"Galicia é unha nación e como tal debe ser recoñecida", incidiu o voceiro nacional da formación frentista, Guillerme Vázquez. Arroupado por diversos cargos do partido e afiliados en Santiago, o xefe de filas do Bloque fixo pivotar o seu discurso sobre a idea de que "Galicia é unha nación" e, dito isto, criticou "o corpiño estatal" que, ao seu xuízo, "impide saír do furgón de cola" a esta autonomía. "Nós non acreditamos a teoría mil veces difundida de que somos un país pobre que precisa da solidariedade do Estado para sobrevivir", sentenciou.
Así, responsabilizou a política centralista da "destrución dos sectores produtivos básicos, o despoboamento, o envellecemento e a emigración" de Galicia; e utilizou unha cita de Rigoberta Menchú para pedir a liberación da comunidade dese "corpiño" antes citado: "En Galicia non necesitamos que nos boten unha man, abondaría que nola quitasen da gorxa".
Esta definición de Galicia como "unha nación" choca coas formulacións do PPdeG, co seu xefe de filas, Alberto Núñez Feijóo, á cabeza, que xa advertiu de que "a única nación" que recoñece é "España". Previsiblemente, a negociación do Estatuto volverá á situación de xaneiro de 2007, cando Emilio Pérez Touriño (PSOE), Anxo Quintana (BNG) e o propio Feixóo non chegaron a superar as súas diferenzas sobre a identidade de Galicia.
Pola súa banda, os socialistas decidiron recuperar a fórmula escollida naquel momento polo presidente da Xunta, 'Nazón de Breogán' -- segundo a letra do Himno Galego -- para intentar alcanzar un consenso en torno á denominación de Galicia.
http://www.anosaterra.org/nova/49506/o-bng-presenta-a-sua-proposta-de-estatuto.html
No hay comentarios.:
Publicar un comentario