22 de abril de 2010

Urnas e non veto!

Pide cambiar o 'método' para acabar coa 'fraude'
Beiras rexeita cuestionar o dereito a voto do CERA

Europa Press . O líder do Encontro Irmandiño (EI) e membro do Consello Nacional do BNG, Xosé Manuel Beiras, rexeitou pór en cuestión o dereito a voto do censo de residentes ausentes (CERA), pero reclamou cambiar o xeito no que se emite o sufraxio co obxectivo de acabar coa 'fraude electoral sistemática desde fai 20 anos' na emigración.

Cargando Beiras nunha rolda de prensa do Encontro Irmandiño Beiras nunha rolda de prensa do Encontro Irmandiño. Manuel Vilas Xosé Manuel Beiras centrou as súas críticas na fórmula de "sacas" de votos que chegan desde a diáspora nos comicios e demandou instalar urnas nos consulados dos distintos países con emigración galega, para que os residentes ausentes poidan participar nos procesos electorais sen que se poña en cuestión o sentido do seu voto.
Con esta postura, contradí a oficial da Executiva nacionalista do Bloque, que aposta por que "vote quen resida" nas eleccións autonómicas e locais e defende unha circunscrición electoral específica para que a emigración teña representación na cámara territorial, o Senado.
Con todo, o que foi portavoz nacional da formación frontista subliñou a necesidade de cambiar o método para emitir o sufraxio, en lugar de impedir a participación dos emigrantes nos comicios e, neste sentido, considerou que se lle debe "explicar con pedagoxía á poboación" da Galiza interior.
Para o histórico do Bloque, o sentir social que demanda retirar o voto aos emigrantes radica en que o CERA "non vota en urna". "Alguén sabe o que se pensaría se o voto fose en urna?", reflexionou Xosé Manuel Beiras, quen avisou de que os residentes ausentes "entenden" e "non son nin imbéciles nin subnormais".
Na súa intervención, sostivo que non contar co mesmo sistema na Galiza exterior que na interior supón un "escarnio e unha burla" para a emigración. A este respecto, relatou que, recentemente, un emigrante en México "contaba como as sacas chegaban á emigración e cubríanse, e sempre a favor da mesma opción política", ironizou.

http://www.anosaterra.org/nova/44573/beiras-rexeita-cuestionar-o-dereito-a-voto-do-cera.html

No hay comentarios.:

Publicar un comentario