Ás 12:00 horas de onte pechouse o prazo de presentación de candidaturas a presidir a Real Academia Galega. Tal e como se agardaba, Xosé Luís Méndez Ferrín é o único candidato a suceder no posto a Xosé Ramón Barreiro Fernández.
O que será o futuro presidente da RAG foi proposto ó Premio Nobel de Literatura no ano 1999 pola Asociación de Escritores en Lingua Galega e vai ser proposto outra vez en breve. Foi galardoado con moitos premios coma o Premio da Crítica, Premio da Crítica Española, Premio da Crítica de Galicia, Premio Losada Diéguez ou o Premio Eixo Atlántico. No 2008 recibiu o Premio Nacional de Literatura, que integra os Premios Nacionais da Cultura Galega.
Recentemente xubilou e retirouse do seu posto de profesor de literatura no Instituto Santa Irene. Tamén é columnista no xornal Faro de Vigo e dirixe a revista de pensamento crítico A Trabe de Ouro, que ten marcado de xeito notábel na última década o devir da nosa cultura coa difusión de problemas e investigacións sobre cuestións diversas con aproximacións interdisciplinares e baixo unha dupla perspectiva nacional e universal.
http://www.gznacion.com/web/noticia.php?id_noticia=16612&id_cat=9
No hay comentarios.:
Publicar un comentario