PLENO DO PARLAMENTO
O BNG ACUSA AO GOBERNO DO PP DE TRATAR A SITUACIÓN DO HOSPITAL DO CENTRO GALEGO DE BÓS AIRES “DENDE O MERCANTILISMO PURO E DURO”Teresa Táboas critica que o Goberno do Feijóo “entregue un hospital con 102 anos de historia a unha empresa de Cuenca, á que a Xunta de Galiza vaille pagar 27 millóns de euros”
Santiago de Compostela, 25 novembro 09.- A portavoa de Emigración do Grupo Parlamentar do BNG, Teresa Táboas, acusou esta tarde ao Goberno do PP na Xunta de Galiza de “tratar a situación do Hospital do Centro Galego de Bós Aires dende o mercantilismopuro e duro”.
Teresa Táboas lembrou importancia deste centro “que lle presta atención a máis de 25.000 persoas, e ao que están vinculadas persoeiros da historia de Galiza como Castelao ou Pascual Veiga”.
Neste sentido, interpelou esta tarde no Pleno do Parlamento Galego á Conselleira de Sanidade para explicase cales son os plans da Xunta de Galiza para o hostipal.
Na súa resposta, a titular de Sanidade, Pilar Farjas, xustificou a súa privatización asegurando que “só 4.000 dos 20.000 socios son galegos, e nin é solidario nin responsábel pagalo cos impostos de cidadáns de Galiza”.
“Non se pode tratar así á emigración galega”
Ante esta resposta, a deputada do BNG denunciou que “o Goberno do PP trata á emigración galega e á sanidade dende o mercantilismo puro e duro”.
Ademais, Teresa Táboas acusou ao Goberno de Feijóo de “entregarlle a historia dun hospital de 102 anos a unha empresa privada de Cuenca, á que a Xunta lle regalar 27 millóns de euros, privatizando todo un sinal de identidade para Galiza”.
Por último, a deputada do BNG denunciou que “divida e enfronte ás 5 asociacións de emigrantes galegos con representación no Hospital para lograr a privatización”.
SAÚDOS: Gabinete de Prensa do BNG.