O voceiro do BNG no Congreso dos Deputados, Francisco Jorquera, vén de denunciar que a Administración Xeral do Estado segue a usar topónimos non oficiais como “El Ferrol del Caudillo, Arteijo ou Rianjo”, entre outros, e esixiu unha “solución definitiva” que acabe con esta “deformación”.
Segundo informou onte o BNG, Jorquera xa presentou unha pregunta para a súa resposta por escrito no Congreso na que inquire ao Goberno pola “falta de respecto” da Administración estatal coas normas lingüísticas vixentes. O nacionalista critica que o Goberno “sabe que este é un tema recorrente” e manifesta que “produce xa cansazo” reiterar “unha e outra vez” a necesidade de que o Executivo que dirixe José Luis Rodríguez Zapatero emita as directrices oportunas para que os distintos organismos do Estado “respecten escrupulosamente a toponimia oficial de Galicia”.
Neste caso, os topónimos galegos deturpados atópanse nun rexistro de empresas autorizadas a elaborar alimentos que se pode atopar sinxelamente na web do Ministerio de Sanidade, no apartado correspondente ás empresas inscritas no Rexistro Xeral de Alimentos. Alí pódense observar “barbaridades”, como as cualifica o BNG, do calibre de Viana del Bollo, Vivero ou Otero de Rey, entre outros casos.
TAMÉN NOS ORZAMENTOS
Finalmente, o deputado nacionalista instou o Goberno central a explicar se existe “algún tipo de control sobre estas cuestións” e pediu que se corrixan tamén os erros similares atopados nos aínda en tramitación Presupuestos Generales del Estado para o ano 2011.

No hay comentarios.:
Publicar un comentario