17 de diciembre de 2010

Pérez Bouza, senador revelación

O senador do BNG Xosé Manuel Pérez Bouza foi galardoado co premio ao senador revelación na tradicional gala dos xornalistas parlamentarios de Madrid.

Pérez Bouza competía cos outros senadores Mar Caballero, da UPN, Monserrat Candini, de CiU e Juan Van Halen, do PP.

O senador do BNG presentou multitude de iniciativas parlamentares e intervencións na Cámara centradas na defensa dos intereses de Galiza e tamén na defensa dos dereitos sociais, laborais e económicos das maiorías sociais. Tamén iniciativas sobre as principais infraestruturas galegas, nomeadamente ourensáss, sobre aspectos medioambientais, culturais e socio-económicas. Pérez Bouza é da Limia, terra que defendeu nas súas preguntas parlamentarias.

A deputada do BNG, Olaia Fernández Davila, tamén estaba seleccionada polos xornalistas parlamentares ao galardón de parlamentaria máis activa. Competía con Soraya Sáenz de Santamaría (PP), Pedro Azpiazu (PNV) e Josep Sánche Llibre (CIU). Finalmente, este premio recaeu na deputada popular e no parlamentario de CiU, empatados nas votacións. Na súa intervención, o deputado de CiU fixo un especial recoñecemento ao labor da deputada do BNG, subliñando que era merecedora de tal premio.
Fonte

No hay comentarios.:

Publicar un comentario