16 de enero de 2011

Beiras pon condicións

O BNG aproba "por unanimidade" o programa marco para o 22-M sen o Encontro Irmandiño, ausente ó estar debatendo a súa constitución como partido 

O BNG atravesa unha situación crítica e ne­cesita rexenerarse. Este é a mensaxe que onte lanzou o ex voceiro nacional, Xo­se Manuel Beiras durante a clausura da asemblea do Encontro Irmandiño.
A corrente que el lide­ra abriu onte en Santiago o proceso para constituír­se en partido político, que previsiblemente concluirá o próximo 19 de febreiro. Ante o actual voceiro nacional do BNG, Guiller­me Vázquez, Beiras ma­nifestou a súa intención de traballar fraternalmente en torno ó actual proxecto na­cionalista. Pero puxo como condición a "rexeneración democrática horizontal" da formación.
Conside­rou necesario "desarmar o aparello burocrático hoxe ó servizo exclusivo dun gru­po que se reproduce e perpetúa" e recuperar a credibilidade do Bloque nacionalista Galego para loitar coa sociedade con­tra o neoliberalismo. "De non ser así", avisou, "debe­remos traballar a prol de reconstruírmos, onde for, a unidade nun novo referen­te político para ou que todos sexamos necesarios".
Pola súa banda o Consello Nacional do Bloque Nacionalista Galego aprobou "por unanimidade" o programa marco para as próximas eleccións municipais e un informe sobre a situación política de Galicia. Ambos os documentos non foron ratificados polos membros da corrente liderada polo histórico nacionalista Xosé Manuel Beiras, Encontro Irmandiño, ausentes pola celebración dun debate sobre a súa constitución como partido.
Na rolda de prensa posterior á reunión da dirección nacionalista celebrada onte, o voceiro nacional do BNG, Guillerme Vázquez, asegurou que o informe político e o plan de traballo para os próximos meses foi "aprobado por unanimidade", do mesmo xeito que as noventa e sete listas que saíron adiante e o programa marco para os próximos comicios, que, posteriormente, será desenvolvido en cada localidade.
Ó Consello Nacional non acudiu, por segunda vez consecutiva, o Encontro Irmandiño, que celebrou un acto para debater a súa posible constitución como partido político dentro da fronte nacionalista.
De feito, o único "irmandiño" presente na reunión foi o candidato á alcaldía de Teo, Martiño Noriega, tal e como confirmaron a Europa Press fontes do Bloque Nacionalista Galego
Presentarán lista en case todos os municipios
Á marxe desta cuestión, Guillerme Vázquez mostrouse satisfeito do proceso dos nacionalistas de cara ós próximos comicios. Respecto diso, afirmou que o Bloque Nacionalista Galego intentará presentar listas en "case a totalidade dos municipios".
Precisamente con este fin, a dirección nacionalista xa aprobou "un terzo" delas e autorizou a Executiva a "darlles o visto e prace ás candidaturas que se vaian presentando nos próximos días", dado que non está programada outra reunión do Consello ata o mes de marzo. 


No hay comentarios.:

Publicar un comentario