Asegura que é unha "ideoloxía, ou máis ben, relixión, provinciana, excluínte, que disimula no seu seo prexuízos étnicos e racistas".
O escritor peruano Mario Vargas Llosa glosou no seu discurso de recepción do Nobel en Estocolmo a historia recente da transición española, e desexou que os nacionalismos, "praga incurable do mundo moderno e tamén de España", non estraguen "esta historia feliz". Así, volveu atacar, na súa liña habitual, os "nacionalismos", sen establecer distincións nin citar os nacionalismos de Estado como o español.
"Detesto toda forma de nacionalismo, ideoloxía -ou, máis ben, relixión- provinciana, de curto voo, excluínte, que recorta o horizonte intelectual e disimula no seu seo prexuízos étnicos e racistas", sinalou o autor peruano.
O discurso, titulado "Eloxio da lectura e a ficción", é o principal evento que a Fundación Nobel programou xunto á entrega do galardón, que o vindeiro venres presidirá o rei Carlos Gustavo de Suecia.
No escenario da gran sala da Academia sueca, o escritor atribuíu aos nacionalismos as peores "carnicerías da historia, como as dúas guerras mundiais e a sangría actual do Oriente Medio". Así mesmo reflexionou sobre "os espantos" da nosa época e citou aos "terroristas suicidas". Alertou de que "novas formas de barbarie" proliferan "atizadas" por "o fanatismo", e sobre a multiplicación de "armas de destrución masiva".
No hay comentarios.:
Publicar un comentario