13 de noviembre de 2009

¿Cal é a conexión do PP coa empresa á que a Xunta quere adxudicarlle a xestión do hospital de Bos Aires?

¿Quere coñecer o nome e apelidos dos 'populares' relacionados con 3A Recoletas? ¿Que empresa comparte sede co Fegas e o PP?

¿Como reacciona Feijóo ante a polémica pola privatización do hospital do Centro Gallego e que lle recrimina a oposición no Parlamento?
Xornal de Galicia despexa hoxe todas estas incógnitas e achega máis información na súa versión impresa, á venda en quioscos de toda Galicia.
Xornal de Galicia é un diario de información xeral, progresista e galeguista, que aposta polo pluralismo e o xornalismo de calidade a través da información e a análise. Cunha marcada vocación de ser un diario plural e independente, Xornal de Galicia ten entre os seus principios fundacionais a defensa dos intereses de Galicia.
A edición impresa de Xornal de Galicia saíu á rúa o 9 de decembro de 2008 como un medio aberto ás distintas sensibilidades presentes na sociedade galega e a firme aposta por reforzar os valores asociados á liberdade de expresión e de pensamento, desde a máis absoluta independencia. Aquel mesmo día cumpríronse 9 anos da aparición de Xornal.com, que está agora a piques de celebrar o seu décimo aniversario. Segundo a auditora Alexa, Xornal.com é o cuarto medio dixital máis visitado de Galicia.
http://www.xornal.com/artigo/2009/11/11/extras/edicion-impresa/cal-conexion-do-pp-coa-empresa-xunta-quere-adxudicarlle-xestion-do-hospital-bos-aires/2009111122214653708.html


CAPITAL PRIVADO NA SAÚDE PÚBLICA
Privatización do hospital de Bos Aires: chantaxes para unha prevaricación?
Carlos Aymerich asegura no Parlamento que o Executivo orquestrou unha manobra para favorecer unha empresa privada con "homes do PP".
Redacción - 12:39 11/11/2009
A privatización do hospital de Bos Aires está a erguer unha forte treboada política. Este mesmo mércores, o voceiro do BNG no Parlamento, Carlos Aymerich, asegurou que o Goberno deixa en mans dunha empresa privada afín ao PP a xestión do centro público. Segundo Aymerich, altos cargos da Xunta empregaron a “chantaxe” na reunión da Fundación Galiza-Saúde. No transcurso da mesma, segundo denuncian os nacionalistas, altos cargos como a conselleira de Sanidade, Pilar Farja, ou o conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, afirmaron que, se a empresa castelá A3 Recoletas non asumía a xestión do hospital, retirarían as axudas públicas.
O Bloque lembrou no Parlamento que a empresa foi mercada na pasada primavera por Mercapital, onde figura na súa dirección Juan Carlos Guerra Zunzunegui, “un home do PP” (ex senador por este partido). Aymerich explicou que a Xunta encargou en primeira instancia unha auditoría sobre o hospital que tamén foi feita por Recoletas. Na mesma recolleríanse supostas irregularidades coas que a Xunta ameazou con iniciar accións xudiciais se a colectividade galega non aceptaba a privatización.
Feijoo defende a privatizaciónNa súa resposta parlamentaria, Núñez Feijoo mantivo que os catro mil emigrantes que acoden ao Hospital do Centro Galego seguirán a ter atención sanitaria de balde. Segundo o presidente da Xunta, a privatización vai servir para “non pagar” prestacións a cidadáns que non sexan “nacionais”. Dende o Goberno aseguran que a xestión do bipartito foi aproveitada por cidadáns arxentinos para teren unha sanidade pública. Para Feijoo, a atención médica tamén pode ser “eficiente” con concesións a empresas privadas
http://www.vieiros.com/nova/77162/privatizacion-do-hospital-de-bos-aires-chantaxes-para-unha-prevaricacion