A ocupación do Sáhara segue pautas semellantes aos métodos de ocupación de Israel e de discriminación e persecución dos ocupados propias de Palestina ou do racista réxime de Pretoria, en Sudáfrica.
Cal será a mellor definición do fracaso dunha política de convivencia? Un muro. As chantas de cimento de Israel sobre a estrema das terras de Palestina na ribeira oeste do Xordán son unha proba. Para os ocupantes das terras (o estado de Israel) son os ocupados (o pobo palestino) os verdadeiros construtores do Muro ao non quereren entrar en razón.
En calquera caso, o Muro de castigo a Palestina chega ao cabo de tres guerras e como remate e fracaso dunha diaria historia de tortura colonial para a absorción, nunca para a convivencia.
A ocupación das terras saharauís comeza pola construción do Muro, e esa é a principal diferenza coa negación da soberanía de Palestina. A coroa de Marrocos trazou primeiro un muro e bombardeou con napalm (o chapapote incendiario dos norteamericanos contra o Vietnam) os campamentos do Sáhara anexionado.
Como primeiro responso dunha invitación á paz e ao entendemento, non parece o colmo da coherencia. É a partir do Muro cando Marrocos ocupante lanza sobre os saharauís o seu programa de apartheid, unha praga de medidas dirixidas á marxinación e o castigo do pobo resistente.
A partir do Muro, inzan o mapa do Sáhara ocupado con pendellos de control nos que o colonizador ten todo o tempo do mundo para roubar o tempo e a paciencia dos colonizados e enxertarlle a conciencia de non viviren na súa propia terra. A seguir, veñen os asasinatos selectivos, apenas enmascarados en desaparicións e accidentes. A sentenza de morte dos cadros dirixentes que conforma todo un estado de excepción.
Nin unha liña só deste mapa do apartheid poderia escribirse se non contase coa axuda dunha poderosa contra-información que carga sobre os ocupados a culpa de toda confrontación e censura os asaltos a vivendas, a tortura e os mil atrancos á vida diaria dos que resisten na súa terra.
Que nos recorda esta guerra censurada? E o roubo da auga, a destrución de vivendas con máquinas excavadoras, o arrasado de cultivos? A que se parece o secuestro e asasinato de Hamadi Buiema, tres veces tripado por unha furgalla policial de Marrocos?
Que ten de semellante a encomenda do enfrentamento á autoridade da ONU, á inmediata sentencia condenatoria do ocupante e a súa cómoda vida futura coa complicidade dos países con dereito a veto dentro do Consello de Seguridade? A que lle pode soar aos saharauís a expresión “proceso de paz” despois de tantas convocatorias que conduciron a paz ningunha?
Sáhara linda con Palestina
Todos os carateres do progromo contra os saharauís son coma unha herba á beira doutra herba ao lado do tormento diario da poboación de Palestina e o seu abandono polas institucións de dereito internacional.
A edificante moral do muro chegou ao comezo e non ao final, coma no caso da ocupación israelí, mais o resto da infamia e da torpe maneira de facela menos visíbel é idéntica nos dous programas de colonización.

No hay comentarios.:
Publicar un comentario