26 de noviembre de 2010

O BNG critica a monarquía polo seu silencio sobre o Sáhara

Guillerme Vázquez, portavoz nacional do BNG, denunciou o silencio, que cualificou como “clamoroso”, da Monarquía española ante o conflito do Sáhara. Nunha conferencia pronunciada o pasado martes en Santiago de Compostela, Guillerme asegurou que “non podo deixar de mencionar o gran silencio da Monarquía española, non só por incumprir os compromisos cos saharauis, senón que resulta sorpredente que o rei Juan Carlos, que nada menos que cando morreu Hassan II se proclamou tío do seu fillo, Mohamed VI, sobre este tema estea calado, calado, calado e, por certo sen que a este nivel tampouco haxa ningún comentario mediático. A min o silencio real preocúpame porque é o máis real dos silencios”.

Por outra parte, o presidente d’A Mesa pola Normalización, Carlos Callón, dirixiuse onte ao conselleiro da Presidencia, Alfonso Rueda, para reclamarlle que “poña fin ás recorrentes discriminacións” que, denuncia, existen para a lingua galega no ámbito xudicial.
Fonte

No hay comentarios.:

Publicar un comentario