Manuel Monge (Laguna del Duero, Valladolid, 1947), preside a Comisión pola Memoria Histórica da Coruña (CRMH), entidade que esixe a supresión da simboloxía franquista nesa cidade, que chegou a ser “a capital de España” ao contar co maior número de iconas que enxalzaban o réxime de Franco. Monge, que estivo encarcerado en varias ocasións por defender os valores republicanos e é sobriño de dous represaliados, deberá declarar como testemuña polo recurso presentado pola filla de Juan Canalejo, ante a intención do Concello da Coruña de retirarlle as distincións e cambiar o nome da rúa de quen fora o xefe de Falanxe na cidade.
Estes días asistimos na Coruña á colocación e retirada, en poucas horas, do cartel co novo nome da antiga rúa General Sanjurjo. O concello di que se debeu a un erro de trámite, que opina?
É unha verdadeira chapuza por parte do Concello da Coruña. Non se trata dun problema técnico, como alegan, senón que en realidade demostra que non hai vontade política para retirar a placa e que non teñen o que hai que ter. Que isto ocorra hai máis dun ano da aprobación en pleno da retirada de máis de 50 símbolos franquistas é unha vergonza. Esiximos que o concello cumpra dunha vez con este tema porque non vai orixinar ningún problema, tanto os cidadáns como os carteiros desta cidade son moi listos.
Como valora o recurso presentado pola filla de Juan Canalejo, que se opón a que cambie de nome a rúa dedicada ao seu pai, polo que vostede deberá declarar como testemuña?
É un recurso desesperado por parte dos parentes de Juan Canalejo porque todo o mundo sabe que a demanda non ten xustificación. Desde o máximo respecto á familia, considero que é un personaxe que non ten méritos como para contar cunha rúa nin con ningún tipo de distincións. Juan Canalejo foi o xefe da Falanxe na Coruña, realmente foi un pistoleiro que cometeu todo tipo de delitos, isto está recollido na prensa da época e en numerosas publicacións. Participou no secuestro e tortura dun rapaz, ao que lle practicaron todo tipo de vexacións e tivo que ser hospitalizado. Era o que hoxe denominamos un terrorista, reprimindo brutalmente a folguistas e disparando contra sedes de partidos políticos. Todo isto está recollido no informe presentado pola comisión de expertos, da que formo parte, que pediu a retirada de distincións e do seu nome do rueiro. Lamentablemente, Juan Canalejo foi asasinado, pero iso non xustifica a petición da súa familia.

O concello xa lles ofreceu un sitio onde colocar o monolito que pensan construír cos nomes dos máis de 600 represaliados na cidade e na comarca?
Estamos ante un proceso que, tras unha xestación de nove meses, finalmente vai ter un final feliz. O goberno municipal da Coruña xa nos confirmou que ese memorial poderá colocarse nun lugar visible e integrado na cidade. Faremos pública a súa situación exacta nos próximos días. Será inaugurado o 19 de decembro, cando tamén celebraremos unha homenaxe no teatro Rosalía de Castro ás vítimas da represión franquista. Ademais, presentaremos un libro coas actividades desenvolvidas pola comisión, que levará por título A historia roubada polo franquismo.
Tamén lle enviou recentemente unha carta ao portavoz do PP na Coruña, Carlos Negreira, que manifestou que nese memorial debían figurar “todas as vítimas”. É certo que non quixo reunirse cos parentes dos represaliados?
Os familiares pediron reunirse con todos os grupos municipais do goberno da Coruña para explicarlles o proxecto do memorial e buscando a solidariedade. E a sorpresa foi cando todos os grupos os recibiron excepto o PP, que nos comunicou que finalmente non os recibiría tras anunciar inicialmente o contrario. Segundo nos comunicaron, Carlos Negreira manifestou que estaría a favor de participar na iniciativa se ían a aparecer os nomes de todas as vítimas reflectidos, así que lle enviamos unha carta solicitándolle que nos dea novos nomes de represaliados. Hai que felicitar ao PP doutras cidades como Salamanca ou Zaragoza, onde apoiou activamente este tipo de memoriais. Cremos que os populares da Coruña non poden quedar atrás.
A estatua de Franco segue á intemperie en Ferrol e a de Millán Astray, depositada nun almacén municipal. Que suxiren que se debe facer con ela?
O caso de Ferrol evidencia que o Ministerio de Defensa non está por exhibir a Franco en ningún sitio. E no caso da estatua de Millán Astray na Coruña parece ser que tampouco. Nós cremos que a talla de Millán Astray debería estar nun museo dos horrores, onde despositar tamén as placas franquistas que se van retirar. Ese museo está pendente de facer, e un bo lugar podería ser o antigo cárcere da Coruña.
Dixo que A Coruña era “a capital da simboloxía franquista”. Segue séndoo?
Afortunadamente, xa non estamos á cabeza do ranking porque no pleno de setembro do ano pasado aprobouse a retirada de máis de 50 símbolos, aínda que quedan flocos importantes. Mentres Defensa retirou os escudos franquistas de Atocha, o único escudo franquista que queda na cidade está no concello, e no propio salón de plenos queda un baixorrelevo de Franco... así que na Coruña aínda temos a Franco no salón de plenos. E no consistorio tamén quedan dous retratos dos dous primeiros alcaldes falanxistas.

No hay comentarios.:
Publicar un comentario