Agrupacións de emigrantes aseguran que a Consellaría de Sanidade está a aplicar a "chantaxe" e o "afogamento financeiro".
Varios socios do Centro Galego de Bos Aires denuncian a "chantaxe" aos que os está a someter a Xunta co obxectivo de conseguir máis apoios á xestión privada do hospital. Segundo apuntan varias agrupacións políticas da emigración de distinto signo, o Goberno "débelle á Fundación Galicia Saúde preto dun millón de euros en programas xa executados". Esa débeda, segundo denuncian, pretende "facer presión até que o vindeiro 13 de xaneiro o novo xerente da empresa asuma o control do hospital".
xustificar numerosas privatizacións". Esta situación obrigou a actual xerencia do centro a "aumentar o crédito dunha financeira para poder pagar soldos", o que provoca unha situación "terríbel". A tensión causou un enfrontamento entre Unión Gallega e os representantes da Xunta, por consideraren inapropiadas as "formas" empregadas polo secretario xeral de Emigración, Santiago Camba, na súa última visita a Arxentina.
Así mesmo, varios socios lembran que Pilar Farjas ten plenos poderes para decidir sobre o contrato de xestión do hospital do Centro Galego, despois de que os patróns das agrupacións afíns ao PPdeG lle concedesen un poder xeral para asinar un acordo coa empresa 3A Recoletas, o que cualifican dende Bos Aires como "un cheque en branco".
http://www.vieiros.com/nova/77728/denuncian-novas-presions-da-xunta-no-centro-galego-para-lograr-apoios-a-xestion-privada-do-hospital
No hay comentarios.:
Publicar un comentario