09 abril, 2010
A nosa primeira do Sábado: Ana Miranda descobre as mentiras de Madrid e a Xunta sobre Astano

Na pregunta, Ana Miranda, explicaba que "a construción naval é unha industria estratéxica para moitos Estados membros". Na súa argumentación expón que segundo recoñeceu o Consello nas Conclusións do Consello de maio de 2001 "o sector da construción naval, debe continuar mellorando a súa competitividade". A resposta da Comisión pon de manifesto que o señor Zapatero está a incumprir a palabra dada e o compromiso alcanzado no Parlamento do Estado co portavoz do BNG no Congreso, Francisco Jorquera.
Na resposta tampouco se alude a ningunha comunicación recibida a respecto do levantamento do veto por parte da Xunta de Galiza.
Fonte: http://maisgalizadiaspora.blogspot.com/2010/04/ana-miranda-descobre-as-mentiras-de.html
No hay comentarios.:
Publicar un comentario