21 de octubre de 2011

ETA anuncia o "cesamento definitivo" da actividade armada

Adams, presidente do Sin Fein, pediulles aos Gobernos español e francés o inicio de conversas que aborden "exclusivamente as consecuencias do conflito"

BILBAO / DUBLÍN. EFE


A organización terrorista ETA anunciou hoxe que "decidiu o cesamento definitivo da súa actividade armada", segundo un comunicado difundido na edición dixital do diario Gara. Nesta declaración, que cualifica como "histórica", ETA expuxo o seu "compromiso claro, firme e definitivo" de "superar a confrontación armada". Con ese obxectivo, fai un chamamento aos gobernos de España e Francia para abrir un proceso de diálogo directo" destinado a solucionar "as consecuencias do conflito".

ADAMS PIDE CONVERSAS

O presidente do Sinn Fein, Gerry Adams, celebrou o "decisivo" comunicado emitido hoxe pola banda terrorista ETA, no que anuncia "o cesamento definitivo da súa actividade armada", e instou os Gobernos español e francés a iniciar conversacións que aborden "exclusivamente as consecuencias do conflito".
"Celebro os decisivos e positivos termos na resposta de ETA á declaración do pasado luns en San Sebastián", dixo o dirixente republicano nun comunicado en referencia á conferencia sobre o fin do terrorismo celebrada nesa localidade vasca.
"Despois das nosas deliberacións, o Grupo Internacional expresou a opinión de que 'é posible pór fin á última confrontación armada de Europa", sinalou o presidente do Sinn Fein, antigo brazo político do inactivo Exército Republicano Irlandés (IRA).
"Pedímoslle a ETA -lembrou Adams- que fixese unha declaración pública sobre o fin definitivo de todas as accións armadas e que pedise falar cos Gobernos de España e Francia para abordar exclusivamente as consecuencias do conflito".
Na súa opinión, o comunicado de ETA cumpre con aqueles "requisitos", polo que instou aos citados gobernos a "celebrar" o paso dado pola banda armada.
Desde a súa experiencia no proceso de paz en Irlanda, Adams adiantou que "os seguintes pasos" deben centrarse en "promover a reconciliación, abordar a cuestión das vítimas e recoñecer que se efectuaron serios esforzos para pechar feridas persoais e sociais".
Neste sentido explicou que hai "outros asuntos" que tamén deben de ser tratados e que servirían para "construír confianza dentro do proceso".
"Por exemplo -dixo-, entre estes está o asunto dos presos e o da desmilitarización da contorna e o do respecto e recoñecemento dos dereitos democráticos de todos os partidos políticos, que deben ser tratado como iguais".
Por este motivo, Adams lembrou que Batasuna aínda está "ilegalizada e que líderes como Arnaldo Otegi, quen está totalmente comprometido, na miña opinión, coa paz, están presos".
fonte

No hay comentarios.:

Publicar un comentario