“Certamente a responsabilidade da Lingua é de todos, non só dos escritores en Lingua Galega nin dos nacionalistas defensivos ou críticos. A todo galego, sexa de partido que sexa, incumbe a responsabilidade da supervivencia da Lingua e a reivindicación da dinidade nacional de Galicia e o dereito da autodeterminación, recoñecido nominalmente para tódolos pobos”.
UXÍO NOVONEYRA
ELEXÍA ISTANTANIA A ERNESTO GUEVARA
AS aves da tua morte foron os muricegos que non vira
en todo o ano.
Por iles soupen que é certo.
É certo! é certo! é certo! é certo! é certo!
Ás palazadas por dúbida entre certeza quer vir o pranto
como o peso de prumas inda quentes dos derradeiros pa-
xariños mortos
de tódalas anduriñas que cairon ó irse.
Como os homiños morren os éroes
non se funden Os Andes nin nada.
A mesma door xa afroxa a gorxa ó decorrer polo pranto
baixiño.
E nin inda agora nin pra ti teño outra voz.
10/10/6