Asegura que a Xunta eliminou da Revista Galega de Ensino varios parágrafos dun texto onde se reflexionaba sobre a situación do galego.
“Europa segue clamando pola defensa das súas identidades neste crisol indoeuropeo e observa atónito como hai voces e mesmo sinaturas na Galiza en contra do galego”. Esta é unha das frases que segundo CIG-Ensino foi censurada pola Consellería de Educación na Revista Galega de Ensino nun artigo no que un profesor reflexionaba sobre o plurilingüismo e a situación da lingua propia.
O sindicato nacionalista denuncia que o departamento que dirixe o conselleiro Jesús Vázquez “exerce a censura” na devandita publicación ao “recortar varios parágrafos” do artigo asinado polo profesor de francés en Ribeira Xoán Bautista Mariño. Segundo explica a CIG a versión do artigo enviada polo docente foi recortada por Educación o que provoca que se “variase notoriamente o sentido do artigo” e que o que era “unha reflexión crítica sobre a aplicación do multilingüismo pasou a ser unha referencia dunha actividade”.
A CIG PIDE UNHA RECTIFICACIÓN
Tal e como aclara CIG-Ensino nun comunicado, do texto orixinario foron suprimidos parágrafos nos que se poñía en cuestión a política lingüística da Xunta. Nun deles, por exemplo, o autor dicía: “Na escola galega mentres seguen existindo os departamentos de Normalización e Dinamización Lingüística evidente sinal de que esta lingua non se atopa nunha situación de normalidade e por usala podes perder o traballo nalgún hipermercado, nalgún hotel, estaleiro, … E tampouco podemos enfermar moito en galego, nin morrer na nosa lingua como xa hai anos reclamaban en San Domingos de Bonaval”. Noutro dos anacos suprimidos, Xoán Bautista Mariño cita a expertos ao criticar que “o multilingüismo foi mal entendido ata o de agora xa que cando falamos de aprender linguas estranxeiras pensamos só no inglés, no francés, no alemán ou no español e virámoslle ás costas ao que nos rodea, e polo tanto caemos de novo no monolingüismo”.
Para a central sindical, esta “censura” supón “un comportamento gravísimo, impropio e inaceptable dunha administración pública que pretende desterrar e borrar calquera opinión incómoda ou crítica á súa política educativa e lingüística”. Segundo Anxo Louzao, secretario xeral de CIG-Ensino, esta actuación “inxustificable” está “en concordancia coa actitude antidemocrática autoritaria da Consellería de Educación co seu conselleiro á fronte”.
Louzao pide así ao departamento que dirixe Jesús Vázquez que “asuma as responsabilidades desta actuación, que dea unha explicación pública dos motivos desta censura e que rectifique publicando integramente no vindeiro número da revista o artigo íntegro”. O secretario xeral de CIG-Ensino solicita tamén que “baixo ningún pretexto” se volva repetir unha actuación semellante e que se “respec ten sempre as opinións do profesorado”.
Esta non é a primeira vez que a CIG denuncia a presunta censura da Xunta de Galicia sobre opinións críticas co Goberno. Hai menos dun mes, e tal e como adiantou Xornal, o secretario confederal da CIG Manoel Anxo García Torres denunciou que o Padroado da Fundación Galega da Formación para o Traballo (FGFT) tratara de censurarlle un texto coa opinión do sindicato sobre a política de formación en Galicia.
O Goberno galego tiña a intención de editar un libro cos puntos de vista dos participantes nunhas xornadas sobre formación e emprego que se celebraron en Santiago a próxima semana, pero García Torres recibiu a chamada do director xerente do FGFT, na que lle comunicaba a súa intención de non publicar o relatorio da súa autoría porque “representa unha opinión política que roza o permisible”.
Logo de amosar a súa protesta, a Xunta recuou e aceptou publicar o texto. Ademais, a FGFT xustificouse asegurando que o relatorio do sindicalista “non se axustaba, desde un punto de vista técnico, ao tema que se lle tiña comunicado”, pero que nunca se intentara censuralo.
Fonte

No hay comentarios.:
Publicar un comentario