou, "recibirá a Executiva Nacional que tamén formulará unha proposta de candidatura" que finalmente "lle corresponderá ao consello Nacional aprobar".
Neste sentido, a comarca de Vigo xa avalou en asemblea que Olaia Fernández Davila, actual deputada no Congreso, vaia como cabeza de lista, aínda que a proposta final a realizará a dirección nacionalista.

No hay comentarios.:
Publicar un comentario