Santiago de Compostela, 13 Xullo 09. A oferta de financiamento feita polo Goberno do Estado á Xunta revela que “en termos políticos Galiza xa está en Segunda División”, afirmou esta mañá en rolda de imprensa o portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez.
“Pasamos de estar en Primeira División, como nacionalidade histórica, a estar agora onde estamos, relegados á Segunda División e cun financiamento totalmente inadecuado para as nosas necesidades”, avaliou o portavoz nacional.
“Pasamos de estar en Primeira División, como nacionalidade histórica, a estar agora onde estamos, relegados á Segunda División e cun financiamento totalmente inadecuado para as nosas necesidades”, avaliou o portavoz nacional.
Para retornar a Primeira División, Galiza debería dotarse dun Novo Estatuto que fixase un “teito competencial non menor ao de Catalunya” e debería ter tamén un modelo de financiamento adecuado ás súas necesidades. “O Café para todos non nos serve de nada. Co 50 por cento de cesión dos tributos estatais outras comunidades autónomas acceden á plena suficiencia financeira, pero Galiza non. Galiza precisa cando menos o 82 por cento de cesión. Iso é o que debería estar defendendo a Xunta de Galiza e en nengún caso fai”, engadiu.
“Mentres outras comunidades autónomas fixeron os seus deberes, o goberno galego, sen o respaldo dun Novo Estatuto que si aprobaron outros, estivo sempre á defensiva, sen facer nengunha proposta concreta e sen ter nengún protagonismo relevante”, aseverou o líder do nacionalismo galego.
“Dixemos desde o principio que Galiza sairía mal parada e que o Goberno Feijóo lle acabaría botando a culpa de todo a Catalunya. Así foi. Por certo, tamén lla podería botar a Madrid, Andalucía ou Valencia”, indicou. O problema non está nesas comunidades autónomas, “que se limitaron a facer os seus deberes e a reclamar o que consideraban xusto, senón en que “o Goberno galego non fixo propostas concretas nen tivo a capacidade de levar a iniciativa”.
A perguntas dos xornalistas nunha rolda de imprensa, o portavoz nacional cualificou de “inconcreta e oscurantista” a oferta do Goberno estatal. “En todo caso, se son certas as cifras que se barallan, sobre os 11.000 millóns de euros que pon o Goberno sobre a mesa Galiza obtería tan só o 5,4 por cento e, sobre o montante global, o noso país apenas alcanzaría o 6,5 por recursos totais”.
O 7,8 POR CENTO
Reiterou que para que Galiza “non perda posicións” o noso país debe acceder ao 7,8 por cento dos recursos totais do sistema de financiamento. “Isto supón que deberíamos incrementar os recursos en arredor de 1.600 millóns de euros, unha cifra da que, por certo, se sitúa ben perto os 1.300 millóns de euros dos que ten falado en diversas entrevistas a conselleira de Facenda do Goberno aglego”, alegou.
Guillerme Vázquez quixo deixar claro que o BNG “votará en contra” desta reforma do financiamento no Congreso dos Deputados e fixo un chamamento á sociedade galega a que “se mobilice en defensa dun financiamento xusto”.
Guillerme Vázquez quixo deixar claro que o BNG “votará en contra” desta reforma do financiamento no Congreso dos Deputados e fixo un chamamento á sociedade galega a que “se mobilice en defensa dun financiamento xusto”.