O BNG pide análises flexibles do texto de 1978 en chave plurinacional, neste contexto de "ameazadas dos poderes económicos e do bipartidismo estatal contra o autogoberno"
O caos aéreo provocado a fin de semana polo paro masivo dos controladores e, sobre todo, a decisión do Goberno central de decretar o Estado de alarma acaparou onte a celebración do Día da Constitución no tradicional acto anual que reúne no Congreso dos Deputados representantes da maioría das forzas políticas españolas. Algunhas delas, incluso, -véxase o paradoxo-, onte alertaron no acto da posibilidade de inconstitucionalidade do Decreto do Goberno polo que o país está en Estado de Alarma mentres o PSOE alardeaba de que, grazas a el e ás posibilidades que ofrece a Constitución, a situación está, segundo eles, "controlada".
Mentres a polémica está servida e á espera de que José Luis Rodríguez Zapatero compareza nas Cortes Xerais esta semana para dar explicacións, onte, case todos secundaron a festa. Como xa é tradicional, desde Galicia, o BNG foi a única forza con representación no Congreso e no Senado que se negou a asistir á conmemoración do 32 aniversario da Constitución Española. Nunha nota remitida, os nacionalistas galegos chaman a facer unha "lectura flexíbel" da Constitución de 1978 en "chave plurinacional" nun contexto que vén "marcado polas ameazas dos poderes económicos e do bipartidismo estatal contra o autogoberno".
O BNG non participou nos actos de celebración da Constitución porque non comparte a lectura, segundo eles, "dogmática, bipartidista e españolista que os poderes do Estado están a realizar do texto constitucional". "Esa leitura dogmática, bipartidista e españolista exclúe a idea de Galiza como nación e exclúe tamén a plena igualdade de dereitos entre a nosa lingua propia, o galego, e o castelán", din desde o Bloque.
Os frontistas cren que "as ameazas dos poderes económicos contra o autogoberno se expresaron con clareza nas recentes reunións de representantes das grandes corporacións empresariais españolas tanto co xefe do Estado como co presidente do Goberno español. Nesas reunións defenderon con absoluta claridade o que eles chaman o feche do mapa autonómico, isto é, o retallamento dos dereitos dos pobos que coexistimos no Estado. Ese retallamento conta co apoio claro dos partidos estatais, cuxa deriva centralista é unha evidencia".
O BNG afirma tallantemente que "de entre todas as nacións do Estado, Galiza é a que máis precisa de autogoberno e, polo tanto, dunha lectura non restritiva da Constitución de 1978".
"Cando se atenta contra o autogoberno por parte do bipartidismo e dos poderes económicos estase a atentar contra os intereses do conxunto da sociedade galega", inciden, para advertir que "o BNG continuará a súa acción en favor do aprofundamento do autogoberno de Galiza e da transformación do Estado, no plano xurídico-político, nun Estado plurinacional, pluricultural e plurilingüe".
Tampouco desde o PPdeG se amosan moi conformes co actual desenvolvemento da Constitución e aproveitaron a celebración do 6 de decembro para lembrar que "aínda quedan numerosas competencias que Galicia pode recibir no marco do actual Estatuto de Autonomía da Comunidade e da Carta Magna". Non obstante, máis que ir contra a Constitución, a dereita o que fai é aproveitar este aniversario para arremeter contra o Goberno. Así, o PPdeG considera que é "hora de que o Goberno central amose o seu compromiso con esta Comunidade e deixe de bloquear o proceso de transferencias, dando as costas ás peticións galegas de máis autogoberno".
Os populares defenden que o Goberno galego "fixo os deberes" e ten unha axenda de traspasos que o Goberno central "se empeña en bloquear" e recórdanlle a Zapatero que, a pesar de que afirmou no Senado que algunha das transferencias das competencias estaba moi avanzada, os feitos din o contrario: "o Goberno central négase a negociar co galego", denuncian, engadindo que, non obstante, o equipo de Zapatero si avanza nos traspasos ao País Vasco, gobernado polos socialistas tamén.
No que atinxe á Carta Magna en si, os populares deixan claro que "non poden senón desexarlle unha longa vida e aproveitan para pedirlles a todas as forzas galegas que respecten o texto e o espírito da Constitución e abandonen iniciativas que poidan ser contrarias á súa letra".
Causa Galiza insiste no dereito á autodeterminación
A plataforma soberanista Causa Galiza, que aglutina boa parte das organizacións independentistas e autodeterministas do país, esixiu onte de novo o "dereito de autodeterminación" galego.
"Un ano máis institucións, partidos e medios bombardéannos co aniversario da Constitución española e as súas virtudes. Todos esquecerán, porén, que este texto legal está vixente en Galiza a pesar de obter apenas o 44.7% de votos afirmativos no referendum constitucional. Igual falta de lexitimidade arrastra o Estatuto de Autonomía, que recadou só o 20.7% de votos afirmativos no plebiscito de 1980", alertan.
Segundo Causa Galiza, a Constitución "sacraliza a Unidade de España, póndoa por encima da vontade democrática dos galegos e vulnerando o noso dereito de Autodeterminación; impón o deber de coñecer o español fronte ao dereito a usar o galego; delega no Exército o papel de afogar eventuais procesos soberanistas; sitúa a propiedade privada capitalista por encima dos intereses sociais coas consecuencias socioeconómicas e laborais que padecemos e impón unha Monarquía encabezada por Juan Carlos I de Borbón, que en 1969 fora elixido o seu sucesor polo xeneral xenocida Francisco Franco".
Despois de 32 anos, a plataforma sobernista galega asegura ter "perspectiva suficiente" para afirmar que "este réxime constitucional foi, e é, nefasto para Galiza". "Baixo o seu amparo, decapitáronse sectores produtivos estratéxicos (pesca, agro, forestal, etc.), perpetuouse o espolio económico do país e afondouse na dependencia. Así, multiplicouse o desemprego e a precariedade, á vez que se mantivo a lacra emigratoria. A degradación do territorio a mans de compañías privadas e proxectos estatais, e a redución da presenza social do galego ata índices preocupantes, son dúas evidencias que clarifican para que serviu o marco constitucional", din, para reiterar que, fronte a isto, "a autodeterminación segue a ser a alternativa".
MOCIDADE
Galiza Nova defende que este marco non é “sacro” e frea o país
Galiza Nova rexeitou a “celebración acrítica” do aniversario da Constitución e reiterou que “non é un texto sacro” nos actos que a organización xuvenil do BNG levou a cabo coa campaña ‘A nosa lingua, a nosa nación: autodeterminación’. Segundo o responsable comarcal de Galiza Nova en Ferrolterra, Iago Varela, “hoxe Galicia non ten nada que celebrar”, pois a Constitución “impide o desenvolvemento de políticas propias feitas en Galicia”. Por estes motivos, a organización instalou placas simbólicas en diferentes municipios da Coruña, como na praza da Constitución de Ferrol ou na localidade de Caión, na Laracha. Alí “renomeáronse varias prazas” en protesta polos nomes que reciben, como a praza do Xeneralísimo ou a Travesía Carrero Blanco.
Fonte

No hay comentarios.:
Publicar un comentario