Montouto (Teo), 4 xullo 09.- O Consello Nacional do BNG aprobou este mediodía por unanimidade senllas resolucións de condena do golpe de estado en Honduras e de apoio ás mobilizacións do Sindicato Labrego Galego en defensa do sector leiteiro. Xa con carácter interno, o Consello Nacional aprobou o plano de traballo do BNG para o próximo curso político cun 88,6% de apoios e o 11,4% de abstencións. O documento de valoración das eleccións europeas foi aprobado co 82,4% dos votos a favor; o 12,0% en contra e un 5,6% de abstencións.Por último, a regulamento do Consello Nacional foi aprobado por unanimidade. O novo Consello Nacional do BNG foi renovado nun 46,2% e conta cunha presenza de mulleres do 40%.