Pódese ler enteira no PDF adxunto.
Ana Kiro xa loitaba coa enfermidade. Daquela falaba da súa traxectoria e como foi unha defensora e difusora do idioma noso, "Fixen abondo por non dicir moito polo galego. Mesmo teño unha pequena anécdota. Un dos meus fans número un é un rapazque vive en Segovia e que, grazas ás miñas fitas, segundo me escribe e me chama tamén por teléfono moitas veces, aprendeu a falar en galego, polas miñas cancións, e pasou logo a ler a Rosalía de Castro ou a Ramón Cabanillas tamén por elas.
O xornalista pregúntalle, "Tamén ten vostede, porén, os seus detractores", e a cantante arzuana recoñecía, "unha persoa non lle pode gustar a todo o mundo. Ten que haber diversidade de opiniónse mesmo é interesante que as haxa para que teñamos algo de polémica e os fans defendan un e os demais traten de romper con el. Por exemplo, agora que eu entro en internet acotío, vexo que no foro de Ana Kiro hai unha cantidade enorme de preguntas e de precupación pola miña saúde e todo iso é positivo para min. É xente que nin me coñece nin, se cadra, me viu nunca actuar e que, pola miña traxectoria artística ou porque me admiran como persoa, escríbenme e danme ánimos"
http://www.anosaterra.org/nova/49936/fixen-moito-polo-idioma-galego.html