A Xunta asinou o xoves o contrato que lle cede a xestión económica e administrativa do hospital do Centro Gallego de Bos Aires ao grupo privado con sede en Cuenca 3A Recoletas. O acordo chegou só co apoio das tres asociacións do centro máis afíns ao PP, e o Goberno oculta o contido das cláusulas do convenio, que durará moito máis da presente lexislatura, ata 2022. A Xunta subvencionará o hospital con 28 millóns de euros en nove anos. O PSdeG cre que “pode ser ilegal” e critica “que se aprobe un contrato de 28 millóns a una empresa privada sen ningún tipo de concurso público”.
O voceiro parlamentario do PSdeG, Xaquín Fernández Leiceaga, avanzou que o seu partido presentará iniciativas no Parlamento para coñecer os “fundamentos xurídicos” da decisión, así como o “procedemento utilizado”. “Preocupámonos do fondo, é dicir, a adxudicación, pero tamén da forma”, explicou.
“Como é posible que se faga un contrato de 28 millóns de euros a unha empresa privada sen ningún tipo de concurso público?”, insistiu.
A voceira de Emigración, Laura Seara, evidenciou a súa “preocupación” pola cesión da xestión a unha empresa que se dedica á “xestión de valores inmobiliarios”.
“Estamos ante un pelotazo de campionato”, reprobou, ao aludir ao “compromiso” da Xunta de achegar 3,1 millóns de euros durante nove anos –“máis que o bipartito”–, mentres que o grupo 3A Recoletas investirá oito millóns durante trece anos. “É o negocio do século”, lamentou Seara.
Mentres, a Xunta informou publicamente do acordo cunha nota na que non dá ningún dato do contrato e nin sequera menciona o nome da empresa privada. Limítase a afirmar que “o Padroado da Fundación Galicia Saúde aproba por unanimidade medidas para unha mellor xestión sanitaria”. Por unanimidade dos presentes en Compostela, xa que dúas das asociacións da Fundación nin sequera viaxaron a Galicia pola súa oposición frontal, algo que tampouco mencionan.
Ademais, reiteran que o Centro Gallego e “unha institución privada”, a pesar de que a Xunta e os emigrantes a xestionaban ao 50%, e “non sería responsable nin solidario dedicar recursos públicos dos impostos dos galegos sen ter garantida unha xestión profesional”. Agora, coa xestión privada, dedicarán 28 millóns destes impostos ao centro. A Xunta lamenta “o uso partidista da oposición coa emigración” e di que “como entidade privada, é rotundamente falso que se teña adxudicado contrato algún neste centro”.
http://www.xornal.com/artigo/2009/12/05/politica/xunta-oculta-contrato-co-cede-xestion-do-centro-gallego-3a-recoletas/2009120500120098530.html
Os galegos que se opoñen á cesión en Bos Aires non recibirán a Feijóo
As dúas asociacións que rexeitaron a privatización non foron informadas do que se asinou en Santiago
“Eu non irei recibir a Feijóo”, din varios dos emigrantes consultados por Xornal ante a visita do presidente da Xunta, que estará hoxe en Bos Aires e pola tarde visitará o Centro Gallego. Son membros de dúas das asociacións que participaban ata agora na xestión do hospital da capital arxentina e que se opuxeron a viaxar a Galicia para asinar o contrato que lle cede a xestión a unha empresa privada.
Ante a suxerencia de acudir a ver a Núñez Feijóo aínda que sexa para dicirlle o que non lles gusta, amósanse desesperanzados: “Cremos que nin sequera queren escoitalo”, afirman. De feito, están en Bos Aires á espera de coñecer aínda cales son as cláusulas dun convenio que se asinou en Compostela hai xa dous días e mudou a xestión do seu hospital, e que descoñecen totalmente. “En Bos Aires dixéronnos que para saber o que poñía o contrato tiñamos que viaxar a Santiago para asinar, e agora os que viaxaron aló non nos comunican nada”, laméntanse.
Mentres asisten á aprobación de cambios aos que se opoñen frontalmente, organízanse, recollen firmas e fan reunións para tratar de evitar o que a Xunta xa fixo público. “Fixemos todo o que puidemos”, asegura un mebro de Unión Gallega, que agora espera a “coñecer que contén o contrato para estudar medidas”.
Coa polémica de fondo, na axenda de Feijóo está acudir, ás 12.30 horas, ao Centro Gallego de Bos Aires. Alí visitará a habitación onde morreu Castelao, a sala de pediatría e asinará no Libro de Honra.
La Xunta confirma la privatización del Centro Gallego pero extiende la tarjeta sanitaria a los emigrantes
El conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, anunció hoy que la Xunta aprobó extender la tarjeta sanitaria a los gallegos en el exterior, de modo que tengan cobertura médica en España en el caso de que "no tengan otro medio" para recibir asistencia.
En la rueda de prensa posterior al Consello de la Xunta, el titular de Presidencia calculó que esta reforma del decreto que regula la tarjeta sanitaria beneficiará a unos 3.000 gallegos residentes en la diáspora anualmente.
"Hasta ahora, el decreto identificaba a los gallegos residentes en Galicia como beneficiarios de la tarjeta pero dejaba fuera a los que residen en el exterior", apuntó, al tiempo que destacó que "esto ahora se corrige".
Se trata, según especificó Rueda, de un "compromiso" del presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que ayer inició un viaje institucional por Suramérica y que había prometido, durante la campaña electoral, no volver a este continente sin haber extendido la tarjeta sanitaria a todos los gallegos en la emigración.
CENTRO GALLEGO DE BUENOS AIRES
Por otra parte, preguntado por las críticas a la gestión de la Xunta en el Hospital del Centro Gallego de Buenos Aires, Rueda avanzó que hoy se producirá una nueva reunión y confió en que, de este encuentro, surjan "acuerdos" que permitan "trabajar" y tener la "seguridad" de que "todos los gallegos que estén allí recibirán la adecuada atención hospitalaria".
En esta reunión, según aseguró, la representación del Gobierno gallego "hará lo que hizo siempre", es decir, "explicar las razones de la decisión" de otorgar la gestión del citado hospital a una empresa privada. A mayores, detallará la situación actual del centro sanitario y mostrará sus "perspectivas".
El Centro Gallego será una de las paradas en el viaje de Feijóo por el Cono Sur, que se extenderá hasta el próximo miércoles. Mientras que su estancia en Salvador de Bahía (Brasil) se prolongará hasta el viernes, el sábado se encontrará junto a la colectividad gallega en la capital porteña.
http://www.xornal.com/artigo/2009/12/03/politica/xunta-confirma-privatizacion-centro-gallego-extiende-tarjeta-sanitaria-emigrantes/2009120316524236032.html