3 de julio de 2010

Deixanos Maruxa

Onte no exilio do silencio dos derradeiros anos deixounos fisicamente a señora Maruxa Boga; unha perda moi grande para toda a colectividade galega en Bos Aires e para a emigración en xeral. Maruxa nada na Galiza Ideal -Arxentina- no ano 1915 e filla de emigrantes Galegos esta xornalista e actriz arrolada en galego que representou Os vellos non deben de namorarse dende logo na lingua na que foi pensada por Castelao e non como representabase fai cinco anos en Compostela no idioma da conquista. Tivo tamben un programa de radio por carenta e cinco anos sendo dos mais seguidos pola xente tendo como convidados por exemplo; Castelao, Eduardo Blanco Amor, Antón Alonso Ríos, Ramón Suárez Picallo ou Maruxa Villanueva.

Maruxa esquecida por moitos e lembrada para os "actos políticamente correctos" foi victima da aldraxe mais miserabel ao pecharse a Delegación de Xunta de Galiza e retirase a placa no seu honor no salón principal.

*… Triste o destino dalgunhas homenaxes. Pode que da meirande parte delas. Triste o destino desas homenaxes que chegan tarde, que veñen para compensar con flores os menosprezos de moito tempo, que veñen encher con verbas agarimosas e xustas as dores doutras palabras ferintes…

…Conta alguén que a coñece ben e dende fai moitas décadas, que non quería ir. Laiábase da hipocrecía destas cousas, lembraba con precisión os desprezos e os ataques, tremía imaxinando as apertas mentireiras e repugnantes deses mesmos que a combatiron por roxa, por republicana, por concubina, por indómita, por meterse en cousas de homes, por dicir o que non debía, por dicilo na lingua que non se debía, por estar do lado dos perdedores e dos fuxidos…

… Triste o destino dalgunhas homenaxes. Pode que da meirande parte delas. Triste porque chegan tarde, porque louvan cousas dun pasado que son as mesmas que non aturan neste presente. Triste porque -ainda que con xustiza, merecidas homenaxes- esa dilación descubre que o que buscan non é salientar a memoria do homenaxeado e os seus compromisos senón ponderar aos que organizan a homenaxe…

Como dí o derradeiro parrafo da publicación Apertas ao Lonxe, triste o destino dalgunhas homenaxes, moito mais triste é o aldraxe de botar no esquecemento os feitos de Maruxa e de pasarnos a aspiradora da memoria por aqueles que non xulgan asasinos, xudicializan as decicions do pobo catalán e queren mercar un polvo alemán para que os seus tentáculos representen o éxito dunha grande e libre.

Quedamonos coa sua ultima presenza publica, na que ela homenaxeaba a Castelao xunto coa Federación de Asociacions Galegas, homenxe que os 7 de Janeiro soo o fan aqueles Galeguistas e Republicanos; os outros deixan a sua coroa “políticamente correcta” fronteiras dentro das institucions que ninguen verá e non na praza co nome do Guieiro alonxada na avenida mais importante da cidade mais grande da Galiza Autral.

Non é hoxe o día de homenaxes a Maruxa, é o día de dar a triste noticia e pensar como ela deixounos entre o silencio e a intransixencia desa minoría que ten o poder dos medios, goberno estatal e autonómico facendo mais aldraxes como o recorte dos dereitos electorais e a complicidade dos directivos nas institucions da diaspora. Hoxe é o día de reflexion para valorar mais a quen fixo e fai moito pola terra Nai

Deixounos un anaco moi grande de Galiza.

"Deus queira que Galiza estea pronto no lugar que Castelao e eu soñamos"

Maruxa Boga


*Unha Homenxe para Maruxa Boga-apertas ao lonxe-Debora Campos http://apertasaolonxe.wordpress.com/2008/02/28/unha-homenaxe-para-maruxa-boga/

Fontes e fotos:

http://www.lavozdegalicia.com/lavozdelaemigracion/2010/01/11/00031263210371949416613.htm

http://bngargentina.blogspot.com/2010/01/argentina-recuerda-rodriguez-castelao.html

http://www.vieiros.com/nova/64364/ldquo-deus-queira-que-galiza-estea-no-lugar-que-castelao-e-eu-sonamos-rdquo

http://www.elcorreogallego.es/tendencias/ecg/morre-arxentina-actriz-teatral-xornalista-galega-maruxa-boga/idEdicion-2010-07-27/idNoticia-573562/


Repercucions de Maruxa

03 agosto, 2010

O BNG de Arxentina di que "Maruxa Boga foi unha persoa esquecida por moitos, recordada para actos baleiros e vítima do aldraxe da Xunta"

O Bloque Nacionalista Galego en Arxentina tamén tivo palabras de recordo para Maruxa Boga, "unha perda moi grande para toda a colectividade galega en Bos Aires e para a emigración en xeral". Coñecida polo seu traballo no campo da interpretación e do xornalismo, dirixiu durante corenta e cinco anos un programa que contou con invitados da talla de Castelao ou Eduardo Branco Amor, o BNG considera nun escrito que foi unha persoa "esquecida por moitos e recordada para os actos politicamente correctos", así como "vítima do aldraxe máis miserable ao pecharse a Delegación da Xunta de Galicia e retirarse do salón principal a placa instalada na súa honra".

Os nacionalistas tamén se refiren ao "triste destino dalgunhas homenaxes" a Maruxa Boga, quen "queixábase da hipocrisía destas cousas, recordaba con precisión os desprezos e os ataques, estremecíase imaxinando os falsos e repugnantes abrazos deses mesmos que a combateron por vermella, por republicana "por dicir o que non debía, por dicilo na lingua que non se debía". Así mesmo, critican que algunhas homenaxes "chegan tarde" e que o seu único obxectivo é "ponderar aos que organizan a homenaxe".

O texto finaliza recordando a última aparición pública de Maruxa Boga, o 7 de xaneiro, na homenaxe da Federación de Asociacións Galegas a Castelao e recorda que "ela deixounos entre o silencio e a intransigencia desa minoría que ten o poder dos medios, goberno estatal e autonómico, facendo máis aldrajes como o recorte dos dereitos electorais e a complicidade dos directivos nas institucións da diáspora". Ademais, destaca que coa súa perda "déixanos un pedazo moi grande de Galiza.
http://maisgalizadiaspora.blogspot.com/2010/08/o-bng-en-arxentina-di-que-foi-unha.html