“Galiza Nova enléase en cuestións internas”
Paulo Carlos López (Betanzos, 1985) é dende onte o secretario xeral da organización de mocidade de +Galiza, que vén ocupar o lugar da Mocidade Socialista Galega (MSG). A Asemblea Nacional constituínte do colectivo é, para López, o xermolo para a “apertura” do sector xuvenil do BNG.
Que cambiou a respecto da MSG, constituída hai apenas dous anos?
É obvio que hai un continuo ideolóxico, organizativo e mesmo programático, pero o caudal humano é maior. Este non é un punto de partida, senón un continuo onde se van superpoñendo visións de diferentes grupos de mozos sobre o nacionalismo e sobre a esquerda. En palabras de Carlos Aymerich, nós estamos aplicando o que no BNG quixo aplicar +Galiza, unha “concentración parcelaria”. Damos por culminado ese proceso cunha fiestra aberta máis no nacionalismo xuvenil.

Chaman a “recuperar a ilusión” no BNG. Por que coidan que se perdeu?
Houbo unha baixada electoral dende 2001 e parte da mocidade tamén deixou de confiar no BNG. Existe unha desafección non só co BNG senón coa política, e o noso deber é desmontala. Queremos que o BNG volva ilusionar facendo propostas que se acheguen ao día a día da xente, procurando un BNG plural e aberto. Cando o BNG tivo maior incardinación social era cando no seo do BNG existía pluralidade.
Cales son esas propostas?
No ámbito do transporte para vertebrar o país interiormente, en vivenda, coa reserva dun 30% das vivendas protexidas para mozos, un plan de emprego xuvenil... Faremos propostas dende a oposición ao PP, porque a súa política xuvenil é a da folla en branco. Dedícase a desmantelar e facer estrañas mesturas, como os centros Quérote+. A Galiza Nova fáltanlle propostas claras, estamos enleados en cuestións internas e o que lle interesa á xente é que en tres anos haxa unha maioría progresista na Xunta.
Vense con posibilidades de seren maioritarios en Galiza Nova?
É ao que aspiramos. Respectamos profundamente a pluralidade política e social de GN e estamos para medrar e que as nosas propostas cívicas, de esquerdas e republicanas, teñan moito máis apoio na mocidade. O noso obxectivo é ambicioso, é que mude a correlación de forzas, e cada vez temos máis xente.
Fronte a isto, Novas Xeracións di que “a maioría dos mozos son do PP”...
A mocidade pensa en clave progresista. O problema é que moitas veces eses mozos e mozas ven que o discurso da esquerda non se rexenera. Eu discrepo de que os mozos sexan do PP, pero as organizacións de esquerda temos que facer autocrítica e pensar por que non conectamos con eles.
No hay comentarios.:
Publicar un comentario