O Goberno lembra que xa existen mecanismos que garanten a cobertura sanitaria dos emigrantes cando viaxan a España
O secretario xeral da Emigración, Santiago Camba, leva días visitando centros e irmandades galegas en Suramérica. Alí, asina convenios de colaboración para realizar a tramitación previa á emisión da tarxeta sanitaria para emigrantes. Con este acordo, segundo aclara a Xunta, “cidadáns galegos de Buenos Aires, Montevideo, México ou Venezuela poden viaxar a Galicia coa seguridade de que van recibir a mesma atención sanitaria que calquera outro galego”.
Deste xeito, o Goberno de Feijóo espera que 3.000 galegos emigrantes se beneficien anualmente da cobertura total do Sergas nas súas viaxes a Galicia. Pero o Estado responde. Segundo asegura a Dirección Xeral de Cidadanía Española no Exterior, “xa existen mecanismos dabondo para garantir a cobertura sanitaria dos emigrantes durante as súas visitas a España”. “O que fai a Xunta é un mercadeo político cos emigrantes”, engaden.
A galega Pilar Pin, directora xeral da Cidadanía Exterior, teno claro: “Esta tarxeta sanitaria non serve para nada porque xa existen acordos coa maioría de países para garantir atención sanitaria, e non só nunha autonomía, senón en todo o Estado”.
Fontes do Goberno central insisten en que desde hai preto de 40 anos existen convenios para garantir a sanidade a españois en tránsito. A través dunha solicitude nos consulados e nos departamentos de Traballo, os residentes ausentes poden acceder á cobertura sanitaria.
Pero as acusacións van máis aló, xa que desde o Estado repárase no feito de que un dos requisitos que se lle exixe aos emigrantes para acceder ao cartón sanitario é “estar inscrito no Censo Electoral de Residentes Ausentes (CERA) e non no PERE (Padrón de Españois no Exterior)”. “Eses son os datos que realmente queren, porque son os votos o que lles preocupa”, di unha fonte do Goberno central.
“Os nenos que non cumpriron 18 anos non terían dereito a esa atención sanitaria?”, pregúntase Pilar Pin. Santiago Camba, pola súa banda, respondeu acusando á directora xeral de “intoxicar” e solicitando ao Goberno central “que poña en marcha a tarxeta sanitaria para todos os españois do exterior”, tal e como recolle algún medio da diáspora.
A instauración da tarxeta sanitaria para os emigrantes galegos de América foi unha das promesas estrela de Núñez Feijóo na campaña electoral do 1 de marzo de 2009. De feito, o actual presidente da Xunta de Galicia prometeu que non volvería a Uruguai até instaurar esta cobertura sanitaria para a toda a diáspora, algo que asegurou que faría en tan só tres meses. Agora, o Estado advirte á Xunta que está a facer “mercadeo” cos emigrantes.
fonte

No hay comentarios.:
Publicar un comentario