Defende que os nacionalistas galegos manteñen relacións en "distintos ámbitos" con ambos os dous partidos cataláns SANTIAGO DE COMPOSTEAL, 29 (EUROPA PRESS) O voceiro do Grupo Parlamentario do BNG, Carlos Aymerich, destacou que as forzas nacionalistas do Parlament --CiU e ERC-- "suman" sete deputados máis que na lexislatura anterior e considera que esa "maioría absoluta" é unha "opción de goberno" e a "opción" dos nacionalistas galegos. Así mesmo, ve os resultados como unha "boa noticia" para o Bloque e que suporán "un punto de inflexión" marcado pola "suba" da organización frentista nas municipais.
Preguntado en rolda de prensa pola lectura que realiza a formación nacionalista galega dos resultados en Cataluña, que deron un ampla maioría ao partido encabezado por Artur Mas, Aymerich destacou o incremento de presenza, ao pasar de 69 deputados entre CiU e ERC na pasada lexislatura aos 76 que obtiveron nos comicios celebrados este domingo.
"Para o BNG, como forza que representa maioritariamente o nacionalismo en Galicia, eses resultados son unha boa noticia e indican un punto de inflexión de cara ás municipais", reflexionou o dirixente nacionalista, quen augura, así, unha "suba importante do BNG" na cita do 22 de maio.
Preguntado por se os resultados dos comicios poden significar un cambio nas relacións que o BNG mantén con CiU e ERC --tendo en conta que nas últimas europeas o Bloque concorreu coa formación nacionalista de esquerdas--, Aymerich quixo resaltar que o Bloque "mantén relacións con ERC e con CiU" en distintos ámbitos".
RELACIÓN CON NACIONALISTAS
Así, explicou que "coas diferenzas" existentes, o Bloque "comparte con CiU un modelo de Estado", alianza que se plasmou na Galeuscat, na coñecida como Declaración de Barcelona, asinada por esas dúas formacións e o PNV.
En canto aos republicanos cataláns, Aymerich subliñou que nas eleccións europeas, como consecuencia de que a circunscrición é estatal e non autonómica, o BNG buscou a "mellor coalición" para que os intereses de Galicia estivesen representados en Europa e recordou que coa alianza Galeuscat non podía acceder ao terceiro posto, como pedían os nacionalistas galegos (por detrás de CiU e do PNV).
Aymerich, partidario de "non buscar moitos referentes fóra", entende as relacións cos demais partidos nacionalistas como vínculos "diplomáticos de país" a país", e tamén puxo o exemplo de que no Senado, os nacionalistas galegos comparten grupo co PNV.
Fonte

No hay comentarios.:
Publicar un comentario