16 de enero de 2010

A emigración recorre á xustiza arxentina contra a privatización do hospital

Colectivos contrarios á xestión privada do Centro Gallego levarán a decisión da Xunta aos tribunais
A Xunta terá que enfrontarse á xustiza arxentina pola privatización da xestión do histórico hospital do Centro Gallego de Bos Aires.
Así o confirmaron a este diario membros dun colectivo de emigrantes contrario a esta decisión do Goberno galego, que xa están en contactos cos seus avogados para presentar un recurso en vindeiras datas.
“Imos esgotar todas as posibilidades porque agora xa non temos nada que perder, estamos facendo consultas aos nosos avogados para presentar o recurso en canto poidamos”, di un dos representantes de Unión Gallega, unha das dúas agrupacións políticas do Centro Gallego contrarias á privatización e que continúa sen recibir información ningunha do contrato entre o Executivo galego e o grupo privado castelán 3A Recoletas. “Oficialmente non sabemos nada”, lembran.
Os termos do contrato, que xa adiantara Xornal, inciden en ceder, sen concurso e directamente, a xestión do histórico hospital da emigración á empresa privada. No entanto, os cambios efectuados tras as protestas xerais dos colectivos de emigrantes engadiron un xestor da Xunta sen apenas poder, pero tamén 9,3 millóns máis de subvención a través da Fundación Galicia Saúde. En total, 37,2 millóns durante 13 anos, “un choio de contrato”, tal e como o definiu a oposición, que só obriga a 3A Recoletas a achegar 8 millóns de euros.
Os emigrantes que presentarán o recurso ante a xustiza arxentina teñen claro que sairá adiante e que os tribunais lles darán a razón, pero lembran tamén que o propio Goberno arxentino está xa á expectativa. “O centro non pode ter ánimo de lucro ao estar incluído entre as entidades mutualistas arxentinas”, lembran os futuros demandantes.
De feito, o Inaes (Instituto Nacional de Asociativismo y de Economía Social), que forma parte do Ministerio de Desarrollo y Acción Social da República Arxentina e que lexisla e controla a economía social das mutuas, está alerta. Considera que 3A Recoletas podería aproveitarse “dun ente ficiticio que lles permitiría administrar a institución aproveitándose da figura xurídica de mutual do Centro Gallego”.
Unión Gallega e todos os emigrantes contrarios á privatización confían na xustiza e na vixilancia do Estado arxentino, pero temen tamén que o Inaes acabe retirando a condición de mutua ao hospital, o que suporía a fin da institución tal e como fora creada, e que o sanatorio pasase a tributar como un centro privado. Nese caso, o hospital perdería certos privilexios como a exención dalgúns impostos, ao converterse xa nunha entidade con ánimo de lucro e con beneficios para unha firma privada.
Mesmo o PSdeG, que criticara xa o “pelotazo” que supón o contrato entre a Fundación Galicia Saúde (FGS) e 3A Recoletas, advertira xa que o Executivo arxentino consideraba “ilegal” o acordo. “É irregular porque o acordo entre o Centro Gallego e a FGS sinala que o hospital é intransferible”.
De igual xeito, expertos en Dereito Administrativo consultados por Xornal avisaran xa de que o Goberno arxentino “podería meter en problemas á Xunta”, ademais de aclarar que o contrato “é ilegal ao incumprir a Lei de contratación pública”.
O contrato, que cede a xestión do hospital á empresa privada ata o ano 2022, é defendido pola Xunta, malia que non fixo públicos os detalles. Pilar Farjas, conselleira de Sanidade, insiste en que o Centro Gallego “é unha entidade privada”, ao igual que a Fundación Galicia Saúde, e que as accións do Goberno perseguen “facer eficiente a xestión do sanatorio”.O proxecto de Orzamentos do Executivo desmenten a Farjas, ao situar a FGS no apartado 443 referente ás fundacións públicas.
Agora, a Xunta terá que enfrontarse aos tribunais arxentinos, pero tamén ao posible rexeitamento da Cámara do país suramericano, que debaterá a situación do centro. Será, como o recurso, nunhas semanas, cando remate a época vacacional actual en Suramérica.

http://www.xornal.com/artigo/2010/01/10/politica/emigracion-recorre-xustiza-arxentina-evitar-privatizacion-do-hospital/2010011023442800255.html

Farjas pide al hospital bonaerense que priorice a los socios gallegos

La conselleira pidió colaboración a los profesionales para mejorar las prestaciones del Centro Gallego, que será gestionado por un grupo privado, e insistió en priorizar a los pacientes emigrantes.

La conselleira de Sanidade de la Xunta, Pilar Farjas, mantuvo ayer una reunión en Argentina con miembros de la Asociación de Profesionales del Hospital del Centro Gallego de Buenos Aires en la que les agradeció el apoyo mostrado en su apuesta por la privatización de la gestión y su colaboración en la búsqueda de mejor servicios. Según informó el Gobierno en un comunicado, Farjas pidió a los trabajadores que la atención sanitaria a los socios gallegos de la institución sea una prioridad ante el esfuerzo que supone para los ciudadanos de la comunidad financiar desde Galicia la ayuda que recibe a través de la Fundación Galicia Saúde y que acabará siendo gestionada por el grupo privado 3A Recoletas.


http://www.xornal.com/artigo/2010/01/10/politica/emigracion-recorre-xustiza-arxentina-evitar-privatizacion-do-hospital/2010011023442800255.html


No hay comentarios.:

Publicar un comentario