O número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego (antigo Inem) en Galicia subiu en 7.799 persoas en outubro, un 3,61% en relación coa cifra de desempregados de setembro, segundo os datos publicados polo Ministerio de Traballo e Inmigración.
En toda España, o número de parados incrementouse en 68.213 persoas, un 1,7% respecto do mes anterior, encadeando así tres meses á alza tras aumentar en agosto e setembro en 61.000 e 48.000 persoas, respectivamente. Deste xeito, o total de desempregados na comunidade galega ascende a 223.894 persoas. Se se comparan os datos co mes de outubro de 2009, o incremento do paro chega ó 7,17% en Galicia, o que representa 14.971 persoas máis inscritas no último ano. As mulleres continúan representando a maior parte dos desempregados, pois en outubro estaban inscritas en busca de emprego 121.601, o que supón o 54,32% do total de parados e un aumento do 2,87% en relación coas mulleres dadas de alta en setembro. Pola súa banda, o paro creceu un 4,5% entre os homes, que son en total 102.293. Do conxunto de persoas desempregadas en Galicia, o 9,65% son novos de menos de 25 anos de idade. Por sectores, o desemprego incrementouse en todas as ramas de actividade en Galicia. En termos absolutos, o maior ascenso produciuse no sector servizos, con 4.600 persoas máis, polo fin da tempada de verán, o que representa un aumento do 3,9% en relación con setembro. Na agricultura o aumento foi do 13,64%, ó rexistrarse 6.063 parados; mentres que na industria o incremento foi do 2,9%, ata os 33.858 desempregados; na construción alcanzáronse as 34.317 persoas en busca de emprego (un 3,98% máis que hai un mes) e no colectivo sen emprego anterior aumentouse un 0,71%, ata os 27.186 parados.
Por provincias, o maior aumento experimentouno, en termos relativos, Lugo, cun 5,24% máis de desempregados, que alcanzaron os 21.790 en outubro. Pola súa banda, en Ourense o paro medrou un 4,81% (ata as 25.014 persoas); en Pontevedra a variación foi do 4,14% (ata as 88.068 persoas) e na Coruña o aumento foi do 2,38% (ata os 89.022 desempregados). En canto ós contratos, formalizáronse 58.920 en outubro en Galicia, o que representa un 8,93% menos que o mes anterior e un 6,65% de caída en relación con hai un ano. O 91,34% dos contratos pechados tiñan carácter temporal, segundo os datos do ministerio, mentres que o 8,66% restante foron indefinidos nalgunha das súas variantes.
En toda España, o total de desempregados ó finalizar outubro achegouse ós 4,1 millóns de persoas, ó situarse o volume total de parados en 4.085.976. A subida do paro en outubro, mes no que adoita aumentar o desemprego, é, con todo, inferior á rexistrada en igual mes de 2009, cando o desemprego subiu en 98.906 persoas. Na serie histórica comparable, que arrinca en 1996, o ascenso do paro rexistrado en outubro deste ano é o terceiro máis elevado, tras o de outubro de 2008 (+192.658 parados) e outubro de 2009 (+98.906). Nos últimos doce meses, o paro aumentou en 277.623 desempregados, un 7,3% máis, dos que 111.944 son homes e 165.679 mulleres, con incrementos do 5,8% e do 8,7%, respectivamente.
En termos mensuais, o paro feminino incrementouse en 36.675 mulleres, un 1,8% respecto de setembro, mentres que o masculino subiu en 31.538 desempregados (+1,6%). Así, ó finalizar outubro, o número de homes en paro sumaba 2.016.471, mentres que o de mulleres desempregadas era de 2.069.505. Por sectores económicos, o desemprego baixou só na construción, con 2.697 parados menos (-0,4%). No resto de sectores, rexistráronse máis parados en outubro. O sector onde máis aumentou o desemprego no décimo mes do ano foi o dos servizos, con 49.056 parados máis (+2,1%), seguido da agricultura, que sumou 13.861 desempregados máis (+11,8%); o colectivo sen emprego anterior, con 5.555 parados máis (+1,6%), e a industria, que gañou 2.438 desempregados (+0,5%). Por idades, o desemprego dos mozos menores de 25 anos subiu en outubro en 12.621 persoas, un 2,8% máis respecto ó mes anterior, fronte a un aumento do paro entre os maiores de 25 anos de 55.592 persoas (+1,5%).
Entre os estranxeiros, o paro aumentou en 19.856 desempregados en outubro, un 3,4% respecto de setembro, situándose o total de inmigrantes en paro en 593.066 persoas. No último ano, o desemprego entre os estranxeiros incrementouse en 63.839 persoas, un 12% máis. En outubro, o paro subiu en case todas as comunidades autónomas, principalmente en Andalucía (15.172 parados máis) e Castela-A Mancha (11.584 desempregados máis). Só baixou en Murcia (-488 desempregados), Madrid (-255) e na cidade autónoma de Ceuta (-115 parados).

No hay comentarios.:
Publicar un comentario