Nunha entrevista publicada este domingo pola revista brasileira 'Veja', o gobernante interino exímese de calquera responsabilidade polo golpe de estado, asegurando que se fixo "dentro da legalidade" e cualifica a Zelaya como unha "marioneta" do presidente venezolano, Hugo Chávez.
O pasado 28 de xuño, Zelaya foi sacado da súa residencia a punta de pistola por efectivos do exército que o enviaron nun avión á veciña Costa Rica seguindo instrucións do xefe do Estado Maior Conxunto, o xeneral Romeo Vásquez.
"Si, foi un erro, dixo Micheletti, pero temos que considerar que as persoas que foron cumprir esa tarefa tiñan medo. Saben que (Zelaya) ten seguidores e poderíase provocar un enfrontamento", asegurou Micheletti."Eu non son responsábel desa decisión, afirmou o golpista hondureño.
Só fun informado do procedemento pola tarde, pero indicáronme que o fixeron por temor a que se desatase un conflito", asegurou ao semanario brasileiro.
O presidente interino insistiu tamén en que o procedemento foi "legal", xa que a orde a deu o Tribunal Supremo en resposta ás "irregularidades cometidas" polo até entón presidente durante o exercicio do seu mandato.