As perto de 50 organizacións indíxenas que emprenderon unha marcha hai 10 días co fin de lle exixiren ao Goberno o recoñecemento dun Estado plurinacional semellante ao instaurado recentemente en Bolivia polo presidente Evo Morais, chegaron esta quinta feira a Bos Aires onde pretendían entrevistarse coa presidenta arxentina, Cristina Fernández de Kirchner.
Os manifestantes ocuparon o Obelisco, símbolo da capital, á espera de que o resto de comunidades cheguen á cidade. En total calcúlase que estas marchas mobilizaron uns 40 mil indíxenas. No último ano, o Goberno expresou a súa vontade de dialogar cos grupos de indíxenas.
"Desde os catro puntos cardinais da República Arxentina e aínda máis de Bolivia e Paraguai arribaron esta tarde ao redor de cinco mil poboadores de terras americanas aínda antes da chegada dos españois hai mais de 500 anos. Con motivo dos festexos do bicentenario a semana pasada partiron desde as súas respectivas vilas desde a Quiaca até Tierra de Fuego para chegar hoxe á histórica Praza de Maio e partillar irmandados esta celebración . Desde horas da mañá os porteños e familias das provincias arxentinas que chegaron para pasar esta fin de semana longa foron enchendo os arredores da Praza de Maio para recibir por primeira vez na historia do pais os verdadeiros donos destas terras. Unha xornada onde a emoción e as bágoas foron protagonistas e os abrazos un símbolo de irmandade", infórmanos Graciela Pereira desde Bos Aires.
Adxuntamos unha pequena fotogalería facilitada pola mesma Graciela Pereira.

http://maisgalizadiaspora.blogspot.com/2010/05/os-pobos-orixinarios-da-arxentina.html