A posición actual da Executiva do BNG de eliminar o voto emigrante en todas as eleccións, o voto nunha cámara atrofiada como o Senado non semella relevante, está causando unha gran conmoción entre un amplo sector da militancia. Diversos colectivos nacionalistas no exterior maniféstanse radicalmente en contra desta postura "pseudo-oficial" da fronte, pero en +Galiza Diaspora cremos que aínda hai espazo para o diálogo e o debate.
Nos vindeiros días, a Comisión Permanente elaborará un documento base que reflectirá o posicionamento que a nosa comarca defenderá ante os organos nacionais da corrente. Obviamente partimos dunhas discusións previas e de certos mínimos innegociables, mais consideramos valioso abrir o debate a todos aqueles militantes ou simpatizantes que desexen aportar un derradeiro gran de area a este debate.
Todo os que teñades interese en deixar achegas ao respecto deste asunto, clave no futuro do país, podedes facelo na sección de comentarios do artigo "Participa na elaboración da nosa proposta base sobre a reforma do voto emigrante" do noso blog ou a través do enderezo electrónico (maisgalizadiaspora@gmail.com). Como sempre, todas as opinións serán tidas en consideración á hora da elaboración da ponencia base.

Como sempre, grazas anticipadas pola colaboración e unha forte aperta.
Francisco Alvedro López
Coordenador de +Galiza Diáspora
No hay comentarios.:
Publicar un comentario