10 de abril de 2010

Encuesta Demoledora

10 abril, 2010

Demoledora enquisa en contra da reforma electoral do Bloque Nacionalista Galego

O resultado da nosa enquisa supón un serio pau á decisión do BNG de apoiar a reforma do voto emigrante, tal e como está sendo prantexada no Congreso dos Deputados. Nin máis nin menos que o 100% dos nosos lectores consideran que a diáspora non poder ser desposuída do dereito a votar nas eleccións e consideran que a cúpula da fronte está a apoiar un brutal e unilateral recorte de dereitos.

Dentro desa unanimidade, un maioritario 55 % mantén o criterio que os e as galegas no exterior teñen que votar en todos os comicios, en tanto manteñan a nacionalidade. É importante resaltar que nesta ocasión non se consultaba se ese dereito tería que ser só respectado para os nados en Galiza ou extendido a todos os nacionais, independentemente da xeración á que pertenzan. Si cren os participantes na enquisa que é posible discutir unha disminución parcial deses dereitos, pero sempre que veña acompañada doutras propostas que protexan aos nosos exiliados socio-económicos e mediante a aprobación de leis que favorezan o retorno dun xeito efectivo e real. Deste xeito, pronúncianse o 31 % dos participantes, desglosados nun 23 % que aceptaría que a diáspora votase nas autonómicas e estatais e un 8% disposto a reducir ese dereito de voto, exclusivamente, ás xenerales.

Unha mostra máis do descontento con a proposta avanzada polo PP, PSOE e BNG é que un 47 % dos enquisados pensan que esta reforma convertería ás e os emigrantes galegos en cidadáns de terceira clase.

Independentemente do trasfondo ético si hai un feito no que causa estrañeza a cegueira dos dirixentes do BNG e que nos preocupa fondamente, vistas as coléricas reaccións á proxectada reforma das galegas e galegos de América e, nunha menor medida, de Europa. O temor a que a fuxida da militancia e o desmantelamento da estrutura exterior do BNG poida ser case total non é, de certo, un asunto menor. Alarma xeral, debería soar, cando as persoas nacionalistas galegas espalladas polo mundo, parécelles que podemos estar ante o paso definitivo na deconstrución da nosa fronte, en particular, e da nación galega, en xeral.
Fonte: http://maisgalizadiaspora.blogspot.com/2010/04/demoledora-enquisa-en-contra-da-reforma.html

No hay comentarios.:

Publicar un comentario